26 nov 2009

Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD

Foi o pasado sábado 21 en Santiago, e alí estivo ESF como membro activo da coordinadora.

Na Asemblea, aprobouse o Código de Conducta das ONGD ao que as asociacións da coordinadora deben adcribirse por escrito (voto a favor).

Aprobáronse tamén os regulamentos das comisións existentes na coordinadora (Xénero, EpD, Incidencia, Comercio Xusto, das que ESF participa na de EpD e vai solicitar formar parte da de Incidencia) con algunha modificación como a maneira de darse de baixa dunha comisión, que ha de ser por escrito, como a petición de pertencer a ela (voto a favor).

Ademais, a coordinadora participará nos dous proxectos de banca ética que están en marcha en Galicia: FIARE e Coop57 (voto en branco, a votación era en bloque).

Co tema do descenso nos orzamentos para cooperación da Xunta, debateuse e deuse o apoio xeral ao informe redactado e quedouse en que a comisión de incidencia ía falar cos actores sociais (partidos, sindicatos, universidades...) para ver como se podía incidir no tema. O do pacto contra a pobreza entra no bloque anterior de incidir nos actores sociais, de todos xeitos aprobouse un documento presentado pola comisión de incidencia (voto a favor).

No hay comentarios: