29 oct. 2011

Asamblea General Extraordinaria de la Coordinadora Galega de ONGD

El pasado viernes, 21 de octubre: Belén y Chelo, voluntarias de la sede de Compos, asistimos a la Asamblea General Extraordinaria de la Coordinadora Galega de ONGDs, de la que ESF Galicia es miembra. Éramos las dos novatas en estas asambleas y la verdad es que nos gustó mucho el ambientillo que se respiraba allí. Creemos que la única forma de que la Coordinadora se sienta como una parte de ESF en la que deberíamos invertir más recursos humanos de lo que hacemos hasta el momento es ir alguna vez a alguna reunión y participar en alguna actividad... Nos parece un buen lugar para crear red con otras ONGD y el mejor sin duda para conseguir mayor impacto en temas de incidencia política y similares. ¿Quieres saber más? Pues sigue leyendo nuestras notas y busca a la aparición estelar como suplente en el Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvement (CONGACODE)! ;) 

1. Saúdos a todos os asistentes: 
A presidenta (Gema Filgueira de Médicos do Mundo), vicepresidenta (MªPaz de Solidariedade Internacional de Galicia) e tesoureira (Laura del Río de Farmamundi) presiden a reunión e fan un resumo dacampaña de queixas ante o valedor do pobo polos recortes da Xunta en Cooperación. A campaña de envío de queixas tivo moito éxito e as accións de calle tamén o están tendo. O impacto mediático foi moi grande e reuníronse xa 200 firmas, pensa que se pode chegar ata 500.

2. Ratificación da actual Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD): 
Por motivos personais houbo xente da XD que quiso/tivo que deixalo, o secretario Jose Luis Quintela de Intermón Oxfam e un vogal Ángel Bañobre de Fundación Cume. A proposta de nova XD foi aprobada con 13 votos a favor e 1 abstención (escribo entre corchetes os cambios): 

Presidenta (Gema Filgueira de Médicos do Mundo) 
Vicepresidenta (MªPaz de Solidariedade Internacional de Galicia)
Tesoureira (Laura del Río de Farmamundi)
Secretaría (Judith Jeannette Sing de Agareso) [antes Judith era vogal e estaba en Amigos da Terra]
Vogal (Francisco Raigón de Asamblea de Cooperación pola Paz)
Vogal (José Manuel Pérez de Solidariedade Galega) [antes estaba en Axuda en Acción]
Vogal (Carmen Alborés de Manos Unidas) [antes estaba Ángel Bañobre de Fundación Cume]
Vogal (Emanuele Lini de Arquitectos sen Fronteiras) [ocupa o lugar de Judith, que pasou a ser secretaria tras a marcha de José Luis Quintela]

A actual XD, salvo novos imprevistos, permanecerá así ata abril de 2014 (foi renovada en abril de 2011)

3. Renovación das persoas representantes da Coordinadora e das ONGD integradas no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvement (CONGACODE): 

O CONGACODE é un dos tres órganos de Coordinación que prevé a lexislación galega para coordinar e asesorar a acción da Xunta de Galicia en materia de Cooperación ao desenvolvemento. Foi constituido en abril de 2005 e as súas funcións son: informar os plans anuais e o plan director da Cooperación Galega, recibir información e emitir opinión sobre as convocatorias públicas de axuda, emitir opinión sobre os diferentes proxectos de normas en materia de cooperación internacional. Neste Consello hai 5 vogais das ONGD galegas e permítense ata 5 suplentes. 

Segundo a normativa de elección da Coordinadora para os membros deste consello, aprobada en asemblea en xullo de 2011, a XD da Coordinadora proporá a 2 persoas que forman parte da mesma, das cales ao menos unha será muller. As outras 3 persoas serán elexidas en Asemblea. Non houbo candidaturas por parte das ONGD polo que o resto da XD presentouse candidata (total 6 persoas). Na Asemblea había que votar a 3 persoas das 6 candidatas e saírían as dúas mulleres máis votadas e unha terceira persoa; as outras 3 quedarían suplentes. TOTAL: 2+3 (+3 SUPLENTES). Pediuse por tanto a 2 persoas que xenerosamente cubrisen o posto de 4º e 5º suplente. Belén de ESF e outra persoa máis ofrecéronse.

Por tanto as 5 vogalias de ONGD no CONGACODE son ata renovación de XD da Coordinadora as seguintes: 

Gema Filgueira Garrido de Médicos do Mundo, Judith Jeannette Sing de Agareso (2)
Laura del Río de Farmamundi, MªPaz Gutiérrez de Solidariedade Internacional de Galicia, Emanuele Lini de Arquitectos sen Fronteiras (3)
Francisco Raigón de Asamblea de Cooperación pola Paz, Carmen Alborés de Manos Unidas, José Manuel Pérez Otero de Solidariedade Galega, Belén Liñares de ESF + 1 (5)

4. Información sobre as vías legais tras as desestimacións dos recursos de reposición presentado pola CGONGD á Xunta de Galicia pola reducción do 45% da convocatoria de Proxectos no Exterior e a eliminación da convocatoria de Axuda Humanitaria: 

A CGONGD presentou un recurso e tamén outras 16 ONGD (das que se teña constancia).e a Xunta de Galicia desestimounos. O procedemento legal seguinte sería levar a cabo un recurso contencioso administrativo e poderíase chegar incluso ao Tribunal Supremo. A XD da Coordinadora pediu consello a expertos no tema (Carlos Teijo e Alba Nogueira) e contáronlles a sua visión. Os asistentes á Asemblea debatimos sobre a decisión a tomar.
Hai algúns antecedentes de éxito en temas de subvencións (non de cooperación) "o caso Canarias" polo que poder, poderíase intentar aínda que o resultado, aínda que gañásemos, sería un tanto incerto. Esta vía legal levaría moitos anos e costaría miles de euros, recursos que a coordinadora non ten. Máis do 80% dos ingresos da Coordinadora proceden da Xunta, mesmo órgano ao que se quere demandar pero todos estamos de acordo en que non por iso debemos quedarnos calados e tampouco por medo a posibles represalias.
Quizáis o contencioso administrativo quédesenos grande pero eso non quita que podamos manter unha ACTITUDE de crítica constructiva e activismo doutras maneiras, por exemplo, coa PARTICIPACIÓN ACTIVA DE TODAS AS ONGD DA COORDINADORA NAS ACTIVIDADES. Para temas de INCIDENCIA POLÍTICA poderíamos ter moita forza. Na coordinadora hai 48 asociacións, que ao mellor representan en torno a 100,000 galegas e galegos. Ese é o noso potencial, temos que buscar as ferramentas adecuadas aos nosos medios e ás nosas formas de traballar e poder transformar todo ese potencial en verdadeira forza.
O sentir xeral da Asemblea foi que manteremos unha ACTITUDE ACTIVA, non nos farán calar pero utilizaremos outros métodos máis axeitados a nós. O contencioso non é a única opción. Decidiuse facer unha votación sobre este tema e o resultado foi: 12 en contra de presentar o contencioso administrativo e 6 abstencións.

5. Prazo ata o martes día 25 ás 14h para enviar á Secretaría técnica da Coordinadora as alegacións aos borradores de convocatorias de Fortalecemento e EpD. Estas alegacións poderanse presentar tamén a través das comisións da coordinadora. Na Asemblea animouse a todos a ler as convocatorias xa que hai bastantes cambios. 
Tamén informouse de que o borrador da convocatoria de proxectos no exterior sairá pronto. Este ano implementarán a maiores unha aplicación para enviar as formulacións telemáticamente e por iso están tardando un pouco máis.

27 oct. 2011

POSICIONAMENTO DE ESF SOBRE O SUCESO NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUIS

Enxeñería Sen Fronteiras denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e solidarízase coas persoas cooperantes secuestradas.
Fronte ao secuestro dos tres cooperantes en Rabuni, sede administrativa dos campamentos de refuxiados saharauis (Tindouf, Algeria), acontecido o pasado 22 de outubro de 2011, a Enxeñería Sen Fronteiras (ESF en adiante) denuncia e mostra a súa condena ante o ataque.
  • ESF solidarízase coas tres persoas cooperantes secuestradas, coas súas familias e amigos/as, e cos compañeiros/as das organizacións: Mundubat, Asociación Extremeña de Amigos del Pueblo Saharaui e CCISPP.
  • Confiamos en que as persoas retidas poidan ser liberadas de xeito rápido e seguro o antes posible, ao igual que as cooperantes de Médicos Sin Fronteras, secuestradas en Dabaad. Tamén solicitamos aos medios de comunicación que actúen coa máxima responsabilidade e prudencia para garantir a seguridade das persoas retidas.
  • Nestes momentos, non queremos que caia no esquecemento o gran traballo que as persoas secuestradas e o resto de cooperantes realizan nos campamentos de refuxiados Saharauis. Este traballo ten a súa base na esperanza de que o conflito do Sahara Occidental acade unha solución o máis preto posible no tempo, para que a súa presenza alí deixe de ter sentido e os máis de 35 anos nos que a poboación saharaui viviu como refuxiada en medio do deserto cheguen ao seu fin.
  • Tamén queremos destacar a boa acollida que o pobo saharaui sempre tivo cara os/as cooperantes de todas as ONGD que desenvolven o seu traballo nos campamentos, así como a colaboración e protección levada a cabo pola Autoridade Saharaui para facilitar os traballos de cooperación internacional co pobo saharaui.
  • Dende ESF levamos anos traballando en diferentes proxectos nos campamentos de refuxiados saharauis. Ao mesmo tempo que realizamos accións de sensibilización e incidencia no noso territorio para dar a coñecer esta situación entre a sociedade e, sobor de todo, estamos e seguiremos estando, comprometidos coa búsqueda dunha solución para este conflito.
  • Ademáis, facémonos eco do chamamento á precaución e prudencia que se está a facer nos campamentos para non entorpecer a labor dos gobernos saharaui e español.

25 oct. 2011

Xunta Directiva: Temas hablados en la lista de correos en Septiembre

¿Qué se habla en la lista de Xunta Directiva? Cosas muy interesantes, sigue leyendo y lo sabrás todo y más:

Acta de la comisión de financiación del 28 de julio: 
Fue enviada por Fran Puga, coordinador del GAT, junto con un documento a rellenar por los grupos para solicitar a la comisión de financiación cambios en el presupuesto, muy importante para continuar mejorando nuestra gestión. En esta reunión se aprobó la financiación de un PCR y la compra de un coche para el expatriado en Honduras. También se recomendó el rechazo de la subvención de Entidades de Acción Voluntaria por parte del grupo de Voluntariado.

Consello de Cooperación del Concello de Vigo: 
Se habla sobre la posibilidad de la incorporación tardía de ESF a través de la sede de Vigo en el Consello de Cooperación del Concello. Hay dos personas interesadas pero en una situación personal complicada para comprometerse mucho. Está aún sin confirmar que tengamos capacidad para unirnos al Consello pese a que todos lo consideramos muy interesante. La documentación está entregada así que se está a la espera de que se convoque una reunión y confiar en que alguien se pueda acercar.

Planificación estratégica: 
Se debate sobre el retraso del proceso de elaboración de la Planificación estratégica, la necesidad de terminarlo no sólo por saber hacia dónde vamos (lo más importante!) sino por cuestiones legales (cumplimiento de indicacores) y la voluntad de hacerlo bien. Se trata de definir la estrategia a seguir y será el tema central en la reunión de Xunta Directiva de octubre y una importante parte de la vida asociativa en los próximos meses. Gracias a este debate se han detectado errores y problemas de fondo y de forma que entre todos queremos y podemos solucionar. En la motivación y la dinamización está la fuerza.

Nuevas formas de financiación a través de TRAGSA: 
Anxo, vicepresidente, reenvía una propuesta de tantear a la empresa semipública TRAGSA como posible financiador, cuyo plazo de aplicación terminaba el 11 de octubre. Sergio, técnico de proyectos de ESF, propone pedirlo para la parte de sistemas de micro-riego por goteo que falta por financiar de uno de los proyectos. Sergio piensa que podría encajar bien pero que hay un criterio de exclusión que es que, a priori, deberíamos estar calificados por AECID (y ESF no lo está, de hecho nadie ahora mismo lo está en la federación, porque sólo estaba ISF ApD que recientemente se ha separado de la federación y transformado en ONGAWA) pero que excepcionalmente podría aceptarse una formulación de una organización no calificada si se estima oportuno. Sergio dice que se está hablando en lista federal qué ISF están más asfixiadas y querrían intentar presentar algo a pesar de todo para tratar de no competir entre nosotros. Finalmente desde ESF Galicia se opta por no presentar nada y esperar a la resolución del Concello de Lugo, al que también fue solicitado algo de dinero para el mismo proyecto.

Invitación del Bloque Nacionalista Galego a unha mesa charla sobre a reforma da Constitución: 

No asistió nadie pero no por no vincularse con algún partido, sino simplemente porque nadie respondió. Se quedó en que no se aceptaba invitación de partidos políticos en campaña electoral. Fuera de las mismas, quedaría en virtud de la posibilidad de asistir y de si hay voluntariado interesado en ello. ESF es apartidista pero no apolítica.

Convocatoria de la Asamblea Extraordinaria de la Coordinadora Galega de ONGD el 21 de octubre :

Chelo, vocal de Voluntariado confirma su asistencia representando a ESF. En el orden del día figuran temas tan importantes como la elección a los representantes por ONGD del Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento y el debate sobre posibles acciones para continuar haciendo frente a la Xunta de Galicia en el tema de los recortes en Cooperación.

Reunión de Augas de Galicia con la Asociación Española de Operadores Públicos de Agua y Saneamiento, con la que la Federación Española de ISF viene colaborando dentro de la campaña federal de agua: 

Se piensa que sería muy interesante asistir, pero que lo más normal sería que fuera alguien que no tuviera una relación profesional con Augas, para no distorsionar demasiado la reunión. Se propone a Sergio como mejor opción pero al final ni él ni otra persona pueden asistir.

Taller de financiación para la Cósmica

Anxo informa de la posibilidad de organización de este taller como una de las actividades formativas de la reunión de todas las ISF (más conocida como Cósmica)

Presentación de EQA, Empresas que Ayudan 

Se recibe una invitación para asistir a la presentación del proyecto impulsado por Redyser Transporte y AT2 (Acción Transversal para la Transformación
Social). Nadie tiene disponibilidad para asistir.

Envío a los soci@s de la propuesta de envío de quejas al Valedor do Pobo sobre recortes de la Xunta de Galicia en cooperación 

Se decide envíar esta propuesta de ciberacción de la Coordinadora Galega de ONGD a la lista de soci@s como parte del Resumo Blogueiro Mensual. A raíz del debate sobre si enviarlo o no, se completa la WIKI con información interesante sobre el funcionamiento y función de la lista de soci@s.
Llega al correo de INFO una petición de un estudiante en psicología en la Universidad de Cagliari (Italia) para reenviar una encuesta para su tesis
La investigación es para el Departamento de Psicología de la Universidad de Cagliari, respecto al tema "El deseo de ser padres de los jovenes adultos homosexuales y heterosexuales tanto italianos como españoles". Se decide no reenviar por no formar parte de nuestra área de trabajo. 

Próxima reunión de Xunta Directiva 

Se fija para el domingo 16 de octubre en horario de mañana. 
Prespuesto de ESF para financiar asistencia de voluntariado a Cósmica y Xuntanza

Se habla de que es un tema que tiene que ser revisado porque el que se hizo en su momento, se hizo en base a unos ingresos que variaron (no concesión de algunas subvenciones solicitadas). Se analizará de nuevo a su debido tiempo pero en principio, en el caso de las Xuntanzas, ESF sólo paga los desplazamientos y las cosas que se compran para la hora del café (galletas, café...). Las demás comidas suelen correr a cargo de los asistentes, y el alojamiento suele buscarse gratuíto. En todo caso, si lo que corresponde a alojamiento no es mucho, podría financiarlo ESF. En el caso de la Cósmica, se ve difícil financiar el desplazamiento. 

Propuesta del grupo de Sensibilización de Coruña para o pago de tarxetas Navideñas por Paypal: 

Juan, vocal de EPD, reenvía una propuesta de Elisa, del grupo Sensibilización Coruña, para crear un enlace de descarga en el blog asociado a una cuenta bancaria, como medio para recaudar fondos. De esta forma, los interesados podrán imprimir su propia postal (o grupo de postales para aprovechar las que ya tenemos y poner un precio algo mayor, dando así opción de elegir diseño) y pagar una cantidad conforme a la descarga. Propone también el uso de una cuenta PAYPAL o de un método similar para que se efectúen los pagos. Juan considera que es un tema a debatir en Xunta Directiva por comenzar a usar una herramienta que igual no tiene demasiado que ver con TpDH y que es de una empresa que posiblemente no tenga un código ético que nosotros deberíamos exigir. El tema se tratará en la próxima reunión de Xunta Directiva. 

Próxima Xuntanza en Marzo

Se tantea a la sede de Ferrol como sede organizadora.

24 oct. 2011

Es unha persoa contratada nunha asociación de voluntariado? 10 cuestións a ter en conta

Decálogo de puntos a ter en conta por parte do persoal contratado segundo a experiencia no rol de contratado-facilitador na relación con persoas voluntarias dunha asociación de persoas voluntarias como Ingeniería Sen Fronteiras Galicia. Publicouse en canal solidario e a continuación podedes velo en galego.

1) Evitar por norma xeral representar á institución en actos oficiais externos á organización no norte (facelo só se non hai máis remedio cando é imposible a asistencia de ningunha persoa voluntaria) e evitalo tamén no posible noutras actividades externas aínda que sexan de contido máis técnico.


2) Non falar sobre sustitución de traballo de contratados por parte das persoas voluntarias senón máis ben do que un liberado pode aportar como valor engadido para facilitar o traballo das persoas voluntarias. O persoal contratado é o que debe aportar un valor engadido que o voluntariado non poida dar na organización que sexa e, se non, pois non ten moito sentido que estea contratada… Case calquera cousa (incluso as máis simples) que unha persoa voluntaria pode facer hai persoas que poderían cobrar un salario facéndoas (desde pegar carteis, a atender unha tenda de comercio xusto ou formular proxectos internacionais de cooperación ou organizar un curso ou unhas xornadas), así que a clave non é a sustitución ou a coincidencia en actividades concretas, senón o aporte diferencial da persoa contratada.


3) Non asumir actividades en solitario si non hai primeiro un grupo de persoas voluntarias interesadas en tirar do tema.


4) Asumir un rol de facilitación e non de execución. Ser máis aceite que engranaxe.


5) Non dicir os meus voluntarios (máis ben ti es a súa persoa contratada ou liberada).


6) Non dicir “se espero que as persoas voluntarias fagan iso…” (oído en demasiadas ocasións) porque se interioriza que as persoas voluntarias non teñen o mesmo grado de compromiso que unha persoa contratada no pouco ou moito que se comprometeron a facer. O altruismo e o voluntariado non son atenuantes da responsabilidade.


7) Tratar de non ser a cabeza visible da asociación. Si coméntase “non sempre ides os mesmos aos actos externos ou cursos” entón estase en bo camiño. Si ao falar da asociación ou dalgunha actividade en concreto da asociación nos medios de comunicación adoitan aparecer sobre todo as persoas voluntarias dos grupos responsables da actividade entón tamén se está en bo camiño.


8) Tratar de asumir en todas as funcións o principio de non imprescindibilidade e pensar e comunicar de forma didáctica para facilitar os procesos e a transmisión do coñecemento (os protocolos e ferramentas como unha wiki poden ser unha boa axuda).


9) Insistir moito na necesidade de respectar as canles vixentes en comunicación e organigrama da asociación (sobre todo se unha persoa contratada leva moito tempo pode ser máis fácil para moita xente preguntar sobre temas ou asuntos que non lle competen directamente, aínda que coñeza a resposta, no canto de seguir as canles establecidas con outros membros da asociación). Hai que promover a cultura dacomunicación interna nodal (e se hai nodos moi recargados, neste caso sobre persoal contratado, revisar o organigrama).


10) Intentar por todos os medios que na asociación saiba todo o mundo (mesmo nada máis entrar) que hai persoas liberadas que lles axudarán (e en que cuestións esa axuda pode ser maior segundo as funcións que teña asignadas a persoa contratada en cuestión) e que os vexan como algo próximo (se hai diversas sedes da asociación tratar aínda que sexa de cando en vez de ter presenza física e reunións presenciales nelas).


E que podo facer eu?

Se es persoa contratada: dado que este perfil de persoal técnico de apoio a actividades onde as persoas voluntarias son protagonistas en todo o ciclo é un perfil non demasiado corrente (si é máis común o perfil de persoa técnica ou xestora, ou ata de dinamizador do voluntariado) é importante compartir espazos coas persoas voluntarias para intercambiar impresións sobre o papel das secretarías técnicas na organización e, se detéctase que é preferible algún perfil de apoio con estas características, tratar de formarse en temáticas relacionadas con procedimentación e documentación de procesos, recursos humanos e tamén pedagoxía do traballo. Tamén é importante participar en foros sobre voluntariado para ver por onde van as motivaciones e tendencias da acción voluntaria.

Se es persoa voluntaria: trata de coñecer as funcións do persoal contratado nas que che pode botar unha man e non dubides en pedirllo (é o seu traballo). Trata de integrar ao persoal contratado nas actividades do teu grupo de voluntariado e promove a comunicación bidireccional en todo momento (mellor que sobre que que falte!).


Se levas a área recursos humanos nunha entidade de voluntariado (sexas persoal contratado ou voluntario): promove a definición das funcións do persoal con enfoque de apoio, facilitando a formación ou reciclaxe das persoas contratadas para alcanzar mellor este enfoque.

 
Foto por Alex Eylar, galería de Profound Whatever

Magosto ESFeiro APRAZADO

Por diversas dificultades e por mor da mala previsión metereolóxica para o vindeiro mércores queda APRAZADO o Magosto ESFeiro en Compostela, en principio, para a próxima semana e preferiblemente o mércores día 2 de novembro.

Manterémosvos informados!

21 oct. 2011

Magosto ESFeiro

Aínda non te enteraches???

Pois entérate! Este mércores 26 organizamos un Magosto Popular no Campus Sur da USC, máis exactamente, na Praza do Seminario de Estudos galegos (diante da Facultade de Farmacia) para empezar con forza este curso e dar a coñecer a nosa actividade.

Teremos unha morea de actividades que de seguro che han interesar, ademais das castañas de balde, claro:
  • Obradoiros de reciclaxe
  • Stands
  • Experiencias de voluntariado
  • Foliada
  • E unha chea de cousas máis que só poderás descubrir asistindo!
Se sabes tocar algún instrumento, queres demostrar o teu talento nalgún tipo de actividade ou che interesa participar dunha xornada na que compartir ideas e pasar un bo rato achégate ao Magosto de 19.00 a 22.00 horas!! Pasaremos lista!!

ESF Galicia participa nunha charla de EpD na USC

O pasado sábado 15 e este venres 21, ESF imparte unha charla sobre a Educación para o Desenvolvemento dentro do curso de Formación Básica de Voluntariado da USC. 

Este venres 21 durante 3 horas, de 16:00 a 19:00 no salón de actos da R.U. Bal y Gay. ESF a través de distintas dinámicas, vídeos e conceptos teóricos intentará explicar que é a Educación para o Desenvolvemento (estrenaremos as novas definicións da Planificación Estratéxica) en todas as súas dimensións (formación, sensibilización, incidencia política) e cómo aplicamos de xeito práctico dentro da nosa organización: materia ICD, cursos, campañas, PCR, e o voluntariado como máxima expresión do concepto de cidadán global.

Se vos cadra andar por Lugo seredes benvidos!

18 oct. 2011

ESF Galicia no Foro Unirede

O pasado sábado día 15 estivemos compartindo experiencias exitosas de comunicación 2.0 noForo Unirede
Comentar que nos estabamos como representantes do eido da acción social, que posiblemente sexa o que máis retrasado vai nesta temática, e se notou por exemplo en que nos obradoiros seguintes a mesa redonda o único que non acadou participantes suficientes para levalo a cabo foi precisamente o de acción social. Creo que tamén influiu que este sector era o máis "distinto" aos outros que se tocaban, que tiñan quizais un enfoque algo máis de tipo empresarial-emprendedor, o cal non ten todavía en Galicia o eido da acción social (que si podería ser emprendedora e innovadora, polo menos empregando a tecnoloxía para os seus fins de equidade e xustiza social, e protección das persoas máis vulnerables). Era complicado que xente interesada acción social asistira a un evento de estas características cando o resto dos temas eran máis de tipo turismo, gastronomía, emprendedores empresariais, etc. Unha pena, pero estas cousas van despacio...

Dende ESF comentamos precisamente o feito de ser elexida como boa experiencia en comunicación 2.0 de entidades de acción social nos chamara a atención (aínda que como alguén máis comentó da súa experiencia, ao ser pequenos e ir mellorando parece que somos a caña...).
Falamos brevemente de qué é ESF, a que se dedica, o feito de formar parte dunha Federación. Despois, sobre internet, se foron mostrando brevemente algunhas das ferramentas para a mellora da comunicación que se impulsan dende ESF tanto por una razón de transparencia, como polo feito de querer converterse nunha fonte de información en si mesma e de interactuación coa súa base social e a cidadanía en xeral (o tempo estaba moi medido, apenas 15 minutiños, a pena foi que logo non houbo nin espazo para as preguntas):
- primeiro a páxina web (moito máis estática e 1.0, que non reflexaba a dinámica da asociación, e segue sen facelo aínda que se logrou incluir as actualizacións de blogue e twitter)
- despois, con motivo dos programas internacionais de cooperación, os blogues en El Salvador, Nicaragua, Sahara e máis tarde Honduras. Non comentamos o caso do Sahara de como ao rematar o noso traballo alí o blogue segue alimentado polas otras ISF que seguen no terreo, vaia!!
- Posteriormente o blogue de vida asociativa e o da asignatura, moi activos.
- Outros medios que surxiron sobre todo arredor dos blogues (youtube, slideshare, podomatic)
- Xa en 2009 o facebook e twitter de ESF, moi activos dende aquela e conseguindo pouquiño a pouquiño máis interaccións e seguidores (aquí queda moitísimo espazo de mellora, pero os medios son os que son...).
- Rematamos mencionando e mostrando a wiki de ESF, e dentro dela o apartado onde se define nun cuadriño a "liña editorial" e uso dos distintos medios de comunicación esfeira. 

Rematamos esbozando un par de debates que estanse a dar no eido comunicativo en ESF:
- O feito de que para unha asociación de voluntariado coma nós teña máis interese que o uso dos medios 2.0 esté dinamizado por distinta xente (se ven haxa persoas máis adicadas a iso), pero sen unha figura de "community manager" que poida ter demasiado protagonismo (o cal nalgúns dos medios como facebook dase algo máis pola propia dinámica do medio).
- O proceso de integración da comunicación 2.0 de ESF Galicia coa Federal, que pensamos que deben ter alcances distintos e deben complementarse, pero non sustituirse nin unirse.

Consideramos que este espazo en Foro Unirede foi moi interesante tanto polo feito de promover o uso da tecnoloxía na promoción do desenvolvemento como por poder falar de acción social ante máis de 150 persoas nun eido ao que non soe chegar este tema como é o de innovación e tecnoloxía 2.0. Agradecementos desde aquí ao gran traballo das persoas da organización e patrocinadores.

16 oct. 2011

Resumo blogueiro: setembro 2011

CONTIDOS


  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Nicaragua
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros canais ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes




BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste mes de setembro comeza un novo curso académico e con el aumentan as actividades esfeiras. Hai unha entrada sobre mapas para entender o mundo, así como unha reflexión no día do cooperante (8 de setembro) sobre como ESF entende a cooperación. Nos vos perdades o obradoiro de tormenta de ideas para a campaña de acollida de novas persoas voluntarias (aínda podedes aportar!!) e os resumos da participación de membros de ESF en charlas  (nun curso de verán da USC e na xornada de portas abertas do master de software libre). Remata o mes coa presentación da sede de Compostela dos movementos "do equipo" no verán, ao máis puro estilo de comezo de liga...





BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña todavía se vaia facendo antes de pechalo indefinidamente.





BLOGUE HONDURAS

Neste mes chegaron a Honduras Alicia, Eric e Victoriano, participantes no programa de coñecemento da realidade 2011 de ESF. Alí estarán até finais de novembro e coas súas crónicas poderemos coñecer moito máis da zona onde se traballa, os problemas, as causas e como a xente pelexa para superar os obstáculos para ter unha vida mellor. E neste mes xa vai a primeira. Ademais se fala da presentación do programa FONSAGUA no concello de San Francisco de Coray (tamén se desenvolve no de Marcovia).




BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS CANAIS ISFEROS




OUTROS ENLACES DE INTERESE


Auga



Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • Edición especial Agua. Un Mundo Sediento. National Geographic España. Abril 2010
  • Competencia a muerte. Dirk Barrez. Agricultura campesina versus agroindustria corporativa.



E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD



A ESF-RASE DO MES

"A fenda dixital vai seguir porque resulta da fenda económica e política, que é moito máis longa e profunda" Hervé Fischer