24 feb 2012

E volve SensiCom... 1º EXPOSICIÓN da tempada!

Boas a todas e todos, queridos ESFeiros e lectores que nos seguides!
As chicas SensiCom que forman dito grupo, e xa coa axuda dalgún "Charlie" polo medio, están encantad@s de presentarvos a primeira das actividades que levarán a cabo neste curso!





Dende o próximo luns día 27 de Febreiro e ata o vindeiro 5 de Marzo, estará colocada no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal a EXPOSICIÓN - I : "Achégate a coñecer outras realidades".




Unha exposición na que poderedes atopar información gráfica e escrita sobre os proxectos de ESF en Sáhara, Honduras e Nicaragua, acompañada sempre por un stand informativo e un pequeno panel sobre ESF.
Se tedes un momento pasádevos por alí, seguro que non ten desperdicio!! (E tampouco perda, atópase en Xoán XXIII, Santiago de Compostela).

Hoxe xa tivemos reunión e comida SensiCom para rematar algúns flecos e continuar argallando as seguintes actividades, que sen dúbida darán moito de si...








No hay comentarios: