31 may. 2011

Auga e Obxectivos do Milenio: a cousa non vai todo o ben que podería...

A continuación, deixamos uns grafiquiños moi reveladores do estado do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio no eido da auga e o saneamento, comparando 1990 e 2008, extraído do Informe Objetivos de desarrollo del Milenio INFORME 2010 

En ESF pensamos que, técnicamente, sería posible para 2015 (data límite para acadar estes ODM) mesmo superar os propios indicadores dos ODM no eido da auga e o saneamento se se apostara con convencemento por acadalos dende 1990. Agora só quedan 4 anos e, se ben houbo progresos, queda moito traballo e xa hai que mirar máis aló (e falar de dereito ao auga e saneamento e boa gobernanza do recurso, calidade axeitada da auga e os problemas para medila pola falta de recursos para realizar análises completas en moitas zonas, planificación participativo do recurso hídrico, impacto do cambio climático no acceso ao auga, etc.).

No Golfo de Fonseca en Honduras, ESF desenvolve dende 2008 un programa coa auga como eixo principal, onde ademais do acceso ao auga e saneamento mellorados, se traballa tamén con alcaldías, institucións locais e organizacións da sociedade civil nestes novos (ou non tan novos) retos.






23 may. 2011

CICLO DE AUDIOVISUAL

Os DÍAS 24 E 26 DE MAIO de 18:00 a 21:00 horas, o grupo de

SENSIBILIZACIÓN-COMUNICACIÓN en colaboración co grupo de PROXECTOS

de ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS - Santiago organiza un CICLO DE CINE

no que se proxectarán cortos e películas que pretenden achegarnos e

facernos coñecer outras realidades como a de Centroamérica ou o

Sáhara.

Ademáis, haberá tempo para reflexións, debate, comentarios e mesmo

contaremos coa presenza do profesor de Xosé Manuel Vázquez que nos

dará outra visión sobre os proxectos de cooperación: o impacto nos

lugares onde se levan a cabo e a importancia que ten o coñecemento do

contexto político e social de ditos lugares.

Por todo isto e por moito máis animámosvos a virdes!

Lembramos que os dous días será de 18.00 a 21.00 horas:

- Martes 24 de maio----> na aula A7

- Xoves 26 de maio------> na aula A9


Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
Santiago de Compostela

20 may. 2011

Formación "Coñecemento Realidade" ..

Este é un borrador da formación que se celebrará en Santiago o fin de semana do 28-29 para a xente que se vai de Proxecto de Coñecemento da Realidade pero que está aberta a todo o mundo, por suposto! porque son temas o sufientemente interesantes e as persoas relatoras do sábado pola maña todo un luxo.



SABADO 28
Dinámica de presentación


- 10:00 Interculturalidade

Introducción teórica a cargo de José Manuel Vázquez con coloquio-debate (1,5 horas)
Descanso
Dinámica Derdianos (1 hora)

- 13:00 Xénero
Introducción teórica a cargo de Vanessa Míguez con dinámicas e coloquio-debate (1 hora)

14:00 - 16:00 Xantar

- 16:00 Que é un PCR?
30 minutos

- 16:30 Seguridade e Saude

Recomendacións sobre Seguridade e Saúde 1 hora

- 17:30 Conceptos básicos de cooperación: 1,5 horas
- visión eurocéntrica da cooperación
- etapas da cooperación
- Introducción a EpD, sensibilización e incidencia
- Principios dos proxectos de cooperación internacional (Manual de Proxectos de ESF)

- 19:00 ESF
- Dinámica ¿conoces ESF? 1 hora


DOMINGO 29


- Etapas e fases do proxecto
- Principios dos proxectos de cooperación internacional (Manual de Proxectos de ESF)
- Que é unha contraparte? Estructura
- Introducción ao marco lóxico
- Introducción ao país: Honduras

Animádevos!!!

18 may. 2011

Ensilado anaeróbico ¿tecnología apropiada?

No hace mucho colgábamos un vídeo donde nos explicaban como construir silos metálicos en Nicaragua, para almacenar grano básico. A continuación contamos paso a paso como hacer otro tipo de ensilado, que se usan en muchas zonas de clima templado para almacenar hierba, maíz, etc. para que, bajo unas condiciones determinadas (tras fermentación sin oxígeno), se conserven durante más tiempo y se supere la época invernal, cuando no hay alimento suficiente para el ganado. Este silo se emplea como complemento para el alimento sobre todo de ganado bovino, especialmente de leche, y hay que calcular las dosis más adecuadas para mezclar con otros alimentos como pienso o mezclar distintos tipos de silo como el de hierba y el de maíz, pero se ahorra dinero en insumos externos (piensos o alfalfa si no se da bien en la zona) si se cuenta con una extensión de cultivo o pradera (en Galicia suele ser rotacional maíz-pradera) suficientes.

En zonas tropicales se ha empleado bastante poco, pero sí hay estudios y algo de difusión sobre el tema, incluso vinculados a la protección de suelos contra la erosión empleando cárcavas como contenedores naturales, y se considera una buena técnica para adaptar en otras zonas, como pone de manifiesto algunos estudios.

Hay de muchos tipos (incluso de material animal como silos de pescado, que pueden ser muy útiles en zonas como las que trabajamos en Honduras, del Golfo de Fonseca) pero a continuación veremos el "de morea" (montón), el más habitual en Galicia junto con el "de bolo" (que son como bolas). Se realizan tanto con hierba como con maíz. Este ejemplo es con hierba, que suele hacerse en abril-mayo (la condición es que el material no debe estar empapado de lluvias recientes). Puede dar tiempo a hacer otro antes de la época más seca si la hierba crece suficiente. Después se planta maíz, y en septiembre-octubre se ensilaría el maíz.

La hierba tiene que situarse sobre un plástico grueso que la separará del suelo.


Esta hierba (o maíz) se irá extendiendo bien triturada, en distintas capas...

video
... con máquinas como esta o usando herramientas desde algún remolque o medio de transporte de la hierba. El trillado o partido del material vegetal no debería presentar problemas con algún tipo de máquina sencilla si no se cuenta con la máquina que recoge la hierba segada y la corta para pasarla después a los remolques. Hay remolques que trituran, aunque trituran peor, y antes ni siquiera se trituraba, sino que se echaba tal cual se segaba (aunque el proceso de ensilado es peor)



Según se van echando las capas, es importante esparcirlas adecuadamente, aquí emplean un esparcidor, construido en la zona.


video
Se va esparciendo el material vegetal echado en cada capa...


video
...y simultáneamente, tanto mientras se echa como mientras se esparce, se va colocando el material vegetal de los laterales con herramientas tipo tridente para que tenga una forma adecuada (hay quien realiza la operación entre muros de tierra u ladrillo-hormigón, que facilita muchísimo la operación al no caer por los lados)

Una vez echada cada capa y bien dispersa, se aplana concienzudamente


video
Un tractor sirve perfectamente, haciendo varias pasadas intentando también pasar lo más cerca del borde posible (con cuidado...)

Al trabajar con varias máquinas, se aprovecha mejor el tiempo si se hacen simultáneamente al menos dos silos. Aquí véis como según sale la máquina que trajo una capa en el silo del fondo ya va a pasar la esparcidora, mientras en el silo del primer plano el tractor está aplanando...

... y en ambos silos hay personas dando la forma adecuada en los laterales.


Cuando se haya recogido el material se mide el silo a lo ancho y a lo largo, para saber el tamaño del plástico superior que necesitaremos. Si tenemos el almacén cerca, alguien puede acercarse a buscarlo mientras se realizan los siguientes preparativos. Los silos de este ejemplo midieron 23x9 y 21x8 metros respectivamente.


Mientras se va preparando el plástico de encima del tamaño adecuado, se remueve el suelo alrededor del silo (con cuidado de no dañar el plástico sobre el que descansa el material vegetal) y se excava...

...una pequeña zanja todo alrededor (40 cm de profundidad es más que suficiente)

video

video
Se desenrolla el plástico y se estira, cubriendo perfectamente todo el montón...


...y se mete el extremo del plástico todo alrededor en la zanjita, cubriéndolo bien de tierra para que no pueda entrar aire


video
Aquí se ve como, a pesar de tener cuidado, si hace mucho viento puede ser complicado colocar el plástico sin que quede aire dentro. Pero echando algo de peso como un poco de tierra o unas llantas viejas irá asentando en los próximos días...


... y si es necesario se deja una salida sin tapar con arena en sentido contrario al que venga el viento, para que vaya saliendo el aire que quede dentro

17 may. 2011

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Esta entrada é para convidarvos a todos, ESFeiros e non esefeiros a visitar a Exposición Fotográfica que o grupo de SENSICOM terá colocada esta semana!

O título de dita "expo" é o mesmo que leva o noso proxecto este ano:

"Achégate a coñecer outras realidades"

En que consiste??
Enxeñería Sen Fronteiras terá exposta unha mostra gráfica dos seus proxectos internacionais:
-Honduras e Nicaragua.
-Así como a problemática Saharaui en Sáhara Occidental

CANDO?
Durante os días 18, 19 e 20 de maio.

ONDE?
Podes visitala no 3º andar da Biblioteca Anxel Casa situada en Xoán XXIII, Santiago de Compostela.

Horario: o mesmo que o da biblioteca.


NON TE QUEDES Ó MARXE, COÑECE OUTRAS REALIDADES!!


8 may. 2011

SensiCom, creando máis material!

Esta entrada é unha simple reseña para decir que si o ano pasado o grupo podía berrar:
"habemus lona continua de Sáhara"

Este ano, podemos decir que...
Habemus mapa propio e moi ben explicadiño!!!


Aquí vos deixamos a imaxe:



(tamaño DIN A3, plastificado e a cor)


Ademáis, gracias á información que os PCR de Nica e Honduras nos cederon, e ao noso "supermaquetador" Alberto Cancela, temos 2 póster máis.
Anteriormente outro excelente maquetador (e que este ano se encargou do xa coñecido Panfletiño) Xacobe, realizara un póster sobre o proxecto de Sáhara.

Pois Alberto (sendo o voluntario máis xoven) ademáis de ser un excelente orador e compañeiro de charlas (fixo comigo a charla de Peleteiro da cal falarei nalgún momento) fixo estes dous pósters, un para Honduras e o outro para o proxecto de Nicaragua:





E esperamos que próximamente sorprendamos cun rexurdimento, pero será proximamente...

7 may. 2011

O mundo dos stands ou como saber se sensibilizas ou non

Durante as últimas tres semanas o grupo de Sensibilización e Comunicación de Compostela andivemos enroladas cos stands de información sobre o Sáhara, maioritariamente, Nicaragua e Honduras.

Foi unha moi boa experiencia pero quédanos a pequena duda de se conseguimos que a alguén se lle encedese unha luz. Seguro que si. Ademais, este ano, incorporáronse dúas charlas de PCR (ás que agradecemos moito a súa colaboración e dispoñibilidade) e dos proxectos que ESF leva a cabo, dándolle á propia actividade unha maior profundidade, participación e intercambio.

Comezamos co primeiro stand en Xornalismo.



A pesares das expectativas que tiñamos postas nas inquietudes dos futuros xornalistas o stand pasou bastante desapercibido. Algunha ollada fugaz e nunca directamente ao ollos das que estábamos alí, por se intentabamos vender algo.





En palabras da nosa compañeira Carmiña podería resumirse a xornada como “miradas tímidas cara a exposición e a mesa e, sobre todo, unha considerable velocidade do andar ao pasar por diante”.

A nosa segunda xornada, en Xeografía e Historia.



Sen dúbida fixo aumentar o noso ánimo sensibilizador posto que o alumnado desta facultade mostrouse curioso e receptivo ante a información e a exposición que presentabamos.
Como di María, "de algo ten que servir desplegar as nosas armas, e refírome, por suposto ó material!"





Neste día celebrouse a primeira charla impartida por Dinorah que “foi unha forma interesante de adentrarse na realidade dos proxectos de cooperación que ESF leva a cabo. O máis interesante deste tipo de charlas é o feito de poder escoitar de primeira man e apoiada por unha experiencia como se vive e como se actúa no Sur”, segundo explica Carmiña.




O terceiro stand, na facultade de Matemáticas, tamén pasou un tanto desapercibido e corroboramos a idea que María dixera respecto ao ano anterior, cando non hai ninguén detrás da mesa as persoas achéganse con máis tranquilidade e botan un ollo con calma ao material informativo.



E ata tivemos visita!



A Residencia Monte da Condesa acolleu o cuarto stand.




A pesares da entrada e saída continua de xente, non houbo moita xente que se parase a observar con máis detalle o material e a exposición. Este día tamén contamos coa presenza de Maruxa, que deu a charla de PCR aínda que, como nos comenta Carmiña non asistiu case ninguén por mor do partido. Aínda así, a valoración das persoas presentes foi moi positiva.



E por último o stand da ETSE, que supuxo unha tarde diferente e movida.





Carmiña resumiu a xornada: “este tivo de todo… Dende a visita duns cantos profesores a preguntar polos proxectos, a dar o seu apoio e ánimo ou mesmo a darnos a súa opinión sobre as revoltas no mundo árabe, as causas do subdesenvolvemento en África, o Islam….ata unha moi ben levada partida de Parchís-Oca que nos fixo a envexa de todo o que por alí pasaba!”.

E ramatamos un ano máis cos stands. Satisfeitas e contentas polo traballo realizado e esperando que esa información, que se levaron dos nosos stands e da exposición, lles faga pensar e reflexionar... sobre outras realidades.

Redacción: Alba Miranda (en relación ás opinións das voluntarias)
Fotos: grupo SensiCom - Compos

6 may. 2011

Resumo blogueiro mensual: abril 2011

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Nicaragua
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros blogues ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


En abril este blogue cumpliu xa os 3 anos. Foi un mes de moita actividade, comezando por un resumo da Xuntanza da base social de ESF de finais de marzal. Tamén se fala sobre Guinea Bissau, próxima estación do tren esfeiro. Comezan as entradas resumo do que foi o curso de Introducción a cooperación e á tecnoloxía para o desenvolvemento humano en Compostela, e a charla que se deu no IES Saturnino Montojo de Ferrol. O grupo de sensibilización de Compostela está actualizando o seu material de difusión que logo a fin de mes presenta en diversos postiños en distintos lugares do campus universitario, mentres en Ferrol se participa na VII Xuntanza Tecnolóxica, o que da lugar a unha boa entrada de reflexión. Este mes ademais podedes coñecer á nova Xunta Directiva, elixida a finais de marzal na Xuntanza (xuntanza que foi retransmitida en directo por facebook). Non podía faltar a entrada curiosa, comparando a ESF cun coche para que a xente opine en que marcha estamos... Tamén vemos como unha nova proposta de traballo foi presentada para unha subvención, desta vez no eido do voluntariado, cun traballo que é exemplo de uso das TIC para o traballo en grupo dende 3 países e 8 cidades distintas!! Non nos esquecemos da formación, desta volta sobre a Nova Cultura da Auga (con dinámicas interactivas nas que podedes participar dende o blogue), e tampouco dos espazos informais aos que tanta importancia lles damos (vertebración) como a cea que se fixo en A Coruña. Para rematar este completísimo mes de actividades esfeiras se comparte a reflexión do grupo de desenvolvemento agropecuario sobre un tema moi de actualidade, a especulación alimentaria a través de produtos bancarios.




BLOGUE NICARAGUA

No mes de abril poderedes atopar un vídeo onde explíca-se cómo se construen os silos para o almacenamento de cereais que serán utilizados na fase II do proxecto “Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais” que ESF Galicia está a executar en conxunto coa coparte nicaragüense FIDER.




BLOGUE HONDURAS

Neste mes continuou a capacitación sobre o uso de gvSIG 1.10 na que participarán o persoal técnico de ESF Galicia, Amigos da Terra, CODDEFAGOLF e Alcaldía de San Lorenzo, e a unidade SIG da Universidade Zamorano. Tamén tivo lugar na comunidade das Arenas en Marcovia, unha sensibilización sobre a contaminación da auga e as suas consecuencias empregando para iso o teatro. No blog poderedes atopar imaxes e vídeos do evento dinamizado polo Taller de Teatro de Tegucigalpa, que mostran como esta arte escénica é unha ferramenta alternativa para as capacitacións. Ademáis, este mes no blog poderedes atopar o programa do Foro de Ordenamento Territorial en Honduras 2011, que se celebrou co obxectivo de compartir, reflexionar e aprender das experiencias en ordenamento territorial e plans de finca na zona sur de Honduras. E para rematar fortes o mes, un vídeo onde Don Jose Aristedes Najar explicanos como pasou de ser beneficiario dun biofiltro piloto, enmarcado dentro do Proxecto “Abastecemento e saneamento aos caseríos de Las Lajas e El Zapotillo no municipio de Marcovia en Honduras” financiado pola Xunta de Galicia, a construir, capacitar e motivar á población beneficiaria de biofiltros enmarcados dentro doutro Proxecto: “Redución da vulnerabilidade alimentaria e uso racional dos recursos naturais na micro-cunca do río Laure” tamén financiado pola Xunta de Galicia.



BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Son xa tres meses nos que esta-se a impartir o curso de “Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento”. Neste mes poderedes atopar un resumo sobre os temas tratados na sexta, sétima e oitava sesión como foran a Exclusión social e os proxectos de cooperación local, O conflicto somalí e os problemas para o desenvolvemento en África, e un Obradoiro sobre Proxectos de Cooperación.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • Wiki de ESF Galicia. En migración. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • DESTACADO: Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS BLOGUES ISFEROS



OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

ISF no Foro Mundial de Dakar "El agua es un bien común, no una mercancía". Vídeo. 4min 32seg

Comunicación para o (como) desenvolvemento

¿Qué es la comunicación para el cambio social? Vídeo 50min.

Consumo responsable

Bioconstruirme: blogue de bioconstrucción en Galicia

Cooperación e ONGD

Estatuto do cooperante

Educación para o desenvolvemento

Conto de blancaneves

Iniciativas

Jóvenes creadores de cambio (joveneschangemakers)
Open source ecology


Investigación para o desenvolvemento 

Instituto de Estudio sobre Conflictos y Acción Humanitaria
Análise SIG Libre aplicado á Cooperación ao Desenvolvemento. Reflexións sobre datos dos axentes de cooperación en Galicia Vídeo 27min 57seg

Mundo

La noche temática - La batalla de Chernóbil  Vídeo. 1h 33min

Políticas e modelos de desenvolvemento

Propostas para unha Coruña sen petróleo
Poblaciones en Transición. Transición y decrecimiento. Un camino común

Sensibilización

Mareas Migratorias
Indignados, pero aún poco movilizados

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

¿Conoces los costes ocultos del cultivo de transgénicos?
Déjennos trabajar y alimentaremos a África
Sin soberanía alimentaria, no hay soberanía política
State of the World 2011: Innovations that Nourish the Planet

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Guifi.net. Red abierta, libre y neutral. Internet para todos.
'¡Copiad, malditos!': caminos alternativos al 'copyright' Vídeo. 58min 26seg
Internet en pocas manos

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 


NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO


- América sumergida. Impactos de los nuevos proyectos hidroeléctricos en Latinoamérica y el Caribe. ISF Cataluña e ICARIA.



E NO PRÓXIMO MES ...








A ESF-RASE DO MES

"O ser humano chegou a ser, por así dicilo, un deus con próteses; bastante magnífico cando se coloca todos os seus aparatos, pero estes non crecen do seu corpo, e ás veces lle procuran moitos sinsabores".
Sigmund Freud

5 may. 2011

TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE!!

Hoxe na túa cidade pregunta aos políticos polos seus programas en xustiza social, cooperación e medio ambiente!!!!

4 may. 2011

ECONOMÍA SOSTIBLE, VEN A FERROL E PARTICIPA!!!

Unha vez máis, a sede de Ferrol participa, xunto con outras asociación da zona, nunha serie de actividades de sensibilización sobre economía sostible.

Quen as organiza?
Axuda en Acción, ESF Galicia, A.C. Fuco Buxán, ONG Lena, Mundo Cooperante e Solidariedade Internacional de Galicia; xuntos formamos a Rede Social Ferrolterra dende hai xa tres anos.

Onde e cando?
O venres 6 de maio, en horario de 17.00h a 21.00h, na Praza de España de Ferrol
Que vos atoparedes?
Obradoiros de reciclaxe e elaboración de xoguetes, música, xogos e dinámicas para nenos e adultos, exposicións e degustación de productos de comercio xusto.



VEN E PARTICIPA!
Agardámosvos...

3 may. 2011

Proxecto Rios, sábado 7 de maio, anímate!!!

ESF convídavos este sábado, 7 de maio, a vir con nós ao Proxecto Rios, nesta entrada do blogue [1] podedes ver a anterior visita e aqui [2] tedes máis información.

Dunha forma sinxela, ESF colabora con Adega, ca "adopción" dun pequeno tramo de río onde imos facer unha serie de observacións (vexetación, fauna, estado da auga, etc) para despois facer un pequeno informe. Pero basicamente para ESF o proxecto Rios é unha oportunidade de sair da nosa contorna, ampliar miras e sobretodo comer unhas empanadas e botar unhas risas. O que no noso argot se conoce como "vertebración" ;-)

O que soemos facer é quedar pola maña, en torno as 11 da maña (a hora está por concretar) e acercarnos ao río Tambre, a Ponte Albar, a uns km de Santiago. Pola maña facemos as observacións, recollida de lixo, medicións, etc para despois ir a área recreativa de Chaian a comer unhas empanadas. E despois retornar a Santiago ca barriga chea! jeje

Animáte!!! se podes/queres vir, tes que avisarnos para a loxística, e así establecer o nº de coches necesarios e empanadas a mercar ;-)


[1] http://esfgalicia.blogspot.com/search/label/proxecto%20rios

[2] http://www.proxectorios.org/

2 may. 2011

Curso de TCpDH en Lugo: O imposible, posible...

Fai agora uns tres meses, o noso coordinador Anxo propúxonos organizar un Curso de ESF. A verdade é que non éramos moi conscientes de todo o que supoñía, para ben e para non tan ben, cando lle dixemos que si.

Os poucos días, xa estabamos os seis voluntari@s (cinco novatos) da sede de Lugo dándolle voltas ó programa de cursos anteriores para ir atopando solucións. O principio non sabíamos por onde empezar: si polas datas, o local, os poñentes, o programa...vaia caos! Menos mal que tiñamos a Anxo que nos ia indicando os pasos para facer todo o necesario para o curso. A verdade é que sin a súa organización e o apadriñamento da sede de Compos (gracias Patri!!) malamente, por non decir que nin de coña, poderíamos ter realizado este curso.

Foron pasando as semanas, e o imposible íase tornando posible. Cando faltaban uns cantos días, tiñamos pechado o programa cos poñentes do primeiro fin de semana e practicamente o do segundo. Só quedaba que se cumplira o esperado e que os alumnos que se apuntaran pola web asistiran finalmente ó curso.



O IV Curso de TCpDH arrincou. Montamos todo o necesario para as ponencias, os alumnos e os descansos. Todo saíu bastante ben, con moitas pequenas cousas que ir mellorando (a organización dos descansos para o ansiado café, a presentación dos poñentes...) pero co fundamental rodando.

Os alumnos superaron con creces as nosas expectativas; involucráronse moito, participaron e creouse un moi bo ambente. Só cabe dicir que rematamos o curso tomando unhas sidrinas escanciadas por Julio, un alumno. En canto os poñentes...chapó! Todos estiveron moi comprometidos e foron grandes coñecedores dos temas que nos viñeron ensinar e reflexionar. Fixeron que a xente participara e se sentira agusto. Gracias a todos!



Este bo inicio viuse continuado no segundo tramo do curso. Seguimos aprendendo e disfrutando de todo o que nos transmitían os poñentes e os alumnos. Intentamos mellorar algunhas cousiñas e fumos tomándo todo con máis calma e confianza.



Despois de pensar en todos os momentos de agobio, os días de reuníons, as moreas de correos a poñentes, os madrugóns dos domigos...compensan con creces as satisfaccións que nos deu poder organizar e mostrar a xente este xenial curso. Sobre todo, valoramos a experiencia vivida, o compañerismo creado entre os voluntaria/os da sede e a oportunidade de coñecer a persoas tan tremendas e que nos aportaron tanto.



Mil gracias a todos os que nos axudastedes a que esta andaina rematara tan ben. Vémonos!!