28 dic 2011

Crónica del magosto de ESF-Compostela

Aquí podéis ver dos visiones del "magosto más largo del mundo" (con 2 o tres retrasos, al fin se hizo, justo a tiempo para acoger a gente de distintas sedes esfeiras, gente que pasaba por allí e incluso a participantes y ponentes del Curso de Soberanía Alimentaria que salían de su segundo día, algunos de los cuales conocieron por primera vez esta fiesta tradicional gallega tan vinculada a la soberanía alimentaria de Galicia).

--------------------------------------------
Adela

Tras tener que suspender el magosto varias veces por causa de las inclemencias del tiempo, el 8 de Noviembre por fin pudimos celebrarlo. Aunque el tiempo no fue el más adecuado (la llovizna nos acompañó todo el tiempo) nuestra ilusión y sobre todo, nuestro tesón consiguieron que pudiéramos hacer las brasas que servirían para asar las tan esperadas castañas.

Desde la tarde estuvieron Belén, Carmiña y Sara preparándolo todo delante de la facultad de farmacia para que a las 19:30 pudiéramos comenzar. Las castañas se hicieron de rogar pero mereció la pena esperar. Hasta el magosto se fueron acercando, además de las voluntarias y voluntarios de la sede de Compostela y Coruña, algunos estudiantes del campus que, además de probar las castañas, se llevaron consigo información sobre nuestras actividades y un trozo de jabón hecho con aceite usado y las instrucciones para poder hacerlo en sus casas. Y ya avanzada la tarde, nos animamos con la pandereta y hasta improvisamos una pequeña foliada.

¡El año que viene repetiremos, pero esta vez con sol!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
María

Pode parecer incrible, pero si. Por fin se celebrou os ansiado MAGOSTO ESFERO!!!
Fíxose de rogar, pero é que as cousas que máis gusta son as que máis costa facer!!
O tempo non se poñia da nosa parte, e ainda que tivemos algún momento no que o paraugas nos acompañou, esta vez si que puidemos prender o lume e asa-las castañas!


O lugar escollido foi o parque de diante de farmacia, ese lugar que tantos encontros eseferos tivo. Pode ser declarado oficialmente como o lugar de encontro alternativo de ESF.
A nosa aventura de outono comezaba ás 19.30 de maneira oficial, pero o traballo escondido das voluntarias xa comezara moito antes xa que Chaleo, Belén, Carmiña, Sara...foron as encargadas de recolectar o amterial necesario apra que dita xuntanza saise ás mil marabillas!!
Ainda que tamén tivemos axudantes alleas!!!

Como non todo ía ser festa tamén contábamos cun improvisado stand acomodado entre a furgoneta de Sara e a mesa cedida por Alfonso, así todos os que nos visitaran podían informarse sobre a asociación e sobre os proxectos e activiades que levamos a cabo.
Sara tamén foi a encargada de traer consigo o "xabón caseiro" que ela mesma elaborara e a receta de como facelo para que quen quixese levase un trozo e as indicacións.
A verdade é que entre voluntarios da propia sede, de sedes veciñas como a da Coruña e estudantes da USC ainda se formou un bo grupo...

Cando as castañas ían saíndo non faltaban os tradicionais cucuruchos, que tras salvarse da auga esperaban ser a base das ardentes castañas.
Xa chegando ao remate houbo algún que outro voluntario que se arrincou a empregar a "parrilla" das castañas para uns chourizos que envoltos en papel albal como si de avoas de cociña de ferro se tratase, puxeron punto final a unha tarde de magosto compostelán.
Entre risas e felicitacións polo traballo realizado, recollimos todo como boas e responsables persoas e despedímonos coa promesa de que o ano que vén repetimos seguro!!

26 dic 2011

Sobre campañas y modelos de comunicar. And the winner is...

Hablamos sobre tres campañas que tuvieron bastante éxito de cara a fin de año:

La idea era comentar cual nos gustaba más y cual menos y por qué

-----------------------------------
Participante 1

Ola! A min o de MSF paréceme bastante impactante, e está claro que tirando de caras coñecidas a difusión é brutal (ademais teñen no youtube unha chea de "berros", ata está o de Xoel López!). O de Intermón tamén está guai, pero pra min o mellor é o último, o da campaña ECOM! É súper bo! Encántame o de usar música, a forma de ir cambiando os decorados,...todo!! é xenial!!

-----------------------------------
Participante 2

Finalmente as vin fai un rato e para min a mellor probablemente é a de MSF por impactante e orixinal, sen ter en conta que as caras coñecidas axudan na difusión, como dixo Participante 1 ;-). O de Ecom tamén me gustou, inda que eu penso que na escenificación estaría ben que representaran o modo de superar os problemas que teñen esas persoas (apenas saen un par delas). O de Intermón, pois non me tiña moi boa pinta, pero ao final tamén me parece bastante bó, inda que probablemente o peor dos tres.
-----------------------------------

Participante 3

Pues a mí la de MSF no me gustó na. Suena a.. pastillas para olvidar el dolor ajeno. Las compras y se pasa, te olvidas.

o pastillas para aliviar conciencias

----------------------------------

Participante 4

Eu opino como Participante 3. Igual é un bo método para recaudar fondos pero eu non consideraría eso sensibilización.

----------------------------------

Participante 5

Mmmm. A ver se consigo explicarme (isto significa, preparádevos: parrafada)

MSF: Carai, a min gustoume; pero teño bastante claro que o obxectivo da campaña non é a Sensibilización tal e como a entendemos nós (que quizais nos achegamos máis á idea de proceso), senon conseguir que a xente participe da campaña de MSF mercando esas pastillas. Eu enténdoa como unha fórmula máis moderna da Recaudación de Fondos. Todo un éxito (vendéronse 3 millóns de pastillas). Pero é o perigoso de vincular a sensibilización aos cartos, que se pecha o diálogo co receptor. Á pregunta de "e como podo contribuir a cambiar minimamente iso?" contéstaselle "mercando as pastillas". E punto. De todos modos eu lin a mensaxe como un xeito de ligar dores, o cal me parece moi interesante; igual ninguén pensou nunca "canto me doe que a xente morra?" e vendo eses berros (mimá o de Tosar é moi desgarrado) eu penso que a resposta xa comeza a plantar unha semente. O problema véxoo na resposta. Non é vincúlate, nin infórmate, nin abre os ollos. É merca.

ECOM: Gustoume. Pero tamén levo moito tempo metida en temas de sensibilización destes colectivos. A min ocórreseme que ao igual que se intenta "normalizar" a este colectivo no día a día, tamén sería interesante "normalizar" as propias discapacidades. Falando con xente de Radio Nikosia (colectivo radiofónico de persoas diagnosticadas con problemas de saúde mental) aos que lle fixen unha entrevista dixéronme: "Nosotros creemos que todos los seres humanos tenemos ciertas dificultades para sobrellevar la vida, por lo que todas las personas seríamos en cierto modo discapacitados. Desgraciadamente, las personas tendemos a pensar que las taras físicas, emocionales, etc. son exclusivas de los demás". Gustaríame comenzar a enfocar a comunicación por aí, aínda que é super arriscado! Creo que o egoísmo, a incapacidade de querer, a falla de empatía, a ambición mal entendida ou a maldade en termos xerais son discapacidades invisibles que non estigmatizan, pero que nos discapacitan como persoas. (barrenada)

INTERMÓN: Está guai desligarnos xa das mensaxes de victimización que nos fai inmunes a ese dor alleo da primeira Campaña. Tamén aí o obxectivo está claro, non? E o consigue: "moitas grazas persoas occidentais que viaxades en metro por ser socias de Intermón, porque o mundo está a cambiar grazas a vós". Falacias. Moléstame moito que nunha única campaña se elimine a nosa culpabilidade na situación das desigualdades internacionais. Non me aportou nada a min, persoa xa concienciada, pero creo que chega bastante ben ao público en xeral.

-----------------------------------------

Participante 1

Carai Participante 5! nada de parrafada! a min polo menos encántanme as túas reflexións! Grazas por compartilas! :)

Por certo o de "todos los seres humanos tenemos ciertas dificultades para sobrellevar la vida, por lo que todas las personas seríamos en cierto modo discapacitados" é xenialísimo! ;)

23 dic 2011

Debatemos: as TIC tamén poden ser verdes?

El artículo de Masticable Nos movemos a servidores alimentados 100% por energías renovables generó un pequeño debate entre la gente interesada en TIC de nuestra sede de Vigo.

----------------------------------------------
Participante 1

3 ideas:
- Los sitios donde venden solamente ordenadores con Linux SON CARÍSIMOS :P
- BSD también es de Dios... digo... software libre (y se usa extensivamente en servidores) lo digo por lo de no ser Linux-céntrico en los artículos.
- y si nos ponemos realmente picajosos... CANADÁ?? Habría que valorar, si la mayoría de los visitantes de la página son españoles, la energía que se gasta en mover los datos desde tan lejos... No hay un hosting "verde" en España? (jóvenes emprendedores, aquí hay nicho!! :P)

----------------------------------
Participante 2

Sobre "hosting verde":
Informática Verde » En busca del hosting verde

Al parecer, en Europa hay alguna cosilla.

---------------------------------
Participante 3

Me parece muy interesante el planteaminto de hosting cercano... la
verdad es que las comunicaciones tienen que tener un impacto brutal.
Aunque también es cierto que tal como está "organizada" Internet es
difícil meter mano por ahí.

--------------------------------
Participante 4

É un tema pouco tratado a nivel opinión pública (non é tan visible e criticable como por exemplo o tema do coltán), pero igual habería que tratar de ser cada vez más consciente do impacto que ten... Sabiades que actualmente o 1,2% do consumo mundial de enerxía proven de tecnoloxías da información (vin outras fontes que decían o 2%)? No 2020 disque emitirán máis CO2 os centros de datos que a aviación comercial...

21 dic 2011

Autocensura e a erótica do aplauso

Debe ser algo instantáneo, froito do segundo no que o micrófono se pousa nas nosas mans e debemos falar cara un auditorio formado por milleiros de persoas. Nese mesmo intre debe empezar a autocensura oratoria, que obriga a xerar discursos febles e baleiros co fin de regalarnos ao revigorizante son dos aplausos.

Debe ser isto o lle pasou ao presidente da Plataforma Estatal do Voluntariado no seu discurso de clausura do XIV Congreso Estatal de Voluntariado que se celebrou en A Coruña os pasados días 29 e 30 de novembro e o día 1 de decembro. Entre os ilustrísimos asistentes atopábanse os Príncipes de Asturias (nun momento de escándalo maiúsculo na Casa Real), e o presidente da Xunta de Galicia (nun momento de variacións na Tarxeta Sanitaria que ía a afectar moi negativamente ás persoas sen recursos). Tanto Alberto Núñez Feijoo coma o príncipe Felipe pronunciaron cadanseu discurso, tan insulsos como adoita ser habitual pero cargados de intención, polo menos no caso do presidente, ao enunciar sentencias do tipo “Hai unha sociedade que detecta unhas necesidades e se pon en marcha, sen esperar a que a administración resolva todos os problemas. Grazas a ese dinamismo, o sempre limitado Estado do Benestar, pode acercarse a unha Sociedade do Benestar que só é posible co compromiso solidario”.

O discurso do presidente da Plataforma Estatal do Voluntariado (única voz pertencente ao sector autorizada para falar nese encontro, xa que nin as persoas premiadas nos “Premios Estatais de Voluntariado” nin o público asistente tiveron ocasión de pronunciarse) quedouse, dende o meu punto de vista, en inconcretas intencións. Foi vencido pola erótica do aplauso e por unha censura que eu entendín como autoimposta (é o noso Congreso, son os nosos premios, estamos na casa nun evento que é noso, non debiamos permitir censuras externas). No medio de axustadísimos axustes que van repercutir en primeiro lugar aos colectivos en risco de exclusión (público ao que se deben as entidades de acción voluntaria), facer un discurso politicamente correcto pareceume a máis dura das afrontas cara ese público. Como non se lle botou en cara a Feijoo a súa política sanitaria? Como non se lles deixou claro ás persoas representantes da vida política alí presentes que o labor voluntario que se está a levar hoxe en día no Estado español non é motivo de orgullo político senón de auténtica vergonza? Estaba nun espazo privilexiado, cun palco de prensa cheo, falándolle á cara a dirixentes, persoas con voz e cun voto político real e vinculante, que non se sentiron incómodas nin un só segundo. Merecían remexerse na butaca. Merecían mirar cara outro lado ou poñer cara de circunstancias, como o alcalde de Barcelona de CIU, cando lle entregou a medalla de honra da cidade a María Ruiz Martos.

Faltou discurso crítico, un posicionamento claro do voluntariado que, se ben é certo que se trata dun concepto no que se integran moitísimas prácticas distintas, debe existir un pronunciamento común que defenda que o voluntariado non debe suplir nunca ao traballo político de dotación de servizos básicos de carácter universal.

Non imos polo bo camiño. Aquí está a temida noticia: O alcalde de Manzanares despide aos seus traballadores e traballadoras sociais e propón o traballo voluntario para soster os servicios sociais.

Sen ánimo de seguir dando a miña repetitiva opinión con respecto a este tema; a cantas persoas máis lles gustaría que o alcalde renunciase ao seu cargo e o levase a cabo de xeito voluntario como compromiso adquirido coa súa municipalidade? Ironías a parte, se ten a suficiente valentía como para propoñer esa medida, que menos que dar exemplo.

14 dic 2011

Entrevista a Tomás Bande Sánchez - CUAC FM

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a  Tomás Bande Sánchez, voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na Sede de Lugo,  emitida no programa "Voces ao Ar" de Cuac Fm (Emisora Comunitaria da Coruña) o 14 de decembro de 2011.
Durante a conversa, Tomás explica e promociona o Curso de Soberanía Alimentaria que se celebrá en Lugo os días 16, 17 e 18 de decembro de 2011; organizado por ESF Galicia.

Cambio coordinación Sede Santiago

Tras a marcha de Elena Eijo a finais do curso pasado e tras uns meses onde o grupo de voluntariado asumeu parte das funcións de coordinación de sede, pois oficialmente xa temos nova coordinadora de sede... Adela Fernández, unha das históricas da sede polo tanto ben coñecida pola asociación. Aínda así, se hai algunha/algún novata/o, aqui vos deixamos unha fotiño para que lle poñades cara...

Por outro lado, durante a última reunión de sede (algo así como a asamblea casi mensual de Compostela) decidiuse que as tarefas mínimas que vai asumira a coordinación serán:
  • Convocar as reunións de sede (xunto con voluntariado).
  • Ser a persoa de referencia para o resto de ESF

Asique se queredes saber calquera cousas da sede de Santiago ou precisades calquera información, xa sabedes a quen preguntar...

E agora que comenza unha nova etapa dentro de Compos non hai que esquencerse da anterior coordinadora, Gracias Elenita!!! sorte na túa nova etapa post-universitaria.

¿Os sentís guerriller@s?


[...] menciona a cada momento lo difícil que le resulta entenderse con los campesinos. Pero no es de extrañar. Él proviene de una familia burguesa argentina, es blanco y habla en español. En cambio el campesino al que espera es indio, sólo habla quechua y desconfía de los blancos, que lo han explotado durante siglos. Ese campesino de la desértica y olvidada provincia boliviana -que está tan alejada de la civilización moderna como la luna de la Tierra- no quiere luchar contra la corrupta dictadura del presidente Barrientos, porque ha oído decir que hace algún tiempo dicho presidente se presentó en una aldea y regaló a todo el mundo un par de zapatos. Los zapatos son el gran sueño de los campesinos. ¿Qué les pueden ofrecer los guerrilleros?

Además, los guerrilleros han llegado de la ciudad o de otros países. En cambio los soldados que los combaten son chicos de las aldeas vecinas. Indios que hablan quechua. Cierto que los oficiales son hombres blancos y han recibido instrucción en academias norteamericanas. Pero el “ranger” raso es hijo de campesino, nacido y criado en sus mismos pagos. En ese territorio desértico, yermo y pedregoso en el que los guerrilleros se pierden a cada momento y nunca están seguros de si van en la buena dirección, los soldados se sienten como el pez en el agua. Conocen cada piedra, cada quebrada. Allí habían jugado de niños, por aquel sendero iban a buscar agua. [...]

Ryszard Kapuściński. Cristo con un fusil al hombro.

¿Qué hacer para no sentirse “guerrillero” cuando se trata de trabajar el enfoque de derechos humanos? ¿Tenemos esta sensación cuando hablamos de derecho humano al agua, o de soberanía alimentaria, software libre y tecnología para el desarrollo humano o de equidad de género a nuestros socios locales o a las personas de las comunidades donde trabajamos ? ¿Cómo abordar esta brecha cuando a veces simplemente es brecha de concepto (ya que en realidad ya se está trabajando con ese enfoque pero no se le había puesto nombre, como nos ha pasado en soberanía alimentaria en Honduras) o cuando es más algo profundo (como puede ser el enfoque de género, donde técnicos que en sus visitas a campo para hacer extensión agraria a familias solo hablaba con el hombre nos decían que ellos tenían el enfoque de género muy interiorizado...)?

Otra reflexión/pregunta a mayores sería la de los “guerrilleros internos” dentro de cada institución que promueven temas como los comentados antes y muchas veces se sienten bastante solos, aunque hacen mucho para favorecer la coherencia institucional. Por ejemplo cuando se habla de consumo responsable la coherencia institucional se demuestra en pequeñas cosas como usando productos de comercio justo en los refrigerios de los talleres, o hablando de tecnología para el desarrollo humano usando software libre. Estos asuntos de coherencia institucional no son triviales en las asociaciones, y la acción ejemplarizante debería ser también una de las banderas en el sector de las ONGD.

10 dic 2011

Entrevista a Sabela Pan Taboada - Radio Voz

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Sabela Pan Taboada, secretaria da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Con Voz de Sábado" de Radio Voz o 10 de decembro de 2011.
Durante a conversa, Sabela explica a súa experiencia como PCR en Honduras así como algunhas das actividades que realiza ESF Galicia, especialmente promocionando o Curso de Soberanía Alimentaria que se celebrá en Lugo os días 16, 17 e 18 de decembro de 2011.

7 dic 2011

Un mundo desigual 2011

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, canto máis se son moitas e en movemento. Aí van os video do curso Un Mundo Desigual 2011, organizado en Vigo.

http://tv.uvigo.es/serial/index/id/1165

5 dic 2011

Resumo blogueiro mensual: novembro 2011

CONTIDOS

Blogue de Vida Asociativa
Blogue Nicaragua
Blogue Honduras
Blogue materia de cooperación da UDC
Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
Outros canais ISFeros
Outros enlaces de interese
Novas publicacións en papel
E no próximo mes ...
A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


En novembro houbo moitísima actividade neste blogue: actividades informais (un magosto que ao final si se fixo e un reencontro do grupo de sensibilización en Compostela), un completo resumo da mesa redonda sobre a lei de augas de Galicia que se organizara a finais de marzal, tempo para reflexionar sobre voluntariado "divertido", participar no proxecto Ríos como cada primaveira e outono e presentar os contidos da xuntanza-Asemblea Xeral de ESF que houbo en novembro en Neda (grazas á organización da sede de Ferrol!). Tamén podedes leer un exhaustivo resumo en tres entregas dos tres días do curso de Soberanía Alimentaria (con diversos enlaces a material de interés sobre o tema mencionado no curso) organizado pola Coordinadora Galega de ONGD, así como a crónica da reunión anual da Federación ISF (máis coñecida como Cósmica). O grupo de sensibilización de Compostela cóntanos a súa historia (atréveste a continuala?), e a Xunta Directiva de ESF cóntanos de que estiveron falando en outubro. Ademais podedes coñecer o posicionamento sobre Soberanía Alimentaria que se aprobou na Asemblea de ESF. Remata o mes cunhas charlas sobre a experiencia de Alicia (PCR de Agro-sensibilización) e un par de debates: un sobre minieólicas e autoabastecemento enerxético e outro sobre variedades agrícolas híbridas axeitadas.



BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña aínda se irá facendo antes de pechalo indefinidamente.



BLOGUE HONDURAS

Neste mes de novembro, cos últimos días de estancia das persoas participante no PCR neste 2011, vese gran movemento no blogue. Acabábamos outubro falando co noso socio local CODDEFFAGOLF sobre "de quen é a terra", e comezamos novembro falando sobre auga e medioambiente nas escolas do concello de Coray. Tamén se falou sobre problemática do acceso á enerxía na zona de traballo para rematar cunha reseña sobre os danos causados nunha das comunidades dos proxectos polo temporal de outubro-novembro.



BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso (en marzal de 2012).




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS CANAIS ISFEROS



OUTROS ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)



Tecnoloxía para o desenvolvemento humano



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • DVD de curtametraxes: "Minar" e "Sempre foron cinco". ACSUR Las Segovias Galiza.
  • CD con documentos variados sobre o conflicto no Sahara Occidental.


E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

"Desexo que atopedes un motivo de indignación. Iso non ten prezo. Porque cando algo nos indigna, convertémonos en militantes, sentímonos comprometidos e entón a nosa forza é irresistible".
Stéphane Hessel



4 dic 2011

A posición de ESF sobre dereito humano a auga e saneamento

Posicionamento de ESF Galicia en temas de dereito a auga potable e saneamento (común de toda a Federación ISF). Aprobado hai xa 2 anos.
Lembrade que todos os posicionamentos son susceptibles de revisión, non se trata de algo inmutable.

Debate: seguridade e hixiene na agricultura ecolóxica

A raíz deste artigo (La agricultura convencional es más segura que la ecológica de Andrés Canut, jefe de microbiología de Santiago) xurdiron algunhas reflexións no grupo de desenvolvemento rural de ESF Galicia.

--------------------------
Participante 1

Ummmm....non mo creo....dudo no aspecto bioloxico, pero teño claro que o producto ecoloxico sabe mellor....o do esterco contaminado contrrresta a cantidade de quimicos k poden ter as leitugas industriais e ademais dende sempre se lle botou esterco, ah...e as semillas k sexan autóctonas k aquí temolas dabondo (ou tiñamolas).....¿Este Canut non estará subvencionado by Monsanto?

------------------------
Participante 2

Non se debería xeralizar. Supoño que o señor Canut sabe moito de microbios e pouco de químicos: http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/un-estudio-halla-76-contaminantes-en-sangre-de-los-eurodiputados-de-ue_133805.html

--------------------------
Participante 3

Artigo de réplica

--------------------------
 
E vos, qué pensades??

2 dic 2011

Aberta a matrícula para o curso de Soberanía Alimentaria en Lugo!

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza un curso sobre o desenvolvemento rural, comercio xusto e soberanía alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións do campus de Lugo (espera da confirmación). O curso estará dividido en tres xornadas, venres 16 pola tarde (16:00-20:30) e sábado 17 (9:00-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 18 (9:00-14:00 e 16:00-20:30). Se realizará na Residencia pública Bal e Gay da USC, en Lugo.

Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, ás/os formadoras/es e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación!
A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!