14 dic 2012

A pregunta como resposta

Xa está aquí o segundo dos artigos sobre Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano enmarcados dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento que conta co apoio de Cooperación Galega. Despois de que Ton Ríos nos (Re)Definira Tecnoloxía Apropiada chéganos un escrito redactado a catro mans por membros da Universidade Cromática das Virtudes.
"A Universidade Cromática das Virtudes preséntase como unha comunidade aberta, plural, unha agrupación de seres calquera, sen identidade, que posúen a característica común da non pertenenza e, polo mesmo, da súa condición de sentirse na casa en calquera lugar, como un fogar espiritual e libre de contaminación ideolóxica. Andamos na procura dun pensamento adecuado á nosa leve preocupación polas cousas que crea a cor do mar e o aire que se respira nas nosas cabezas. Invitamos a aquel ser máis impersoal a que se una neste conxunto de iniciativas que xiran en torno á organización de actividades culturais de diversa índole, tales como a realización de ciclos de cinema, festivais, exposicións de foto e debuxo, ou publicacións gráficas, revistas… permanecendo abertos ás posíbeis propostas que se orixinen ben dende dentro, ben dende fora da asociación, pero sempre no eido da comunidade."

 A UCdV define a súa aportación a este proxecto como unha análise do discurso imperante [...] de cara a poñer en dúbida os grandes conceptos que se manexan ao respecto. [...] consideramos que a nosa aportación non debe ir no camiño de achegar solucións prácticas aos problemas, senón máis ben a de facer preguntas, deixando claro que non é a pretensión deste texto dar unha resposta pechada ás mesmas.
[Para poder chegar ao noso obxetivo] procederemos en primeiro lugar a ocuparnos da cuestión do desenvolvemento e a súa relación co índice de desenvolvemento humano, tratando de poñer en cuestión a máis que asumida afinidade entre dito índice e o desenvolvemento como tal. En segundo lugar, abordaremos a cuestión do exotismo, preguntándonos se non subxace a toda práctica de exportación tecnolóxica [...] a idea de pulir a diferencia. [...] profundizaremos na aparente discontinuidade entre o formalismo ético, no plano do discurso, e os postulados próximos a unha ética situacionista no plano da praxe. A continuación, indagaremos na posible influencia de occidente e a súa exportación tecnolóxica nas sociedades receptoras e o seu devir. Finalmente, tentaremos de interrogarnos sobre a posibilidade de entender o diálogo entre o capitalismo tecnolóxico no que estamos inmersos e os postulados de Schumacher apoiados na tecnoloxía de rostro humano. A modo de conclusión, faremos unha achega ao “porvir tecnolóxico” apoiándonos naqueles que, dende a novela de ficción, entenderon que o vínculo entre tecnoloxía e sociedade encamiñábase [...] cara a distopía.

Aquí se pode ver a publicación e aquí se pode descargar.

1 comentario:

Roberto Roget Antelo dijo...

Agradezo esta aportación da UCdV ao debate TpDH en ESF e, antes de perdernos entre siglas heheh, fago votos para que esta colaboración sexa máis estreita no futuro. Diso xa nos encargaremos os do lobby costeiro :D