18 mar 2010

Proxección da película - documental: FLOW

Con motivo da celebración do do Día Mundial da Auga, este luns 22 de marzo, ESF Galicia proxectará simultáneamente na Coruña e en Lugo a película – documental: FLOW: For Love Of Water (Por amor á auga).

O filme, dirixido por Irena Salina e mundialmente premiado, investiga a crise mundial da auga provocada pola privatización deste recurso hídrico en todo o planeta e expón unha morea de feitos que levaron a esta situación presentando a moitos dos responsables desta crise, tanto gubernamentais como corporativos. Ademáis mostra moitas das alternativas propostas por persoas e organizacións que loitan para tentar acadar que a auga sexa considerada como un ben común.

Actualmente, no mundo máis de 1.200 millóns de persoas carecen de acceso á auga e ao redor de 2.700 millóns non disponen de saneamento. A ONU calcula que case 10.000 personas morren cada día por enfermidades evitables, relacionadas coa auga ou co saneamento deficiente. A pesares de todo isto, o acceso ao abastecemento e ao saneamento segue sen considerarse un dereito humano plenamente recoñecido, esquecendo que a auga é o recurso básico e insustituible para a vida.

A proxeción desta película – documental está destinada a todo o público interesado e enmárcase dentro da campaña de sensibilización: “Mes da Auga” coa que ESF Galicia pretende achegar e informar sobre esta realidade para que todos sexamos conscientes da mesma si queremos aspirar a mudala.

As proxeccións terán lugar como segue:
  • Na CORUÑA:

Lugar: Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia.
Hora: 19:00h
Enderezo: Rúa Cantón Grande, 21 – 24. A Coruña .
  • En LUGO:

Lugar: Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior.
Hora: 19:00h
Enderezo: Campus Universitario, s/n. Lugo.

Para máis informacións, os interesados poden visitar:

1 comentario:

Sabela dijo...

Qué bien, a ver si se apunta mucha gente :)