28 nov 2011

Reflexionando sobre minieólica e autoabastecemento enerxético

A raíz de descubrir a existencia de AEMGA, asociación de Enerxía Minieólica de Galicia, o grupo enerxía de ESF comentou algo deste tema (algo se fixera xa en Ferrol, cun proxecto fin de carreira).


------------------------------------------------------------
Participante 1

Eu lin nalgún lado que estaban traballando en pequenos aeroxeradores para poñer nas cidades, que fixeran pouco ruido (un dos principales inconvenientes deste tipo de enerxía nos núcleos urbanos). Creo que en Reino Unido teñen nalgúns pobos este tipo de aparellos nas rúas que teñen maior corrente de aire. A idea é poñelo nas azoteas que estén máis descubertas (non tapadas por outros edificios) e nas farolas e postes das rúas.
Este tipo de enerxía xunto cos paneis solares é interesante para facer de cada edificio unha central enerxética, que se abasteza a si mesmo ou produzca máis electricidade para integrala na rede.

O seguinte enlace mostra a idea dunha nova "revolución industrial"

Entrevista a Jeremy Rifkin, per Marina Meseguer (La Vanguardia.com)

-----------------------------------------------
Participante 2

vaya, muy interesante la entrevista... De los 5 pilares que menciona echo de menos alguna referencia a la responsabilidad en el consumo (me parece que es excesivamente "tecno-optimista", aunque me gusta que tenga tan claro que hay cosas muy concretas e importantes que no se cambian por falta de voluntad política y los intereses de unos pocos...)

-----------------------------------------------
Participante 3

A min me parece unha idea macanuda. Son dos que pensa que, de dispoñer do lugar adecuado polo tema do vento, a minieólica ten vantaxes sobre a fotovoltaica a pequena escala ó nivel tecnolóxico que está esta última e parece que a idea é que canto mais grandes os molinos mellor, pero que igual non é así.

Respecto ó artigo dende logo que fai falla una revolución enerxética global, pero antoxaseme unha revolución mais "social" ca "tecnolóxica". Os primeiros pasos son un mellor uso da tecnoloxía actual, diseminar a xeración de enerxía (e non a política de cada vez centrais mais grandes e mais afastadas) e por suposto o tema do consumo responsable e a eficiencia enerxética (o mais barato, fácil e inmediato)

------------------------------------------

Participa no debate! E ti que opinas?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

qué buena pinta!!! =)

Anxo dijo...

Boas chego tarde, pero gustaríame dar a miña opinión.
Paréceme interesante o artigo e tamén a reflexions dos debates.
O problema máis grave da enerxía eléctrica, na miña opinión, e que non rentable almacenala e no transpote perdese un porcentase moi alto. Calculase que en España perdese entre o 25 e o 30% da eléctricidade entre a producción e o consumidor.
Existen un mogollón de iniciativas en microeólica interesantes, muíños de vento de eixo vertical que funcionan moi ben en cidades,tamén de eixo horizontal cunha estructura parecida a un envudo que funciona de medo nas zonas do litoral, que aproveitan a brisa do mar para producción.
Pero existen dous factores básicos, o primeiro técnico, a calidade de onda sinoidal eléctrica producida(seguro que alguén de industriales fala con máis propiedade), os muíños de vento non producen eléctricidade de calidade, iso exise realizar correccións.
O segundo é o consumo dende as persoas e o transporte, como a enerxía costa moito almacenala o mellor era facer un consumo racional dela, e por iso considero moi interesante iniciativas deste tipo porque poden reducir os picos de consumo e sobretodo reducir o transporte, pero o cambio debe xurdir das persoas dende a concienciación.
A consecuencia deste cambio pode ser unha sociedade máis responsable enerxéticamente e implicada, para poder loitar contra os lobby enerxéticos e devolver a sociedade a súa soberanía enerxética