12 oct 2010

Habilidades comunicativas: captando a atención, comunicando a nosa mensaxe.

Dende a sede de Compostela e con motivo das charlas de inicio de curso e a campaña "Faltas ti" de voluntariado, decidiuse facer unha formación interna sobre temas de comunicación de cara á audiencia que nos escoita.
Temas do estilo de como falar en público ou como facer que a audiencia non se durma, como chamar a atención de aqueles que nos escoitan para que a nosa mensaxe non sexa tan só palabras que leva o vento.
Un tema que nos pode servir a toda a asociación de cara ás diversas charlas que facemos dende cada unha das sedes.

Dita formación levará como título: "Habilidades Comunicativas: captando a atención, comunicando a nosa mensaxe". Será impartida por María Vázquez, na Sede de Santiago de Compostela (local de alumnos), mañá mércores ás 20h.

Porque moitas veces é complicado chamar a atención sobre o que queremos comunicar, e comunicalo de maneira que se entenda o que queremos dicir.

No hay comentarios: