31 may. 2010

FIN DE CURSO - FIN DUNHA ETAPA

O pasado xoves 27 de maio, tivo lugar a última reunión do Grupo de Epd - ICD por este curso.

Para poñer en práctica a nova idea experimental instaurada pola nosa compañeira e ilustrísima coordinadora de sede da Coruña, Paula; procedeuse a facer unha reunión-cea-vertebrativa na que participaron tódolos integrantes do grupo (Alfonso, Juan, Ricardo, Paula, Sandra, María e Roi) e onde se analizou o máis salientable do curso.

Entre mesa e mantel, fixéronse as valoracións correspondentes e personalizadas para cada alumno en función da súa participación e implicación nas respectivas actividades e dinámicas de cada clase, considerando tamén a calidade das prácticas entragadas e a actitude e interés mostrados ao longo do curso.
Podemos indicar que en termos xerais, estamos bastante satisfeitos e contentos co desenvolvemento xeral do curso e consideramos que se cumpriron as espectativas e obxectivos do mesmo, inicialmente plantexados (ver entrada Blog ICD).
A propósito do Blog de ICD, indicar que sobrepasou as 3000 visitas!!! (ver contador) e o Facebook de ICD conseguiu máis de 100 agregados, ademáis algunha das sesións tivo repercusión na prensa e conseguimos que publicaran algunhas das notas que enviabamos (ver recortes) ... en fin, penso que non está mal. Ademáis, conseguimos "reclutar" a posibles novos voluntarios que poderán integrarse nalgún dos grupos próximamente.
Por outra banda, e xa no que se refire ao grupo de EpD - ICD en concreto, os 7 integrantes que o conformamos este ano, temos que dicir que tamén nos sentimos moi satisfeitos do traballo realizado, o nivel de organización, preparación e vertebración interna funcionou como esperabamos e o traballo en equipo realizado entre todos, proporcionou unha sensación de unidade que nos permitiu contribuir ao crecemento e aprendizaxe persoal de cada un de nós e como colectivo.
Tamén queremos deixar constancia de que este ano fixéronse gran cantidade de cousas en colaboración con outros grupos de ESF. Dende unha formulación conxunta e case a distancia entre varias sedes e grupos así como a participación en actividades doutras sedes. Feitos que contribúen a que este ano sexa recordado de xeito moi especial e inesquecible para moitos de nós, e agardamos que tanto os que continúen como os que se incorporen, prosigan nesta dinámica de vertebración conxunta para que o funcionamento de ESF como "asociación" se vexa cada vez máis fortalecido.
Ademáis, esta reunión-cea-vertebrativa serviu de despedida do que foi coordinador do grupo durante todo este ano, Roi; quen considera que, como case todas as cousas desta vida teñen fin, neste caso tamén chega o momento de dar por rematada esta etapa e deixar paso ás novas xeracións que veñen pisando moi forte. De tódolos xeitos, as súas funcións quedan en moi boas mans, as de Juan, que asume o cargo con moitas ganas e a ilusión que lle que proporciona esa savia e forza nova que posúe acompasada coa tranquilidade reflexiva que desprende. Dende aquí desexámoslle o mellor, como non podía ser doutro xeito.
O traspaso de poderes escenificouse mediante a entrega do libro oficial da asignatura e co intercambio da chapa de "scheriff" de ICD (que pasou a lucir con orgullo o novo coordinador), todo elo, ante a atenta e sorprendida mirada dos demáis integrantes do local hosteleiro no que nos atopabamos.
Con esta rexeneración de cargos, o grupo de EpD - ICD deberá enfrontarse aos novos retos futuros que se plantexan (a curto e longo prazo) na asignatura. As novidades da nova etapa irémolas coñecendo pouco a pouco, pero xa podemos avanzar que moitas delas presúmense ilusionantes, pero tempo haberá para comentalas polo miúdo.
Por último, mencionar que o brinde final tamén serviu para festexar o cumpreanos de Alfonso a quen desexamos que siga impregnándonos esas ganas e ilusión permanente que posúe. Estamos seguros que seguirá dando moita "guerra" a todos, que se preparen as novas xeracións!!!
Así pois, ... fin de curso ... fin dunha etapa ... pero comezo doutra.
Que non nos falte a ilusión!!!
Unha aperta moi forte a todos.
PD.:Podedes ver o resto das fotos da reunión-cea-vertebrativa AQUÍ

28 may. 2010

Crónica do Curso TCpDH (IV) : sábado 10 Abril a tarde

- Ferramentas na cooperación: os proxectos
Os proxectos perseguen o obxectivo do desenvolvemento humano
A Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano non é a tecnoloxía mais avanzada se non a máis axeitada ao contexto que se vai aplicar para evitar dependencia.
Un proxecto de cooperación se desenvolve por un período de tempo limitado.
Proyecto: objetivo, período, zona geográfica y para unos cuantos beneficiarios.


- A xestión do proxecto. Introdución ao marco lóxico.
Lograron poñernos no posto das persoas que traballan na planificación dos proxectos de cooperación e vemos o dificil que resulta e as múltiples solucións que se poden dar.
Determinar as relacións causa-problema dunha situación pode chegar a ser moi complicado e aínda máis atoparlle solución, xa que existen moitas partes implicadas.
Todo proxecto antes de ponerse en p
ctica debe realizarse mucho trabajo teórico (análise de problemas, estrategias de acción)
Lo importante es que el proyecto que se haga sea para mejorar sus necesidades y hacerlos autosuficientes no para paliar sus necesidades momentáneas.
dificultade na elaboración de proxectos, xa que según os mesmos datos, os grupos obtiveron distintos matrices.

E recordade esta última frase...

26 may. 2010

Crónica do Curso TCpDH (III) : sábado 10 Abril a maña

E seguimos co sábado a maña...

- Participación social, sensibilización e incidencia política. O caso do Sahara Occidental


Destesme gana de ser unha de vos... o que me chamou a atención foron as boas ideas e propostas dos meus compañeiros para un programa de sensibilización "Ellos se llaman hijos de las nubes, porque desde siempre persiguen la lluvia. Desde hace más de 32 años persiguen, también, la justicia. Eduardo Galeano" os medios de comunicación son os que deciden e os que fan visibles os pobos ou invisibles.

Grupo Sensibilización Sahara. ESF Galicia

Como os países implicadas poden mirar para outro lado sen poñer solución a esta situación que eles teñen creado?
El pueblo saharauí vive dividido de forma física por un muro de más de 200 km de longitud. El sahara Occidental, antigua colonia y provincia española, es el único pais africano en el que el proceso de descolonización todavía no fue resuelto.

- Consecuencias da desigualdade Norte Sur: o feito migratorio.

Fíxome pensar sobre as realidades que vemos todos os días das que poucas veces nos paramos e a preguntarnos o cómo e o por qué. Achéganos a realidades vividas por inmigrantes cando intentar virse para o Norte contrastando por outro lado con intereses comerciais, económicos, etc... Pararse a pensar/sentir ao que lle acontece ao emigrante. la migración tiene que ser respetada como un derecho humano.
María Carmen Puga. Foro Galego de Inmigracion
O trato que reciben os inmigrantes en España é moitas veces inxustificado e cheo de prexuízos. Con música e imaxinación trasportámonos a outro lugar onde nos sentimos como os inmigrantes.

- Movementos sociais no Sur.O caso do Movemento Sem Terra
O cambio fráguase a través dos movementos sociais.
Movemento social: conxunto de persoa cun obxectivo común que se moviliza para conseguir un cambio nunha realidade social que lles afecta ou se sinten implicados e que consideran necesario. Os movementos sociais teñen que partir, organizarse e xestionarse dende a base. O MST é un movemnto de millóns de persoas en Brasil que loitan por conseguir unha distribución territorial equitativa, de forma que eles poidan dispoñer de terras propias, traballalas. Principios de ocupación, resistencia e produción

Eva Gil. Amarante



24 may. 2010

Crónica do Curso TCpDH (II) : venres 9 Abril tarde

- A Pobreza no Norte. 4º Mundo.
"intervención social participativa" que sexan os propios excluídos sociais a súa propia voz.
En vigo tameń se morre de frío se vivies na rúa.
Ideas de participación e inclusión social totalmente necesarias para llevar a cabo los procesos de ayuda y cooperación al desarrollo de los colectivos más vulnerables.
O 19,9 % da poboación residente en España está por debaixo do umbral da pobreza relativa.
A fenda da pobreza-riqueza increméntase ano a ano en España.
A necesidade da sociedade de colaborar na distancia como acto tranquilizador de conciencias.


Felipe Noya. Médicos do Mundo

Ter ou non ter oportunidades é un problema de discriminación activa.
Algo peor ca pobreza: a exclusión social, a escaseza crónica de oportunidades.
Decateime de que penso en pobreza lonxe de min.

- O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza.
Un pais rico é o que ten a distribución maís igualitaria da renda.
Nesta década estamos nos niveis maís altos de desigualdade entre países que houbo nunca.
Nivel de apertura da economía: 32 % EEUU, 81% América Central, 44% Oceanía
A maior tasa de apertura comercial ligada a países con renda per cápita mais baixa que a media mundial, polo que a liberalización comercial non axuda ao desenvolvemento dos países pobres.
El 2% más rico tiene el 50% de la riqueza mundial.
As 500 persoas máis ricas do mundo (cantidade semellante a usuarios da ETSE) teñen un volume de ingresos iguais ós de 416 millóns de persoas máis pobres.
Vendo estas cifras non sorprende que haxa conflictos no mundo, senon que non haxa máis.


Xavier Vence. Catedrático Economía Aplicada da USC

- Alternativas ao desenvolvemento actual. Qué é o desenvolvemento sostible?
Imposición de valores eurocéntricos.
Carácter patrialcal do modelo de desenvolvemento actual
Desenvolvemento maśi xusto, máis equitativo
O desenvolvemento non pode chegar a ser realmente sostible.
Resulta desconcertante darse conta das dificultades de describir medidas realmente concretas para un desenvolvemento realmente sostible.



Miguel Pardellas. Sociedade Galega de Educación ambiental


Resultado final dinámica sobre o desenvolvemento sostible



23 may. 2010

Conferencia: "Auga no Sáhara" na Coruña

O pasado 12 de maio, ademáis de ser o aniversario de Ríos, ESF tivo outra actividade: Unha charla sobre a auga no Sáhara, e que se organizou entre os grupos de sensi de Coruña e Compostela dacordo coa planificación que os primeiros tiña feita:

"ESF Galicia presenta hoxe a Conferencia titulada "Auga no Sahara" que será impartida por Xacobe Abel Fernández García (membro de ESF Galicia) e na que se falará sobre a situación e problemática da auga no Sahara Occidental, así como a súa experiencia como PCR neste territorio. Tamén se abordará a problemática situación social existente nos campamentos de refuxiados saharauis.

Hoxe mércores, 12 de maio de 2010 ás 19:30h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canáis e Portos da Universidade da Coruña. (Campus de Elviña, s/n)

Colabora:
AECID

Organiza:
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia"


Por parte do grupo de Sensi-Compos fomos Xacobe e María (estaba previsto que viñese Helena tamén, pero un infortunio odontolóxico impediu a súa compañia nesta viaxe. Ó ver que non chegaba e eran horas de saír cara o noso destino, enviámoslle a seguinte mensaxe: "Helena, te queremos, pero marchamos".)
Tras barallar as posibilidade de facer a viaxe en tren con todos os bártulos, finalmente fomos no coche de Andrés Estévez, que tamén nos acompañou á Coruña facendo de chófer!
Inicialmente eu, María, seguiría a facer a viaxe de ida no tren coa idea de comer cos colegas da Coruña, pero un suceso inesperado fixo que os billetes de tren para esa horas se acabasen, polo que me quedei sen comida coruñesa moi ao meu pesar.

Chegadas as 6 da tarde e despois de deixar no local de Santiago unha pancarta dandolle as Felicidades a Ríos, os tres compostelanos puxémonos camiño da cidade Herculina, onde nos agardaban ansiosamente: Paula, Sandra, Roi, Laura e Puga. Sabela non, prefiriu pasar da nosa charla e unirse a nós só nas cañas... pero bueno, finalmente conseguiu o noso perdón.
Non é que asistise moita xente á charla, pero aqueles que o fixeron foron moi participativos e se lles via moi interesados.
Xacobe desenvolveuse á perfección explicando en primeiro lugar a situación saharauí, logo uns conceptos básicos e xa finalmente, introducindo o tema de auga que se vivía nos campamentos de refuxiados e a labor que alí se facía.

Dende o meu punto de vista deuse un bonito coloquio, con intercambios de información, coa xente que estaba presente e incluso tivemos tempo apra ver algún que outro vídeo (o discurso de Felipe González que podedes ver en Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=X6MBEJNNrm0 // http://www.youtube.com/watch?v=3oRhEUY_XKU&feature=related ) A verdade é que estaba previsto que a conferencia durase arredor dunha hora e acabamos saído ás 21h.
Despois do "traballo" e como non había preocupación de ter que coller un tren ó facer a viaxe con Andrés, levamos unhas cousiñas ó local coruñés e decidimos ir tomar unhas cañas, así que alá nos fomos: Fran Puga, Paula, Sandra, Roi, Andrés, Xacobe e eu. Bueno, esta vez tamén veu Sabela...je
O lugar escollido, unha "tasca" preto da vivenda de Puga. A verdade é que unha boa elección, cada un pediu o que quixo, boas tapas, a final entre At. de Madrid - Fulham, interesantes conversas con variedade de temas, excelente compañía e sobre todo, moitas risas!
Tras a "obrigada" foto de grupo (dentro da tasca preferimos non sacala para non darvos envidia ao resto), marchamos para as nosas respectivas casas sobre as 12 menos 10 da noite coa promesa de volver á Coruña en breves e poder levar a cabo a comida que neste día se frustrara. Se vivise na Coruña, houbese ido para a casa co pensamento de que ó día seguinte tería que estar fóra da cama moi cedo e esta entrada remataría aquí, pero non, son compostelana, así que despois da despedida, Andrés, Xacboe e eu montamos no coche do primeiro e ainda nos quedaban uns km para chegar á nosa cidade, onde daban comezo as Festas da Ascensión e o día seguinte era o 1º festivo dunha ponte de 5 días!
Case que o que pasou nese coche de camiño á casa, segue a "filosofía da furgoneta" e se queda nese coche polo momento, o que si podedes ter claro é que como en toda viaxe de volta doutra sede a Compostela, se deron diversas ideas e idas de olla que é posible que dean unha sorpresa e vexan a luz en breve...

Remata outra actividade de sinerxia "Compos - Coruña".

18 may. 2010

Crónica do Curso TCpDH(I) : venres 9 Abril maña

Aí vai unha selección de comentarios dos alumnos para que vos enteredes de que foron as charlas...

- Conceptos básicos da cooperación
Uso dos mesmos conceptos por e en distintos ámbitos que distorsionan o que decimos e entendemos.
Gustoume a idea de "coparte"














Dinámica de imaxes/conceptos

- Precedentes históricos das relacións Norte e Sur: o colonialismo
* A actual situación dos países subdesenvolvidos ven dada principalmente pola nosa interacción con eles tempo atrás (colonización).

José Antonio Martinez

* Países do cur, obxecto ou suxeito histórico?
* Seguimos arrastrando fondas consecuencias do proceso de colonización desenvolto no s. XIX a moitos niveis que adoitan pasar por invisibles. Un dos casos máis relevante sería o da educación, onde seguimos perpetuando todo o descoñecemento que temos acerca do máis da metade do mundo.


- Mesa redonda de políticas e axentes de Cooperación
* Nin tan sequera nos acercamos a 1/7 da % destinado a cooperación que se pretende. 0,1 % do presuposto anual de Galicia destinado (chama a miña atención por escaso)
* 4 ponentes que representan diferentes colectivos que persiguen mas o menos los mismo objetivos parecen carecer de una relación entre los mismos para luchar conjuntamente y que el vínculo máis importante entre los mismos tiene que ver con la financiación
* Ten que existir coordinación entre os distintos axentes de cooperación
* Si se están conseguindo logros, queda esperanza.
* Traballar co Sur para sensibilizar ao Norte.
* Pasei de descoñecer a realidade a ter a miña propia opinión. Falta vontade política, estratexias reais, Qué sentido ten tan organización? É un modelo eficaz?
Os poñentes usaron termos demasiados tecnicistas dificultando a comprensión dos discursos.

(De esquerda a dereita: Vanessa Miguez-Oficina de Voluntariado da Universidade de A Coruña, Angeles Silva-Fondo Galego de Cooperación, Guillermo Otero-Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, Xosé Luis Pastoriza- Coordinadora Galega de ONGD's, Alicia López-Moderadora)

14 may. 2010

Jaima 2010, día 3: fin dunha era, comezo de algo grande

Esta entrada vai constar de dúas partes... Unha delas o ocorrido durante o día de Jaima, e a segunda, a desmontaxe da mesma.

Xoves, 6 de maio, último día da Jaima 2010 en Compostela. A primeira hora chegamos Chelo e eu para recolocar as cousas por última vez neste ano. Esperábamos unha mañá tranquila, pero con ganas de que a xente se acercase a nós.

Para este día tíñamos programadas dúas actividades de horario fixo, unha pola mañá (Curso de Árabe) e outra pola tarde (charla de Santiago Jiménez). Ó longo da mañá explicamos a problemática saharaui a todos aqueles que se acercaban a nós, recolocabamos algúns dos paus que o aire intentaba levantar e controlabamos a gasolina do grupo electróxeno para poder estar en comunicación e facer té. Nós seguíamos coas nosas actividades, e os medios de comunicación, que este ano responderon mellor á nosa chamada, e pola nosa parte pensamos que con mellor calidade, tamén nos seguiron ata o final. A primeira hora da mañá, entrevista en directo en RadioFusión:



Chegadas as 13 horas, deu comezo o curso de árabe a cargo de Abir, e simultáneamente unha degustación de té saharaui elaborado pola mesma que escribe estas verbas agora (teño que decir, que este ano, o 1º té saía realmente amargo!). Eso sí, todo acompañado dunha música de ambiente adecuada á situación, sen olvidar o noso gran hit, "estrella polisaria"(...una estrella polisaRRia me despertó...).



Mirade si resultou interesante, que dito curso de iniciación, que pretendía durar unha hora, se prolongou ata as 3 da tarde!

Houbo comida na Jaima e ás 4 comezou a charla de Santiago, unha grande persoa para nós e un amigo ó que sempre puidemos recurrir para consultar e aprender sobre o tema. Como sempre, si o ano apsado nos cautivara e tiveramos que frear a súa conversa por mor do obradoiro de Henna, este ano non houbo freno ningún e eran case as 19:30 cando Santi nos deixou.

Como anécdota para este día, decir que completamos o "tres en liña". Explícome. Si en días anteriores sensibilizáramos ós de prosegur, ó responsable da O.R.A., (xa son 2 fichas) o último día visitou os nosos arredores a Policía, así que lles demos un manifesto e confirmamos que todo estaba en orde (terceira ficha). Si é que o grupo de sensi, cando sensibiliza, faino ao grande! je

Despois da marcha de Santiago, fomos quedando sós na Jaima os membros do grupo de sensi, sentados relaxadamente, nun ambiente tranquilo, falabamos deses días e das nosas actividades, estaba claro que ainda que pensábamos que había que ir recollendo, ningún o expresaba, pero cando chegou Adela...chegou o sinal de que a Jaima 2010 chegaba á súa fin. Deron as 20h. e había que poñerse mans á obra para desmontar a Jaima e unha vez máis os membros da sede de Compos estaban alí para axudarnos: Adela, Ríos, Ana, Alba, Ali, Andrés, Patri, Cris... ata estaba o novo PCR Nica: Roberto Roget, que xa coñecíamos do Curso TCpDH. E os 4 sensibilizadores: Helena, Chelo, Xacobe e máis eu.

A verdade é que a recollida e traslado da Jaima dende o Parque ata a ETSE, foi toda unha experiencia (sobre todo o traslado). Non era a 1º vez, pois o ano pasado Xacobe e eu, coa axuda de Paula e Sabela (momento no que as coñecín ás 2, polo que como dixo Sabela cando chegou á Jaima "María, estamos de aniversario". Encantada de volvervos ver este ano!) xa a desmontáramos, pero non sei, este ano foi diferente, outro ambiente, máis colaboración, era unha actividade entre amigos, máis ca actividade dunha asociación. Vivimos momentos tristes vendo o derrube da Jaima, pero tamén momentos de moitas risas...

Outra das anécdotas ques e pode contar é que vivimos unha experiencia de "Rei Arturo". Por que? pois porque unha das piquetas se resistía a sair do lugar no que estaba clavada, e tras intentos pola miña parte, e pola de Adela, e algún máis... Só o "rei da Sede Compostelana"sería capaz de sacala...


Esperamos que pronto vos poidamos mostrar o "vídeo-documental" destes 3 días.
Unha vez que a Jaima estaba recollida e todo dentro da furgoneta, o encargado de conducila ata a ETSE sería Ríos, pero non iría só. O grupo de sensi, acompañado por Andrés como responsable de comunicación, non queríamos separarnos dela ainda e fomos tamén na furgoneta, pero... non acompañando a Ríos, senón na parte de atrás con cada un dos elementos que formaban a actividade destes tres días!

A verdade é que nunca pensamos que o camiño puidese ser tan longo e turbulento, pero debemos recoñecer que tampouco queríamos que parase...je E ainda que existen documentos gráficos desa viaxe no interior, non se mostrarán!

Unha vez descargado o material na ETSE decidimos continuar a tradición e abandonar o Campus Vida onde estivéramos vivindo durante 3 días, para continuar as nosas cunhas cañas e boas tapas, pero sobre todo, disfrutando da boa compañía!

Xa remataron as "grandes actividades"deste ano para sensi, cérrase unha era, pero está claro que algo grande naceu entre nós e con nós, pois nas nosas mentes está interiorizado o voluntariado ESFero e cada vez que nos reunimos, a nosa neveira de ideas conxela algo novo, sinal de que seguirá habendo cousas que facer xuntos!

"Arriba ESF, vivan os voluntarios!!!"

Si, falta a frase, pero é que houbo tantas!!!
Quizáis destacaría o diálogo:

"-Por que non levamos a Jaima a Ons en vez de levar tendas individuais?
-Si, e facemos a festa do pijama saharaui!"

E a frase: "lo que pasó en la furgoneta, se queda en la furgoneta".

Sodes libres de comentar as que vos acorden!! Eso si, as propostas de Arturo e a amiga de Chelo, mellor gardámolas para nós, os que as tiñamos que escoitar xa o fixemos mentras estabamos de cañas...

;)

Bicos a todos!

13 may. 2010

XORNADAS DE TECNOLOXÍAS PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: APLICACIONS NO ÁMBITO RURAL.

EN LUGO, NA COVA DA TERRA
18 e 19 de Maio de 19:00 a 21:00

XORNADAS DE TECNOLOXÍAS PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:APLICACIONS NO ÁMBITO RURAL.

18 de Maio

19:00 "Importancia da Ordenación Territorial e o Fortalecimiento Institucional nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento; dende o enfoque de conca".

20:00: “Plans de manexo de fincas, unha ferramenta innovadora, un caso práctico en America Central, en especial coidado protección dos recursos hídricos ”

19 de Maio

19:00: “Biodixestores artesanais. Un caso práctico de aplicación de tecnoloxías apropiadas no coidado dos recursos naturais, para un desenvolvemento sostible"

20:00: "Biomasa e Bioenerxía: Tecnoloxías para un Desenvolvemento Sostible".

11 may. 2010

Resumen temas tratados en la lista de correo de Junta Directiva durante el mes abril

Respuestas de los socios a la convocatoria de Asamblea General:
"Xa recibín a invitación para a Asamblea tanto por escrito como agora por mail. Noraboa pola iniciativa. A capacidade de autocrítica de ESF é unha das razóns polas que son socio.

Apeteceriame moito estar na Asamblea, porque creo que un tema moi interesante o da escasa participación nas entidades, algo moi común ao noso sector. Merece unha reflexión amplia sobre o papel meramente técnico ou reinvindicativo ou de incidencia das ONGD (mais alá da mediocre excusa do 0,7%). Lamentablemente, é difícil que poida estar xa que estarei de viaxe. Confío en que podamos reflexionar sobre estes aspectos noutros intres.
Unha aperta e noraboa de novo a toda a Xunta Directiva".

"1.- Son profesor na etse de telecomunicación de Vigo.

2.- Apuntéime por aportar simplemente unha cantidade para que os que queiran facer algo, poidan dispoñer de algunhos fondos para facelo.

3.- É típico que a gran maioría dos asociados non se involucre na xestión das asociacións (dalgún xeito confían no que a directiva decide facer).

4.- Estaría encantado de poder participar en algún proxecto da asociación. (o fillo dunha amiga de barcelona, estudiante de teleco na upc, estivo penso que en Sierra Leona colocando elementos para montar unha rede wifi nunha universidade de alá). Eu non poido plantexarme facer nada así (teño 48 anos, 3 fillos, unha muller, unha minusvalía, ... vamos que non é o caso) pero sí podo ver de motivar a alumnos dos meus estudantes, e dos que veñen a facer o pfc conmigo a involucrarse en proxectos de isf.

Podemos ver de facer unha pequena reunión (eu uso moito o skype) e comentar a ver si podemos pergeñar algo!

5.- A actual directiva non tendes que pensar que facedes nada mal polo feito de ter pouca asistencia (posiblemente é ó revés. Si as cousas non funcionasen entón moitos mais socios irían á reunión para ver de enderezar o que estivese fallando).

Ánimo, ánimo, ánimo."

Llega una curiosa propuesta de financiación:
" [...] tengo un amigo que tiene un par de locales de copas en el centro de Vigo. Ha tenido mellizos la semana pasada y se le ha ocurrido la genial idea de crear dos chupitos en honor a sus dos retoños. El 50% de la recaudación de dichos chupitos, durante al menos un año, quiere destinarlo a una obra social relacionada con el Agua. Son dos locales con bastante movimiento y la idea está teniendo una gran aceptación."

Se continua con el debate para la renovación de cargos en XD:
Se pide que se haga una definición de las funciones asociadas a cada cargo.


Utilización del coche por parte de Mireia en Honduras:
Mireia se compró un coche y lo utilizará para los desplazamientos relacionados con el proyecto que lleva a cabo. ESF le pagará el kilometraje como se hace aquí con los voluntarios.


Llamada a ONGs desde el partido socialista para un desayuno-toma de contacto:
Comentamos si debemos asistir a este tipo de actos. Se había acordado que no siempre que sean en campaña electoral.


Pregunta: ¿Qué se hace con el dinero que se cobra por dar charlas?:

- Si llaman a ESF y la persona va representando a ESF, el dinero es para ESF (descontando gastos de dietas y desplazamiento de la/s persona/s que vaya/n).
- Si llaman a la persona específica por lo que sabe de un tema de cooperación (aunque sea de ESF o colabore en ese tema en ESF), la persona va por su cuenta y puede hacer con el dinero lo que quiera.


Despedida de Tania Palmeiro de la XD:
Tania había ocupado durante mucho tiempo la vocalía del Estarivel. Ahora, con la creación de la vocalía de Comunicación y la falta de voluntarios para llevar adelante la revista, desaparece dicha vocalía, con lo que Tania se despide de la Junta Directiva. Muchos abrazos Ta, ha sido un placer trabajar contigo!

Colaboración ESF Galicia - AGARESO (Asociación GAlega de REporteiros SOlidarios, www.agareso.org):
Nos proponen hacer una visualización del proyecto que estamos llevando a cabo en Nicaragua.
Consistiría no sólo en hacer entrevistas, grabar y maquetar un video sobre el proyecto sino en conocernos, trabajar juntos en sensibilización, asesorarnos en temas de comunicación, a través de Agareso Radio 24horas...


Donación de botas de goma:
Recibimos una curiosa carta:
"Me llamo Marcos y soy estudiante de ingeniería. Recientemente mi padre acaba de entrar en la gerencia de una empresa en la que parte de ella estaba casi abandonada, en sus primeros días allí se encontró en un antiguo almacén un montón de botas de goma nuevas que esta empresa había desechado porque la producción de la misma había cambiado de hacer botas a hacer bandas transportadoras y otra piecería industrial de goma. Había pensado en donarlas y no sabía a quién por lo que yo me ofrecí a encontrarle salida y pense en vostros por si queríais recogerlas y así usarlas como material para ayudar al trabajo en vuestros proyectos. Son unas botas cojonudas, con forro por dento y echas de una sola pieza, son supercómodas (yo me quede un par para trabajar en el campo) e impermeables, debe de haber casi 200 pares además de bambas de tallas de niños como unos 50 pares, bambas de suela de goma y lona azul."

Consideramos que pueden ser útiles para los proyectos en el Sur y organizamos gente dispuesta a ir a buscarlas a la fábrica y luego a llevarlas en sus equipajes cuando hagan un viaje a esos países en donde trabajamos.

Donación de libros:
Recibimos este correo de la oficina de voluntariado de la USC: " O Círculo de Lectores, a Fundación Logística Justa e a Fundación Seur, queren fomentar o acceso á lectura á través da doazón de libros, polo que teñen en marcha este proxecto a través do que as entidades sen ánimo de lucro podedes facer unha petición para recibir libros para as vosas bibliotecas.

Pódense solicitar ata 40 títulos, unha vez ao ano, a través do correo electrónico buzon@enlibrate.org, indicando o motivo da petición e a quen se destinarán os libros (infancia, xuventude, adultos, ou todas as idades).

Tendes máis información na web do Proxecto enLíbrate: http://www.enlibrate.org/"

Se propone al grupo de Voluntariado que gestione el tema.


6 may. 2010

Entrevista a María Vázquez Rey - Radio Fusión

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a María Vázquez Rey, voluntaria da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Arredor de Nós" de Radio Fusión o 6 de maio de 2010.
Durante a conversa, María fala sobre a sobre a Jaima Saharaui instalada polo Grupo de Sensibilización e Incidencia de ESF Galicia en Santiago de Compostela, os días 4, 5 e 6 de maio de 2010.

Jaima 2010, día 2: a expedición coruñesa e reunión de sede

Segundo día de Jaima!!

Ademáis é o día central, porque está no medio, e porque vai completo dende o inicio ata o fin. Explícome, non hai que "montar" nada concreto nin ir buscar nada que xa non estivera alí perdendo horas da mañá, e tampouco hai un motivo polo que recoller antes. De feito, neste día, a Jaima non tiña hora de peche!

Á primeira hora da mañá chegamos Chelo e eu (María) para recolocar todo e cambiar o ticket da O.R.A., algo importante...Unha vez colocado todo, había xente que iba e viña, non mareas humanas, pero sí que se acercaban a nós, e como di o delegado saharaui, "eso xa é un logro, ainda que solo sexan 5 persoas, xa son 5 persoas máis que están sensibilizadas. E 5 hoxe, 5 mañá..."

Ó longo do día pasaron moitas cousas que nos fixeron sentir moi ben. Polo tanto, moitas cousas que contarvos!

Unha delas foi que despois duns meses traballando con nós na distancia, Álvaro (o corresponsal de sensi compos en Vigo) voltou a estas terras para compartir con nós a experiencia da "Jaima II". Quedaría con nós o mércores e parte do xoves.

Quedamos a comer todos na Jaima, moi contentos polo que chegaría despois da comida, e non era o postre...

Tratábase do primeiro grupo da expedición Coruñesa á Jaima:

Quedamos supercontentos de que un grupo tan numeroso se animase a coller o tren e presentarse en Santiago para ver a nosa actividade. Explicámoslles un pouco como ía todo e puxémonos a facer té! probar as vestimentas saharauis...


xogar á oca e parchís saharauis...


E o tempo pasou voando, tiñan que volver coller o tren para retornar á súa terra, pero non sen deixar pegada da súa estadía no noso "libro de visitas" .



Tras a súa marcha a jaima quedou cun sentimento de vacío, pero pronto recuperamos as nosas enerxías, achegabase a hora dos contacontos, a actividade de horario fixo que estaba marcada para o día de hoxe.






Ademáis, chegou a segunda parte da expedición coruñesa...Sabela!


Ó rematar a Tropa de Trapo de emocionarnos, fomos baixando as portas da Jaima para quedar nela a sede de Compostela, que hoxe levaría a cabo alí, a súa reunión de sede onde ademáis tería lugar a presentación de AGARESO para colaborar mutuamente con ESF e a formación interna, neste caso a cargo do grupo de sensi pois o tema era Sáhara.

A formación en Sáhara consistiu nun xogo que o grupo de sensi preparara, o "Quiz Sáhara", unhas preguntas que os asistentes debían contestar divididos en 2 grupos. Un deles era o formado por: Cris Zolle, Álvaro, Andrés e Roberto Roget (novo PCR). O outro grupo era o de: Patri Iglesias, Adela, Ríos e Sergio. As preguntas lanzábaas a coordi de sensi e cada grupo debía lanzarse a polo pulsador, unha das garrafas baleiras de auga que había da balanza que tiñamos na Jaima, unha vez que soubesen a resposta. Se fallaban, había rebote para o grupo contrario.

O grupo gañador: o de Adela, Patri, Ríos e Sergio, que recibirá o premio na seguinte reunión de sede.


Como podedes comprobar, a luz era escasa, pero a candea de Xacobe deu para moito!
Desa reunión sairon ideas como o punto sorpresa ao final da mesma: irnos de acampada a Ons!!Toda ESF Galicia!!Así que apuntádevos no doodle que, Helena Eijo, Coordinadora de Sede, enviou!

Xa vedes, un segundo día de Jaima, no proxecto "Jaima II" moi completo, para que logo digan das segundas partes...jeje

Para rematar, si no día de onte acabei cunha frase surxida despois dun "abrazo sensibilizador" nas portas da jaima, para este día fagoo coa contestación que a nosa marabillosa Sabela lle dixo ó noso estupendo Pepe, dunha punta á outra da Jaima cando se viron e el lle preguntou a Sabela que facía alí en vez de estar na reunión de PCR...

"Yo ya avisé de que no iba a la reunión, que tenía Jaima!"