22 ago 2009

G8: REPARTÍNDOSE O PASTEL

Hai unhas semanas anunciabamos uns actos de rúa na praza do Toural de Santiago de Compostela, promovidos pola Rede Anticapitalista con motivo da reunión do G8. Pois ben, certos reporteiros ESFeiros estiveron por alí, e tamén alguna que outra actriz... Entregáronse manifestos aos transeuntes e se fixo unha representación satírica imitando aos distintos mandatarios do G8, que facían declaracións a unha dicharachera reporteira, e logo "repartíronse o pastel do mundo", chamando a atención mesmo a moitos dos turistas extranxeiros que por alí pasaban (e que recoñecían ao gobernante do seu país). Como criada, que servía o champán para os brindis, estaba África, á que por suposto non permitiron quedar nin cun anaquiño do pastel.

Partindo o pastel

Alegría e alboroto tras o reparto do mundo

O pastel repartido

Lendo o manifesto que tamén se repartiu aos que por alí pasaban

1 comentario:

Sergio dijo...

y me corté de subir la foto de Sarcozy y Bruni...