18 feb 2010

Os de “Sensi – Compos” comezamos cos STANDS!!!!


Tras un período de “simulada” pausa (e digo simulada porque ainda que de forma non física seguía habendo contacto entre os membros de sensi compos, as nosas ideas seguían xurdindo e o correo non cesou de todo neste tempo) debido aos períodos que todo estudiante pasa de vez en cando…AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA e pisando forte para comezar unha época de activides que durará uns meses enlazando unhas coas outras e entremezclandose coas de outros grupos.
Pois ben, achegome a esta ferrametna de comunicación para facervos coñecedores da nosa primeira actividade: os STANDS NA USC.
Tras meses sen reunión física levamos dúas de grande intensidade de traballo e duración, pero estrictamente necesarias e productivas.


Na foto pode apreciarse a Chelo e Xacobe dándolle as últimas voltas aos primeiros materiais que precisaremos na posta en marcha, non sen olvidar, por suposto, os doces típicos do momento...e a caixa da piza, pois comimos mentras traballabamos...je

O primeiro stand será colocado na Facultade de Biología do Campus Sur de Santiago o día 24 de febreiro deste ano.
Este ano, ademáis de transmitir no noso stand o tema Sáhara, acordamos pedir tamén materiais a outros grupos ESFeros para transmitir tamén as súas actividades a modo “stand xeral de ESF”.

A este día seguiranlle outras datas nas que estaremos nas Facultades de C.C. da Educación, Matemáticas e Química nas sucesivas semanas e cun día de duración en cada unha.
Tamén hai que decir que como outra novidade máis deste ano, imos colocar un dos stands en LUGO!! As razóns…moi claras: porque en Lugo EXISTE UNHA SEDE ESFERA da que estamos orgullosos que participe con nós, porque Lugo tamén pertence á USC, e porque debemos chegar o máis alá posible!!

Pero as novidades non acaban aí. Está en mente e sobre o papel a nosa participación a modo estand en Coruña, sede coa cal estamos unido lazos cada día un pouco máis tendo á vista outras participacións conxuntas en diversas actividades de cada unha das sedes para así poder traballar os grupos de sensibilización todos a unha como un GRAN GRUPO!!

Adiantarvos xa que estou que por Compostela se darán moitas máis actividades nos vindeiros meses, poderedes disfrutar aquí da Xuntanza na cal vos animo a participar, O curso que leva a cabo o grupo de EpD, e a posterior Jaima en Compostela que repetiremos alá polo mes de maio.

Sen máis que comentarvos, polo momento…un saúdo grande a todos!!

4 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

con tanta ilusión (axudada dunha boa planificación)malo será.. ;-)

maría dijo...

jejeje
eso digo eu, malo será...esperamos que todo saia ben, polo momento, ainda que poucos, creo que todos temos claro o traballo, a curto plazo, pero claro....e este ano xa levamos algo mellor eso da planificación, ademáis ao ter que facer a formulaciñon para a comisión...xa nos obligamos a repasar todo!

Anónimo dijo...

María?? qué es eso de sacar fotos sin consentimiento?? Será... ni me enteré de que tenías la cámara. ves Patri? estábamos tan concentrados planificando... xDD

maría dijo...

jajajajaj
foi co mvl, ocorreuseme estando alí, pensei no do blog, e como quedaramos en que facia eu as entradas...pola noite veume a inspiración e dixen...entrada!!!jejeje