22 jun 2011

I Xornada de Consumo e Economía Responsable

Boas!!!

Como sabedes o pasado venres 17 de xuño tivo lugar na Galería de Sargadelos de Ferrol a "I Xornada de Consumo e Ecomomía Responsable" que organizamos a sede de Ferrol, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Por orde de intervención puidemos contar con Natalia Fernández, membro do GAT de ESF que nos falou sobre "Economía Responsable e Banca Ética" onde nos incitou á reflexión desengranando termos como economía (a súa orixe etimolóxica provén do grego e significa administración do fogar, curioso!), cartos ou banca, prestando especial atención a como esta última emprega o noso diñeiro en prácticas pouco lícitas como o armamento. Logo pasou a explicar que era eso da "banca ética" e cales son as diferenzas ca tradicional; ademais de mostrarnos as alternativas coas que dispoñemos: Fiare, Coop57, O Peto, Triodos Bank... e cales son as caracteríticas principais de cada unha.

Pola contra Daniel Vilaque veu acompañado e apoiado por Adrián e Éric, membros do grupo Enerxía de Vigo; mantendo a harmonía da reflexión que iniciu Natalia, pasou a explicar que nesta era de consumo exacerbado no que vivimos as cousas, e sobre todo a teconoloxía, están fabricadas cunha data de caducidade programada para que se estropeen, e así poudamos mercar outras e con elo seguir có ciclo do consumismo "do máis e máis". Esta análise por outra banda está directamente relacionada con outro consumo, o enerxético, posto que se emprega máis enerxía na producción de este produto que no seu uso. Por exemplo se non recordo mal no caso dun portátil só aproveitamos como usuarias/os sobre un 10%-20% da enerxía, méntres que o resto se desbota no proceso productivo! e a todo isto hai que engadir o lixo xerado, o coltán có que se traficou, as licenzas de Windows que se pagan... Unha vergonza vamos!
A súa intervención tamén estivo aderezada con consellos para o aproveitamento enerxético e exemplos de prácticos como as cociñas melloradas e os biodixestores.

Miguel Teixido, secretario da Cooperativa Agroalimentaria Eume, centrou a súa conferencia cara o concepto da soberanía alimentaria galega, xa que nos alentou sobre a importancia de empoderar ás/os agricultoras/es e gandeiras/os para que a súa profesión poida ser sostible có maremagnum de prezos baixos no que vivimos volvéndose "competitivas/os" asociándose e creando cooperativas como esta. Desta unión nacen inciativas como as tendas (de comestibles e agrotenda) nas que no existen intermediarios puidendo alcanzar un salario xusto polos seus produtos. A lista de vantaxes deste tipo de inciativas e longa e variada: alternativa de emprego, freo ao despoboamento rural, incentivo da agricultura ecolóxica e do turismo rural sostible, aumento do benestar das/os produtores ao non estar suxeitos a adecuarse a uns prezos especificados e especulados por un mercado alleo as as súas inquedanzas do día a día...
Sen dúbida en todo momento quixemos contar cun membro dunha cooperativa local, as cales afortunadamente son bastante numerosas en Ferrolterra, para que nos explique en que consisten estes proxectos e nos alenten para que troquemos os nosos hábitos de consumo, porque que sería de nós sen sector primario? que faríamos en caso dunha guerra, dunha catrástofe ambiental, dunha suba de prezos... que comeríamos entón? só hai que lembrar aquelas hambrunas prolongadas que sufriron cidades como Madrid que tiñan que aguantar os bombardeos ou familias de dez membros acomodándose cunha mísera cartilla de racionamento; morreu xente de fame, moita xente. Méntres no campo as persoas como cultivaban e tiñan animais podíanse manter aínda que fose con só caldo e touciño, pero comían. A diferenza é esta, e egoísmo de hoxe pódenos pasar factura

O último poñente foi Xan Martínez, da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña. A Xoaniña ten un funcionamento parecido a Agroalimentaria do Eume xa que a maioría dos comestibles son locais, pero hai algunhas diferenzas como que as decisións que se apliquen son aprobadas mediante asembleas de socias/os, as/os cales poden ser calquera tipo de persoa xa sexa produtor/a ou cliente pagando unha cuota anual. Asociarse ten a ventaxa tamén de que os vendibles como artigos de droguería (hai moitísimos!) e alimenticios custan un poco menos baratos. Outra diferenza fundamental e que, aínda que incentivan a producción local, case absolutamente o que venden son produtos ecolóxicos e de comercio xusto de aí que xurdera a temática do debate que propuximos "Agricultura Ecoloxíca vs Local" que por mor do tic-tac do tempo non sei puido realizar.
Neste senso cabe salientar que A Xoaniña está ligada a Coop57, organiza seminarios e charlas tamén sobre comercio e economía social ou responsable e que este ano comezaron cunha nova iniciativa moi interesante, a venda de tenreira ecolóxica e de raza típica galega como a cachena (proximamente van criar cuxos doutras razas galegas en perigo de extinción). O sistema funciona mediante encargas.

De Xan vou suliñar unha frase que pode englobar ao conxunto das poñencias e que é destas que che fan pensar "có cambio nas nosas prácticas de consumo incidimos máis na xustiza social que manifentándonos e votando".

Moitas grazas a Natalia, Daniel, Miguel e a Xan por participar pero sobre todo ao equipo da sede: Ángeles, coa súa recente reincorporación, Uxía, Carlos e Álex, o presentador e as 33 persoas por vir.

Lembrade que ata o 30 deste mes temos unha exposición na Escola Oficial de Idiomas sobre Comercio Xusto.

Aí vos van unhas fotos







2 comentarios:

Sergio dijo...

Felicidades pola xornada e polo resumo, grupaso!!!!

Angeles Garcia dijo...

Gracias pola entrada Lorena!!
E gracias tamén á xente de Vigo, que viñeron un montón, creo que 5!!