31 jul. 2009

Tratando de describir que es ESF

Como la mayoría de quien lee este blog ya sabe hace poco hemos renovado la infraestructura sobre la que se asienta la página web de ESF Galicia. Ahora iniciamos el proceso de dotarla de contenidos, empezando por escribir el "quien somos" o el "que es esf". Íbamos a dejarlo en poner la misión, visión y principios pero ¿define eso realmente a una entidad? A mi particularmente me vinieron a la cabeza unos párrafos de Las uvas de la ira. Las ONGs no están exentas del peligro de que la imagen de marca las aleje de su fin Las nuevas estrategias de comunicación nos dicen además lo importante que es comunicar desde lo personal

Con lo anterior en la cabeza, no podiamos dejar pasar la oportunidad de tratar de definir ESF de un modo algo distinto al tradicional, y así surgió un pequeño texto del que me siento muy orgulloso.

La primera línea dice así:
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) é por encima de todo as persoas que a forman

Y es que esto es en realidad el hecho diferencial de ESF, el increible buen rollo y la horizontalidad que hay en la asociación.

(versión en castellano del "quien somos")

27 jul. 2009

SEGUNDA REUNIÓN DEL GAT

El pasado sábado 25 de julio, el Grupo de Administración y Tesorería celebraba el día de Galicia con una reunión entre sus representantes de Coruña, Ferrol y Vigo.

El tema a tratar, además de conocernos, fue la implantación de los métodos de realización de transferencias y de contabilizar pagos en otras sedes.

Aquí tenemos una foto conmemorativa de la ocasión:


De izquierda a derecha, en primera fila: Quique (el presi) y Alfonso (tesorero); detrás: Ángeles (Gestor de Tesorería de Sede de Vigo), Saray (GTS de Ferrol), Ana (contable) y Sabela (GTS de Coruña).

25 jul. 2009

PLANS DE MANEXO DE FINCAS

O pasado mércores 22 tivo lugar o obradoiro de Plans de Manexo de Finca, que preparou Sergio Fernández, técnico de ESF Galicia. A sesión tivo dúas partes:

- unha aberta ao público de 1 h de duración máis teórico sobre a importancia desta ferramenta e por qué a consideramos Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, ao que asistiron 11 persoas. Aquí podedes ver algunha foto e tamén a presentación que se fixo.




- outra de traballo interno do grupo de Desenvolvemento Agropecuario de ESF Galicia a continuación do anterior, no que se analizaron algúns modelos de plans de manexo de finca dos que se realizaron nos programas de ESF Galicia e noutros, de cara a busca de posibles melloras nos mesmos, e noutros que se fagan nun futuro.

20 jul. 2009

OBRADOIRO DE PLANS DE MANEXO DE FINCA

Este mércores, día 22 de Xullo, a partir das 19:00 na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela (Campus Sur), se impartirá un obradoiro de formación aberto ao público sobre "Os plans de manexo de fincas: tecnoloxía para o desenvolvemento humano", organizado polo grupo de desenvolvemento agropecuario de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, baseado na experiencia de case 3 anos de traballo neste ámbito en Nicaragua. A duración do obradoiro será de aproximadamente unha hora, e abordarase o contido seguinte:
- A Ordenación Territorial, o marco de referencia.
- Plans de Manexo de Finca, punto de encontro dos enfoques territorias de arriba-abaixo e de abaixo-arriba (top-down, bottom-up).
- O proceso de elaboracion dun Plan de Manexo de Finca.
- Exemplos de Plans de Manexo de Finca.
- Conclusións. Plans de Manexo de Fincas, ¿tecnoloxía para o desenvolvemento humano?

16 jul. 2009

REUNIÓN GAT (1ª parte)

Depués de varios meses intentando reunirnos los del Grupo de Administración y Tesorería, el pasado 11 de julio lo conseguimos por fin!! El GAT de Coruña conoció a las representantes del GAT de Santiago.



Para que nos conozcáis, en la foto empezando por la izquierda: Ana (contable), Ana (ex GTS de Santiago), Natalia (nueva GTS de Santiago), Vanessa (ayudante de contabilidad y de cuotas) y Sabela (GTS de Coruña).

La jornada transcurrió de la siguiente manera: Por la mañana tempranito recibimos a las chicas compostelanas en la estación de tren, pero como no nos conocíamos, llevamos un peculiar objeto ientificativo (gracias Paola!!) que porta Alfonso (tesorero) en la siguiente foto.



Luego nos desplazamos a la sede de Coruña y estuvimos comentando distintos aspectos de las tareas de un GTS (Gestor de Tesorería de Sede): los queridos protocolos de gastos, los programas para hacer pagos por transferencia, las partidas del control presupuestario...



Al terminar, Ana y Natalia se fueron a comer a sus casas (tenemos pendiente una comida del GAT!!). Y ahora, estamos a la espera de concretar un día para reunirnos con Saray y Ángeles, GTSs de Ferrol y Vigo respectivamente. Ya os informaremos de la siguiente reunión :)

15 jul. 2009

Calcula el CO2 que produces cuando viajas

En blog No hay tiempo que perder escriben un curioso artículo sobre una herramienta de WWF que permite calcular nuestra huella de carbono cuando viajamos entre distintas ciudades. Desde la propia herramienta podemos después comprar créditos de carbono para compensar nuestro desplazamiento.

Si bien la herramienta tiene algún fallo (de vigo a santiago sólo recomienda el coche y no el tren) y desconozco lo realistas que son esos valores si que valen para hacernos una idea general. Y al margen de esto este tipo de iniciativas si que creo que pueden ayudarnos a reflexionar sobre los costos ocultos de lo que hacemos.

Toda actividad humana tiene un coste, generalmente ese coste sólo lo medimos en términos económicos, temporales, de esfuerzo o comodidad y de felicidad. Por ejemplo:
  • En un viaje calculamos el tiempo y el dinero que nos llevará llegar en tren frente al que nos lleva en coche, además del hecho de tener que desplazarnos hasta la estación.
  • A la hora de estudiar una carrera, aunque sea a nivel subconsciente, valoras el esfuerzo que supondrá estar 5 (o más) años estudiando, frente a las ventajas que obtendrás después
  • Cuando compramos un kilo de café o un litro de leche, comparamos precio contra calidad (o sabor)
Pero ¿Son estos los únicos criterios que deberíamos usar?
  • Sabes que el kilo de café es así de barato por la explotación a la que se ven sometidos los productores en origen.
  • Sabes que coger el coche para ir a esa cafetería que está a 20' andando está teniendo consecuencias negativas en el efecto invernadero
  • Sabes que ha habido guerras para controlar las reservas de coltan para fabricar tu nuevo movil cuando el otro funcionaba perfectamente.
No quiero que se me entienda mal, no hablo de vivir agobiados por la culpa, o volver a las cavernas. Se trata simplemente de que vayamos interiorizando que existen más criterios que el meramente económico a la hora de tomar decisiones.

Y no se trata tampoco de comprar en la tienda de comercio justo pensando que con eso vamos a sacar a una familia de la pobreza, se trata de que intentemos hacer lo justo porque
No puedes pensar que posees algo de un modo efectivo hasta que no está garantizado como posibilidad para todos y cada uno. (David de Ugarte)

13 jul. 2009

NOVA TRACTORADA VIRTUAL

EN APOIO AOS GANDEIR@S GALEGOS E O SECTOR LACTEO DO 13 AO 17 DE XULLO

Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en
apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter un web, un blog, unhas páxinas persoais onde poder insertar durante eses días o código HTML que atoparás na páxina da primeira convocatoria.

A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.

Desde hoxe 14 ata o 17 de xullo o Sindicato Labrego Galego e outras organizacións agrarias teñen convocadas tractoradas polas rúas do país. A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.

O día 17 a web da RA e as distintas webs dos colectivos, blogs e outros espazos da rede van a levar adiante unha tractorada virtual. A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.

8 jul. 2009

ACTOS DE CALLE POLA REUNIÓN DO G8



Coincidindo coa xuntanza do G-8 en L’Aquila (Italia) que trata de refundar o capitalismo, a Rede Anticapitalista ( RA! ) convoca concentracións o xoves 9 de xullo en distintos lugares de Galiza.
Compostela, ás 21:00 horas na praza do Toural
Lugo, ás 20:00 horas na Praza Maior
Ourense, ás 20:30 horas na rúa do Paseo

Pontevedra, ás 20:00 horas na praza da Peregrina

Desde a RA estamos convencidos que é un acto antid
emocrático (neste club non teñen voz os pobos do sur), inmoral (pretende normalizar a situación previa para seguir especulando), ilegal (estase axudando a banca sen abrir procesos xudiciais por malversación de fondos e estafa) e sobre todo suicida (se restaura o modelo a crise financeira pode ser infarto ecolóxico).

Estamos diante da primeira crise da globalización pero sendo central a crise financeira estamos diante dunha crise estructutural de dimensión múltiples crise de traballo, de acceso aos alimentos, enerxética, medioambiental e financeira. As solucións que nos impoñen desde o poder –máis libre comercio, máis cartos públicos para res
catar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de esconder que a crise é produto do sistema capitalista e do neoliberalismo, que só afondarán os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Namentres se quere refundar o capitalismo se trata de ig
norar a crise mais importante: o sistema asentado artificialmente sobre un modelo consumista insostible ten como único soporte o endebedamento, mentres que o medre da brecha entre ricos e pobres, a precariedade, a invisibilidade dos traballos realizados dende sempre por mulleres e o desregulamento laboral son concibidos como algo consubstancial ao propio sistema, un medio máis para manter e incrementar os beneficios duns poucos en detrimento das persoas.

Os países do Sur, seguindo as directrices do FMI, B
M e OMC, foron forzados a liberalizar as barreiras comerciais, desregular os mercados financeiros e laborais, privatizar as industrias nacionais, abolir os subsidios e reducir o gasto social e económico. Unha ortodoxia que os “ricos” incumpren cando interesa e agora máis ca nunca. As estimacións acerca da cantidade de cartos que os estados empobrecidos perden por fuga de capitais e expatriación de ingresos impoñibles varía de 350.000 millóns a 500.000 millóns de dólares ao ano.

O FMI calcula que as perdas directas da crise financeira provocará a entidades de todo o mundo un monto de 1,4 billóns de dólares, pero as perdas económicas globais estímanse moito maiores.

Mentres o Goberno español poderá chegar a investir ata 150.000 millóns de euros para axudar á banca, o que destina a axudas contra o desemprego é 170 millóns de euros.

Xa sabiamos que o liberalismo actual era unha gran mentira: subvencións e axudas ás multinacionais do Norte e fortes aranceis aos peque
nos produtores e produtoras. A libre circulación de capitais existía pero a libre circulación de traballadores e traballadoras era freada por centos de valados e muros. Agora descubrimos algo “novo” tras as operacións dos gobernos por rescatar os beneficios da banca: o liberalismo consiste na legalización do roubo.

É HORA DE ACTUAR

En xeral, a esquerda institucionalizada abandonou ha
i tempo os seus programas de transformación social, ben porque non quere ben porque non é quen de levar adiante propostas de cambio.

Somos os movementos sociais e as cidadanías de diferentes rexións do mundo os que temos dado a cara diante da incertidume. Primeiro poñendo en marcha un movemento de resistencia diante dos diferentes cumios dos amos do mundo.
Segundo, xerando espazos de reflexión en diversos foros sociais. E, de seguro, artellando propostas programáticas de cambio como xa o están a facer as organizacións sociais e movementos cidadás en diversas partes do mundo.

Os movementos sociais e organizacións cívicas galegas coincidindo coas reflexión plantexadas no foro de Belem o pasado xaneiro temos decidido non so propor alternativas ou mobilizarnos senón artellar unha rede para a mobilización global
que teña como elementos vertebradores:
  • Unha iniciativa plural e aberta a todas aquelas persoas e colectivos que queren impulsar un proxecto de cambio estratéxico sistémico.
  • Unha aposta transversal. Un dos grandes logros do sistema é a fragmentación de loitas. Faise necesario artellar redes globais e transversais de cambio.
  • Unha opción programática que teña como piares a radicalidade democrática, o modelo económico sustentable ao servizo das persoas en harmonía coa natureza e a xustiza social global. Unha proposta que busque solucións reais no decrecemento, a sustentabilidade e a soberanía alimentaria.

A crise económica mundial podemos e debémola converter nunha oportunidade histórica de transformación.
Formamos parte da RA organizacións que levamos anos combatendo as consecuencias do modelo inxusto, a pobreza e a destrucción do hábitat pero que agora queremos tamén combater conxuntamente as causas: e a causa e o capitalismo.
“NON IMOS PERMITIR QUE REFUNDEN O CAP
ITALISMO, MELLOREN OS SEUS BENEFICIOS E PISEN OS NOSOS DEREITOS.”

4 jul. 2009

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: XUÑO

Aquí vai un resumo do que podedes ver nos blogs esfeiros no mes de xuño para que non lles perdades a pista. E, de regalo, algúns links que seguro que serán do voso interese. Vaia tamén desde aquí un recordo ao cooperante Vicente Ferrer, que algún dos voluntarios de ESF coñeceu en persoa.


BLOG CORPORATIVO (este mesmo)

No mes de Xuño podedes ver comentarios dos asistentes ás distintas sesións do Curso de Introducción a Cooperación en Santiago, a histórica xornada de avaliación dos PCRs 2008 (nunca se fixera algo así), as reflexións saídas dunha charla sobre o Tratado de Lisboa con motivo das eleccións europeas que organizou a sé de Santiago, e mesmo podedes unha parte do traballo do GSI en Coruña.


BLOG NICARAGUA

- Este mes, se ben sigue estando pouco activo, fíxose unha entrada coa despedida e peche do proxecto cos compas de La Cuculmeca, onde tamén se pode ver unha montaxe fotográfica ben chula e o informe de avaliación externa final do proxecto, moi interesante. Ademais hai un exemplo do material de sensibilización ambiental que se reparte co proxecto.


BLOG HONDURAS


- proxectos en Honduras. Este mes foi bastante movidiño (unha certa mala racha, pero seguimos adiante!). Tras o terremoto, fotos da nova oficina, roubo do ordenador e outras cousas da oficina, coñecemos Coray (un dos municipios onde ESF comeza a actuar), vemos como avanza o traballo co CARTOLAB da UDC na base de datos GIS para o Plan de Xestión Integral do REcurso Hídrico, formación comunitaria en La Majada, ou nestes últimos días sobre o exército nas rúas de Tegucigalpa e o golpe de estado...


BLOG DA ASIGNATURA DA UDC

- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Neste mes o grupo despídese ata o ano que ven, tras realizar un grandísimo traballo, como cada ano dende hai xa 8.

OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, que este mes estiveron máis parados, pero que seguen organizando a campaña Apaga o Candil e iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara...
- proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos (aínda que próximamente haberá algunha sorpresa).


OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por voluntarios de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú.
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD


OUTROS ENLACES DE INTERESE NO ÚLTIMO MES

A transparencia radical nas ONGs COMUNICACIÓN
Facebook, ¿es de la CIA? TpDH, COMUNICACIÓN
Cochabamba, de la guerra a la gestión del agua. AUGA
La Universidad Abierta y Global. EDUCACIÓN e COÑECEMENTO LIBRE
Refugiados ambientales? MEDIOAMBIENTE
¿Avanza a FAO cara unha protección real do campesiñado? AGRO
Conflictos con indígenas en la región amazónica del Perú ACTUALIDADE
Segundo encuentro del sector de la cooperación al desarrollo ONGs
Son los pobres los mejores expertos en pobreza? (en inglés). FILOSOFÍA.
Un buen resumen de la economía mundial de los últimos tiempos desde una óptica de USA. DESENVOLVEMENTO
El efecto bumerán en Monsanto. AGRO
Compra masiva de tierras por multinacionales. DENUNCIA
Las compensaciones de CO2: ¿Timo o instrumento eficiente? AMBIENTE Y COOPERACIÓN
Comunicación 2.0=Esencia ONG ¿Tu organización no se ha puesto las pilas? COMUNICACION
El cuarto mundo. DENUNCIA
Traballo en rede en cooperación. FILOSOFÍA
La vía campesina. ORGANIZACIONES (con información sobre lo que ocurre en Honduras).

No quiero que me recuerden cuando muera, que me dejen en paz… allí volveré a hacer otra fundación Vicente Ferrer.
Vicente Ferrer.

3 jul. 2009

FORMACIÓN XERAL PCR 2009

Animádevos a estar connosco!

Formación Xeral PCR 2009


Convocatoria

Día: Martes, 7 de Xullo de 2009
Hora: 15:55
Lugar: Aula 6. ETS de Camiños, Canais e Portos. Campus Elviña. Coruña.


Horario

16:00 - Autopresentacións, saúdos, comentarios.

16:05 - "Que é Enxeñería sen Fronteiras" por Jose Vara.

16:50 - "Teorías da Cooperación" por Jose Anta.

17:35
- Descanso

17:50 - "Interculturalidade" por Marta Sara Santidrián.

18:35 - "Cómo comunicar o que vivo?" por Lucía Neira

19:20 - "Seguridade e Saúde" por Xavier Loureiro

19:50 - "Compromiso PCR" por Sergio Fernández



2 jul. 2009

NOVA CONCENTRACIÓN CONTRA O GOLPE EN HONDURAS

O venres 3 de Xullo no Obelisco en Coruña, ás 20:00 h, hai prevista unha concentración de condena do golpe de estado en Honduras.

NON FALTEDES!

----------------------------------------------------------------------

OUTRAS ACTIVIDADES PREVISTAS

Onte mércores fronte ao consulado honorífico estivemos un grupiño de persoas de diversas institucións e redes sociais, e hoxe a media mañá farase entrega dun comunicado no propio consulado. Ademais tratarase de facer chegar un manifesto a tódolos medios para que difundan a situación e ás formacións políticas do parlamento galego para que amosen a súa condena expresa. Non se descarta, de seguir a tensión no país, organizar algunha actividade máis durante a semana que ven noutras cidades galegas.


¿E eu, qué podo facer? Ademais de asistir aos actos e concentracións que se vaian convocando, enviar unha proposta de condena do golpe de estado ao foro do parlamento galego, e un correo-e mostrando a túa preocupación ao consul honorífico de Honduras en A Coruña, Marco Criado López (mcriado(arroba)icacor.es )

1 jul. 2009

MANIFESTO Rá! HONDURAS

Concentración hoxe mercores 1 de xuño ás 20,00 horas diante do consulado de Honduras na Coruña

A Rede Anticapitalista (Ra!), esixe a volta do presidente Zelaya a Honduras e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais

Galiza 30/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un Golpe de estado e secuestraron ao Presidente Zelaya, truncando así as aspiracións democráticas da poboación que se preparaba para realizar a enquisa popular.

Ao coñecerse a nova as organizacións sociais de Honduras, incluíndo ás da Vía Campesina, saíron ás rúas a repudiar este feito e esixir o regreso do Presidente Zelaya ás súas funcións que a lei lle outorgou.

Desde a Rede Anticapitalista ( formada por 28 colectivos e organizacións sociais ) compartimos a valoración que fai a Via Campesina de que estes feitos son accións desesperadas da oligarquía nacional e a dereita por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionais, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros.

Dende a RA! sumamonos as demandas feitas pola Vía Campesina, que son:

1. Reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue
2. Chamamos ao Exercito que non reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia
3. Que se respecte a integridade física dos dirixentes sociais, incluíndo a Rafael Alegría, dirixente internacional da Vía Campesina.
4. Esiximos o retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras
5. Que as autoridades garantan en pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa a calquera forma de expresión libre.

Concentración mercores 1 no consulado de Honduras en A Coruña


O posicionamento da sociedade galega ten que ser claro e rotundo, esixindo a restauración democrática co presidente eleito Manuel Zelaya, así como presionar aos estamentos institucionais, Xunta de Galiza, Consulado honorífico Hondureño n´A Coruña, Ministerio de Exteriores do Reino de España, Governo do Reino de España; en que se tomen as medidas de presión necesarias

Hoxe mercores 1 de xuño á partir das 20,00 horas diante do Consulado de Honduras en A Coruña (Monforte 11 –ao caron dos novos xuzgados -) a REDE ANTICAPITALISTA concentrarase para repudiar o golpe de estado e esixir o cese da represión.

Asemade fai un chamamento para que se envien correos de protesta ao consul honorario Marco Criado López ( correo electronico mcriado@icacor.es)

CONCENTRACIÓN CONTRA O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

MÉRCORES 1 DE XULLO, A PARTIR DAS 20,00h.
RÚA MONFORTE (Xunto aos Novos Xulgados) A CORUÑA

DIANTE DO CONSULADO HONORARIO DE HONDURAS NA CORUÑA

CONCENTRACIÓN CONTRA O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

NON A REPRESIÓN, LIBERDADE DE EXPRESIÓN,
RESPECTO ÁS NORMAS DEMOCRÁTICAS!!!
VOLTA INMEDIATA DO PRESIDENTE ZELAYA!!!

Convoca: Rede Anticapitalista (Ra!)