3 abr 2011

A primeira charla de SENSICOM no 2011: o curso TCpDH

Pois si, SensiCom-Compos xa tivo a súa primeira charla neste curso 2011.
Levámola a cabo na VI Edición do curso que EpD fai en Compos sobre Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano.
Eramos as responsables de dar a 1º charla do sábado á mañá (Participación social, sensibilización e incidencia política. O caso do Sáhara Occidental e os campamentos de refuxiados), unha tarefa moi complicada!!
Durante a charla estivemos representando ao grupo: Helena, Carmiña, Alba e máis eu.
Comezamos poñendo o vídeo da creación do grupo de sensi en Compos (feito por Chelo o ano pasado para acompañar a presentación de María e que moitos xa tivestes a oportunidade de ver! Si, o da estrella polisaria, ese mesmo!!)

Despois do vídeo presentámonos as voluntarias, en parte tamén para aproveitar de explicar, que ainda que 2 de nós si que eran enxeñeiras, outras 2 non o eramos, polo que en ESF ten cabida todo o mundo!! E explicamos tamén a fusión coa parte de Comunicación (SensiCom)

A continuación a Coordi do grupo fixo unha breve presentación do conflicto saharaui empregando información xa usada no ano anterior xunto con outra actualizada.



Esta presentación serviría para poñer en situación ós asistentes xa que tíñamos preparada unha dinámica para eles: repartidos en 3 grupos entregaríamoslles unha carpetiña, o famoso "Kit SpS" (Sensibilización para Sáhara). Nela ían o noso manifesto, o "quen somos?", un horario da Jaima do ano pasado e unha copia de 2 guías IGADI sobre Sáhara. Con todo iso tiñan que poñer en marcha unha campaña de sensibilización que dese resposta ó exercicio (totalmente inventado) que lle tocaba a cada grupo e que tamén ía especificado nun folio dentro do kit.
A diferenza entre os grupos era o "público obxetivo".
Tras un breve período de tempo no que os grupos puideron traballar dentro e fóra da aula, fíxose unha posta en común, da cal, por certo, sairon ideas interesantes!!

E como unha imaxe vale máis ca mil palabras (ou eso se di ás veces...), aquí quedan algunhas imaxes:




No hay comentarios: