31 ago. 2010

O mellor e o peor do curso TCpDH (segundo os alumnos)

Case se nos olvida esta entrada sobre o curso e dado que a xente tuvo a oportunidade de expresar a súa opinión, que mellor que deixala recollida e dende logo non se pode negar que as opinión son dispares...





O mellor:


  • O caso de software libre.
  • A charla de “ As novas perspectivas de desenvolvemento nas comunidades indíxenas”
  • A charla de “O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur”
  • A charla da historia da colonización
  • O caso de sensibilización co Sáhara
  • A dinámicas nas que tivemos que participar, fixéronme pensar.Non sabía nada sobre cooperación internacional e creo que agora podo falar con propiedade e o máis importante, vin como funciona una organización de voluntariado, o que buscan , as súas metas. Hai xente con espírito aventureiro, cousa que me encanta.
  • A dinámica na que falamos cos “representantes” da comunidade de Nicaragua.
  • Que en xeral é bastante participativo.
  • A aprendizaxe de importantes conceptos para a cooperación no desenvolvemento.
  • Introducirse no tema da cooperación e ver as problemáticas mundiais.
  • O bo clima que se moveu entre a xente
  • Toda a aprendizaxe obtida, poder coñecer á xente e participar con eles nas actividades o que fixo no seu conxunto dunha experiencia moi positiva.
  • A xente participativa
  • A interconexión dos temas das charlas
  • Coñecer a xente nova con diferentes puntos de vista
  • A diversidade de conceptos
  • Visión de futuro
  • A liberdade de opinión e o debate.
  • Os momentos café
  • A comida
  • A aportación de fotografías, vídeos…
  • A experiencia persoal








O peor:


  • O volume de aulas ligadas á rama técnica foi menor do esperado.
  • O lonxe que queda a facultade
  • A charla de “O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza”
  • A charla de “O modelo enerxético actual e alternativas”
  • Que sexa en fin de semana
  • A charla sobre “ a perspectiva de xénero”
  • A charla de “Os movementos sociais no sur”
  • Comezar ás 16.
  • A charla de “Perspectiva de xénero na cooperación”
  • As poñencias que foron demasiado teóricas e pouco dinámicas (perfectas para durmir)
  • As charlas ideolóxicas propagandísticas con poñentes pouco preparados.
  • Pouco rigoroso nos conceptos expostos na gran maioría das charlas
  • Cando rematou o café de comercio xusto.

  • Hai persoas que se excederon no tempo
  • Moi repetitivo en moitos aspectos
  • Notábase que en charlas o docente non sabía do tema e viña obrigado.
  • O horario intensivo (8 horas ó dia)
  • Pouco descanso entre charlas
  • Madrugar un domingo
  • Ter que levar traballo para casa.
  • Chegar o curso sen durmir (coma hoxe)

30 ago. 2010

Auditorías e transparencia

Como parte do esforzo de Enxeñería Sen Fronteiras para mostrar o seu traballo do día a día, usando metodoloxías estándar aceptadas, como xeito de rendir contas tanto á base social como a calquer persoa que desexe acercarse a ver como traballamos, vense de superar por terceiro ano consecutivo a auditoría de contas (neste caso do 2009). Aquí se poden consultar os informes dende 2007 (hai que felicitar ao grupo de administración e tesouraría polo seu gran traballo!).

No caso das ONGD cobra especial relevancia este exercicio de transparencia polo papel que a sociedade lles outorga. E se quedades con dúbidas, preguntade, ou acercádevos a coñecernos! Pensamos que o mellor xeito de coñecer o traballo dunha ONGD é acercarse a ela e ver como funciona dende dentro, sen trampa nin cartón. En ESF sempre hai cousas que mellorar e todo o mundo pode aportar a esta mellora.

2 ago. 2010

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: XULLO 2010

CONTIDOS


  • Blog Corporativo
  • Blog Nicaragua
  • Blog Honduras
  • Blog asignatura de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros blogs ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO


En xullo houbo un pequeno parón de actividades externas, o que se reflicte nas entradas. Si nos congratulamos pola concesión de 3 novas subvencións por parte de Xunta de Galicia para outros tantos proxectos, a cal máis ilusionante.


BLOG NICARAGUA


Neste mes notouse a presencia en Nicaragua de Roberto e Maruxa, os dous PCR seleccionados na convocatoria ordinaria (xa volveu Lorena). Eles contáronos os informes do proxecto de abril e maio, as novas actividades que se foron realizando no mes de xuño coa poboación, as capacitacións en equidade de xénero e algo de coñecemento do país...


BLOG HONDURAS


No mes de xullo foi a segunda visita de membros do CARTOLAB a Honduras, dentro da colaboración que se está a facer con eles para elaborar a ferramenta de sistema de información xeográfica para o Plan de Xestión Integral do Recursos Hídricos nos dous concellos nos que se está a traballar. As crónicas das capacitacións son moi interesantes, e tamén se pode ver este mes unha das reunións a distancia entre terreo e sede (soen facerse cada 1-2 semanas).


BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC

Xa nunhas merecidas vacacións, non deixedes de consultar este blog se andades á busca de enlaces e referencias interesantes a vídeos, libros, etc.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO. Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información.
  • A wiki de ESF Galicia, xa en probas dende hai uns meses, agora xa empeza a ter bastante contido. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. Creado o 16 de marzal, é un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blog de Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación para despois do verán en Vigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.


OUTROS BLOGS ISFEROS


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Vídeo. Tsunami from the sky (cambio climático)
Negocio redondo. Agua y en botella.
Vínculo entre Agua y Energía. Una oportunidad para el ahorro de recursos
Resolución de la ONU: El derecho humano al agua y el saneamiento.
Infografía. La escasez de agua potable

Comunicación para o (como) desenvolvemento

10 ideas para contenidos de blogs de ONG
Rumores, malas intenciones y prejuicios

Consumo responsable

Vídeo. El segundo desembarco. Multinacionales españolas en América Latina

Educación para o desenvolvemento

Guía de investigación y acción participativa.


Iniciativas

Aid Watchers (blog en inglés de investigadores para o desenvolvemento, da Universidade de Nova Iorque, que non vos deixará indiferentes)
Cuadernos de Gestión de Entidades no Lucrativas de la Fundación Luis Vives
.
Consultores Sen Fronteiras.

Investigación para o desenvolvemento

Índice de pobreza: diversão de cientistas sociais?

Mundo

Informe Regional sobre Desarrollo Humano para América Latina y el Caribe 2010
Documental. Quien dijo miedo. Honduras de un Golpe
Sahara. Llegamos al final de una etapa con la ONU

Políticas e modelos de desenvolvemento

Cadernos do IESI. Número 1. Os retos da cooperación galega
Vídeo. Kirsty and the evaluators (en inglés, sobre a importancia da avaliación)

Sensibilización

Informe "Así nos ven- 2009" das ONG
Sahara Occidental, conserveras gallegas y MERCADONA
Vídeo. Cuidando de mi madre

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Haití: donación de semillas de Monsanto amenaza la soberanía alimenticia del país

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnología contra la corrupción
Sobre el fomento del software libre en la administración

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

Comunicación, Desarrollo y ONGD. Javier Erro Sala. HEGOA. (Libro moi recomendable para todo o mundo).

Inventario de vías jurídicas existentes en Ecuador, España y el Sistema Internacional, para determinar la responsabilidad de empresas petroleras extranjeras por daños ambientales. ESFeres Estudís. ESF Catalunya.


E NO PRÓXIMO MES ...




A ESF-RASE DO MES

Un home é rico en función das cousas das que pode permitirse prescindir.
Henry David Thoreau.