29 sept. 2010

Videoentrevista: Dinorah e Sabela, voluntarias PCR en Honduras

Continuando coas videoentrevistas, esta semana, Dinorah e Sabela enviáronnos un video ideado e realizado por elas mesmas. Nel aproveitan para presentarnos brevemente a súa labor de voluntarias nos Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR), concretamente no marco do proxecto de Honduras no que participan.

Disfrutádeo!



Máis info:

26 sept. 2010

Presentación ESF Galicia - Tempada 2010 / 2011

A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organizará unha serie de conferencias informativas coas que pretende presentarse, dar a coñecer e achegar a todo o público en xeral, as actividades e proxectos que está levando a cabo, así como facer un chamamento á participación de posibles novos voluntarios.

Estes eventos desenvolveranse:

· Día: Xoves, 30 de setembro de 2010
· Hora: 20:00h
· Lugar: Fundación Caixa Galicia. Cantón Grande, 21 – 24. A Coruña.


Escoitar Anuncio - Presentación ESF - Caixa Galicia

· Día: Luns, 4 de outubro de 2010
· Hora: 12:30h
· Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canáis e Portos da Universidade da Coruña. Campus de Elviña, s/n. A Coruña.

Escoitar Anuncio - Presentación ESF - ETSECCP UCD


Asemade, levaranse a cabo máis conferencias de presentación, nas cidades de Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo; eventos que anunciaremos próximamente.

ESF Galicia é unha ONGD que busca contribuír á construción dunha sociedade mundial xusta e solidaria poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Pero sobre todo ESF é unha asociación de persoas, con pensamentos e sentimentos distintos, que traballan xuntos aportando as súas opinións e coñecementos.

ESF Galicia está presente en distintas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo). Nestas sedes, as persoas voluntarias adoitan dividirse en diferentes grupos de traballo, sendo os principais: Sensibilización, Voluntariado, Educación para o Desenvolvemento, Proxectos ou Programas de Cooperación Internacional, Tesourería, Sistemas Informáticos... Pero ademáis, como sede, realízanse actividades de concienciación social, sensibilización, difusión e educación, é dicir: cursos, exposicións, charlas, publicacións… coas que se pretende que dar a coñecer e informar á xente do que está a acontecer no mundo, e que a miúdo non é accesible a través das canles de comunicación habituais.

Estas conferencias de presentación están abertas a todas aquelas persoas interesadas na Cooperación para o Desenvolvemento, así como voluntarios, responsables de programas e proxectos de cooperación, organizacións non-gobernamentais, medios de comunicación, etc…

Para máis informacións, os interesados poden contactar con:

· Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es

24 sept. 2010

Vémonos no Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza?

ESF participa na comisión de incidencia da coordinadora de ONGD, e agora mesmo estamos embarcados en tratar de que os partidos políticos con representación galega no goberno asinen o Pacto Galego contra a Pobreza.

Para visibilizar isto se organizou a campaña 100 Km x 1 Pacto = Pobreza Cero, en coordinación coa campaña Pobreza Cero que se fai tódolos anos na Semana contra a Pobreza (na segunda semana de outubro). Para saber máis cousas tendes o blog da campaña, e podedes seguir tamén o día a día do que se vai argallando no facebook, pero por adiantarvos algo, trátase de facer o Camiño de Santiago dende Sarria reivindicando esa sinatura do Pacto.


Vémonos no Camiño?


23 sept. 2010

VideoEntrevista: Inés Mera e a presidencia de ESF

Con esta videoentrevista iniciamos unha nova sección no blog, que pretendemos ampliar con novos videos a outros voluntarios da asociación. Para arrancar, contamos con Inés Mera, que nos falará sobre o cargo de presidencia en Enxeñería Sen Fronteiras.

Animádevos e enviádenos suxestións para novos videos!

21 sept. 2010

ESF Galicia en Radio Voz

O pasado 21 de setembro de 2010 ESF Galicia foi convidada a participar no programa "Voces de Galicia" que a emisora Radio Voz realizou en directo dende a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña. Así pois, os voluntarios: Lorena Rodríguez, Iván Lago e Roi Carballido foron os encargados de falar un pouco de ESF Galicia.
Ao principio da conversa foi necesario aclarar que en "Enxeñería Sen Fronteiras" non son só enxeñeiros, se non que forman parte da asociación xente de campos moi diversos, dende o xornalismo ou a psicoloxía, por exemplo; ata chegar á propia enxeñería.


Lorena Rodríguez, encargouse de comentar a súa experiencia como PCR en Nicaragua, comentou entre outras cousas que participou nun obradoiro de tartamento de lixo, Iván Lago, fixo referencia á parte que máis domina, a da xestión dos equipos informáticos, incidindo en temas como o acceso á liberdade da información e a súa repercusión nos países do Sur e por último, Roi Carballido, falou sobre o campo da Educación para o Desenvolvemento facendo especial fincapé na asignatura de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento que se imparte na Universidade da Coruña e na que ESF Galicia participa activamente na súa xestión e coordinación.

Está claro que quedaron moitas cousas por dicir pero xa se sabe que o tempo nos medios de comunicación está moi medido, ademáis había que ceñirse ás preguntas concretas do entrevistador, sen embargo, os participantes consideramos moi positiva a experiencia de falar sobre ESF Galicia nos medios de comunicación e animamos a todos os voluntarios en xeral a que cando xurda unha ocasión similar, calquera voluntario se anime a participar para que non sempre sexa os mesmos os que falen en nome da asociación.

Aquí podedes escoitar a conversa:



Aproveito para recordarvos que podedes escoirar todas as entrevistas a membros de ESF Galicia e demáis audios interesantes recopilados na páxina de ESF Radio.

Por último, agradecer tanto a Radio Voz como aos membros da Universidade da Coruña encargados de xestionar a realización do programa na Escola de Camiños, por ter en conta a ESF Galicia e darnos esta oportunidade.

18 sept. 2010

Un mundo desigual. Retos e perspectivas

A próxima semana, entre o 20 e o 24 de setembro, terá lugar o curso "Un mundo desigual, retos e perspectivas". Este curso, realizado co apoio da Universidade de Vigo, e a colaboración de poñentes de diversas entidades, trata un amplo abano de temas con un nexo común: as desigualdades sociais e económicas, tanto a nivel global como local, as súas causas e a búsqueda de solucións.

Así, por exemplo, Tom Kucharz (de Ecoloxistas en acción) acudirá a falar sobre as causas da crise, Ibrahima Niang (ex-presidente da Asociación para o Desenvolvemento Africano) dará a súa visión da inmigración, e Xosé Manoel Santos (director de Altermundo) nos contará que é o ciberactivismo e a súa utilidade. Isto só por citar algunhas das charlas, pero por suposto tamén se falará da Axuda Oficial ao Desenvolvemento, do Cuarto Mundo e das realidades dos países do sur. Ademáis, realizaranse dinámicas de grupo e debates.

O programa polo miúdo do curso se pode consultar aquí. Calquera puede asistir como oínte e participar no curso de balde, aínda que se desexa obter o diploma de certificación débese facer aa matrícula oficial a través da secretaría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

8 sept. 2010

Curso de Verán. Auga, cooperación e medioambiente

A charla de ESF sobre "Enfoque medioambiental na xestión da auga os programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento" se desenvolveu sen novidade hoxe ante unhas 30 persoas dentro do curso de verán da USC e Mans Unidas "Contra a fame, defende a terra". 



Foron 35 minutos da nosa charla, e posteriormente unha mesa redonda cos poñentes de todo o día coa Conferencia de Copenhague como tema central, aínda que se falou de moitas máis cousas (destacando a participación da sociedade civil como elemento transformador e de incidencia política, e o tratar de compatibilizar os enfoques comunitarios ou de movementos de base cos máis institucionais a nivel estatal ou global).

Na nosa charla contamos un conto sobre certo pobo onde chegaron uns motores para aproveitar a escasa auga do río na época seca e como o que para os habitantes dese pobo foi un avance (podían regar) converteuse nun problema para os pobos de augas abaixo... Despois falamos de dúas ferramentas que se empregan en ESF para introducir o enfoque medioambiental na xestión do recurso hídrico:
- Os Plans de Xestión Integral do Recurso Hídrico
- Os Plans de Manexo de Finca

Xa na mesa redonda, dende a postura das ONGD, recalcamos que respecto ao cambio climático temos especial preocupación neste eido tanto pola falta de propostas e referencias para a adaptación ao cambio climático das poboacións máis vulnerables (algo que mencionara tamén o profesor Díaz Fierros dende un punto de vista científico) e específicamente no enfoque dos programas de desenvolvemento. Esta publicación de Greenpeace e a Coordinadora Estatal de ONGD, ou algunha de INTERMON son das poucas que hai en castelán sobre o tema. O outro tema sobre o que chamamos a atención e mostramos a nosa preocupación foi sobre os mecanismos concretos que se están empregando para a reducción das emisións en cumprimento do protocolo de Kioto, en especial sobre os Créditos de Carbono e os Mecanismos de Desenvolvemento Limpo, que se están a usar por moitas empresas e países do norte para manter as emisións sustituíndoos por presuntos programas de fixación de carbono sobre todo en países empobrecidos (e por enriba vendéndoos como "axuda ao desenvolvemento"). Hai unha publicación moi recomendable sobre o tema cunha segunda parte, de INTERMON en colaboración coa UPM.

6 sept. 2010

Para cargar as pilas!!!

Como parece que gustou o vídeo [1] que se mandou a lista xeral, deixoo aqui para cando sexa necesario recordar porque estamos facendo o que facemos, que todos temos os nosos momentos e as veces é necesario cargar as pilas.

Un novo curso empeza!!!! qué emoción!!! nova xente, novas actividades, o reencontro ca xente de sempre e o recordo dos que agora xa non están.. Os tempos non son os mellores, si, pero non nos demos por vencidos!!!!

[1] http://www.youtube.com/watch?v=fZMhqTs28lY

"El mundo está en manos de aquellos que tienen el coraje de soñar y de correr el riesgo de vivir sus sueños"

3 sept. 2010

Campaña "YO reconozco a la RASD". (fotos)

Recordades a Campaña que ISF Asturias está levando a cabo para apoiar á RASD?? A de sacarse unha foto co cartel??

http://esfsahara.blogspot.com/2010/03/campana-yo-reconozco-la-rasd.html

O grupo de Sensibilización - Compos estivo promovendo a súa campaña dentro das nosas actividades durante o pasado curso, entre elas o curso que EpD realiza en Compos.
Decirvos que as fotos xa están subidas no albúm que ISF Asturias ten no seu blog. Podedes pasar a vervos todos os que a fixestes!!
Tan só clicade no enlace que indico arriba e logo onde pon "albúm".
(a partir da páx 9 están as do curso, ainda que hai ESFeros que a mandaron individualmente e están en outras páxinas!)

GRACIAS

1 sept. 2010

Algo máis que un resumo blogueiro mensual: agosto 2010

CONTIDOS


- Blog de Vida Asociativa
- Blog Nicaragua
- Blog Honduras
- Blog asignatura de cooperación da UDC
- Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
- Outros blogs ISFeros
- Outros enlaces de interese
- Novas publicacións en papel
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes

BLOG DE VIDA ASOCIATIVA


En agosto a cousa estivo tranquila, como reflexo do período vacacional, se ben a "máquina" nunca para, e puidemos felicitarnos de ter superado a auditoría de contas por terceiro ano consecutivo, así como coñecer un resumo do mellor e peor valorado no curso de tecnoloxía e cooperación de Santiago, xa con certa perspectiva tralo seu remate.

BLOG NICARAGUA

Neste mes, coa presenza no terreo de Maruxa e Roberto, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF, tivemos varias crónicas interesantes sobre as súas vivencias nas comunidades onde se traballa co noso socio local FIDER (Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento Rural). Ademais hai unha interesante entrevista a Byrian Miranda, coordinadora de programas de FIDER, e un recordo emocionado para un dos beneficiarios que nos deixou...

BLOG HONDURAS


No mes de agosto houbo gran actividade no blogue de Honduras, con Dinorah e Sabela, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, igual que en Nicaragua. Presentáronos a súa casa, as súas vivencias en Marcovia e nas comunidades, a oficina de ESF en San Lorenzo, pero tamén houbo tempo para falar cousas sobre os proxectos como as capacitacións de xénero ou as de gvSIG.


BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC

Nunhas merecidas vacacións, non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.

OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO. Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información.
  • Wiki de ESF Galicia. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blog de Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.

OUTROS BLOGS ISFEROS


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Fondo Español de Cooperación para Agua y Saneamiento en América Latina y el Caribe
DESTACADO. Vídeo. Abuela Grillo.

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Siete pistas para evitar los flames

Consumo responsable

Guía de ahorro de agua y energía en el hogar
O Desenvolvemento comeza por un Consumo Responsable. Guía para ONGD

Cooperación e ONGD

Cómo sanar la esquizofrenia organizacional
El desarrollo no puede ser limosna
Cuidado con la solidaridad

Educación para o desenvolvemento

Vídeo. A escola mata a creatividade (inglés con subtítulos)

Iniciativas

Pacto en la empresa por el Ramadán
Expresa.la. Ideas sobre el derecho en latinoamérica
¿Todavía no le has puesto música al desarrollo?

Investigación para o desenvolvemento 

Journal of Water and Climate Change
Journal of Water, Sanitation and Hygiene for Development

Mundo

Vidas sin presente. Bangladesh
Por qué una ONG como MSF puede abandonar un país como Birmania
India reabre el caso de Bhopal

Políticas e modelos de desenvolvemento

El bluff del lobby nuclear

Sensibilización

El infierno de Shell en el delta del Níger
Victoria de la comunidad Avaaz contra la corrupción en Brasil
Vídeo. Motivación para seguir.

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Boletín Derecho a la alimentación. AGOSTO.
800 barcos europeos y asiáticos esquilman de forma ilegal los caladeros de Somalia  (moitos deles galegos)

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Diez razones por las qué sus hijos e hijas deberían utilizar GNU/Linux
Alerta!//@ #: Alertando y siendo alertadas
Estaciones de telefonía móvil libres y con alimentación solar

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

E NO PRÓXIMO MES ...


8 de setembro, 18:15. ESF Galicia participa nunha mesa redonda dentro do curso de verán CONTRA A FAME, DEFENDE A TERRA
8 de setembro: Día do Cooperante
15 de setembro: Día Internacional da Democracia (pero de la de verdad)
18 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Libedade de Software

A ESF-RASE DO MES

Declara o dereito ao auga potable e ao saneamento como un dereito humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os dereitos humanos. Asamblea Xeral da ONU, 28 de xullo 2010.