9 jun 2011

Vinde á Xuntanza Extraordinaria para a Planificación Estratéxica

Hoxe temos esta entrada superimportante na blogue corporativo para recordarvos a todos aqueles que participades do mundillo de ESF, activamente ou como espectadores, que esta sábado temos Xuntanza Extraordinaria. A motivación principal da xuntanza é a planificación estratéxica, pero tamén aproveitaremos para tratar outras cousas, unha delas, a vindeira Asamblea da Federación de ISF.
Como non é cousa de atorarnos nun día así "a lo loco" planificamos o seguinte horario. De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30. De todos xeitos en función dos presentes e dos que confirmen asistencia, podemos modificar a cousa alí mesmiño ao comezarmos.
Entón, sobre a plani temos previsto para este sábado a realización dunha chea de debates, vai ser unha xornada unica e exclusivamente de reflexión, de xeración, intercambio e consolidación de ideas e formas de ver ESF.  Unha xornada de pensar!!! 
  • Hai moito que debater e non teremos tempo de miralo todo, pero de entre os seguintes debates e algún máis tocaremos os máis interesantes.  Debatiremos sobre  a eficacia dos PICD, anosa comunicación (externa e interna), o papel dos socios, o papel dos voluntario nas asembleas, o modo de nos financiar (a Xunta-dependencia), a necesidade de posicionarnos publicamente como colectivo, o exceso de procedimentación, a flata de planificación, o traballo en rede, a investigación para o desenvolvemento, os pros e os contras dos "dinosaurios" en ESF, o papel da Xunta Directiva, a dependencia das unis, a calidade e o contido da sensibilización que estamos a realizar.
  • Ademais faremos unha dinámica para priorizar as reflexións agrupadas nun DAFO que os diversos grupos e o conxunto dos voluntarios traballástedes nos primeiros meses deste ano.
  • Se nos sobra tempo poderemos intercambiar algunha outra idea, porque a plani ainda ten moito que dar. Ainda temos que definir as nosas orientacións e a nosa visión conxunta para os vindeiros anos. Xa vos adiantamos que para outubro haberá outra xornada de debate :)
E tamén falaremos da federación, en torno a algunha (non todas) das cuestións que se van tratar na asamblea federal, a seguir:
  • A renovación dos Estatutos federais
  • Novo logo
  • Nova sede da Federación
  • Novos vogais, e normativa para eles
  • Debater sobre representantes federales
  • Financiación: estado e problemas varios
  • Nova figura de simpatizante federal 
Por iso, compas, contamos coa vosa presenza pasado mañá sábado 11 de xuño ás 10 na aula 5 da ETSE en Compostela. O que non poida ir todo o tempo, non pasa nada, chega con que se achegue un ratiño e aporte o que poida. Recordade que a planifiación estratéxica define o noso camiño, non podemos deixala de lado se queremos "autodeterminarnos". Porque senón teremos aquel problema co cociñeiro que nos contou Galeano nun interesante conto.

Para confirmar asistencia ou calquera cousa, porfa falade comigo (se chegades e está pechado por arriba dádeme un toque e vos abrimos por abaixo).

santi.giron ARROBA gmail.com ou no teléfono 645.452.712.

Biquiños, Santi.

No hay comentarios: