30 abr 2009

ALGO SOBRE VOLUNTARIADO EN ESF...

A verdade é que motiva ver como as persoas voluntarias, polo menos en ESF, creen o que fan, a pesar dos problemas que xurden (e moitos) no traballo do día a día. Non coñezo ONGDs con voluntarios que se impliquen deste xeito. Eu agora que vexo as cousas dende outro punto de vista (de traballador na ONG tras ser voluntario bastante tempo), non deixo de sorprenderme.

Non sei a quen lle dixen o outro día que se toda a sociedade participara en ESF aínda que só fora un ano, seguro que se acadaría un cambio social, pero tamén un desenvolvemento personal, e así debe pensarse coa filosofía do voluntariado finalista, que é unha das nosas bandeiras (como contraposición do voluntariado utilitarista, que é no que o voluntario só é un medio para conseguir algo). E como comentamos o outro día no foro en Ferrol, simplemente o xeito de participar nunha pequena actividade, fai que a persoa quede marcada sen remedio, sendo xa un axente de cambio social máis consciente (qué boa a metáfora da pastilla vermella e a pastilla azul...).

Aínda hai ONGs que están debatindo este tema de voluntariado utilitarista-finalista, e outras nin o prantexan. Ademais, como puiden ver o outro día nun curso ao que asistín sobre "Convivencia entre voluntarios e contratados nas ONGs" dinme conta de que unhas o teñen máis complicado que outras...


Como me pareceu interesante a clasificación que vin aquí do voluntariado, vou usala para tratar de caracterizar o voluntariado de ESF:
- Segundo áreas de acción: trátase de voluntariado de cooperación, maioritariamente en sede.
- Segundo a forma de entender a finalidade: trataríase de voluntariado activista
- Segundo a involucración na institución, ao ser legalmente constituida, trátase de voluntariado formal.
- Segundo o nivel ocupado na organización: en ESF hai de tódolos tipos, segundo o grado de implicación que se poida ou se queira ter (como alguén dixo tras pasar unha gran temporada en postos de gran responsabilidade, "agora o que me apetece é simplemente pegar carteis").
- Segundo o nivel de participación na organización: trátase de voluntariado crítico (e que non quede títere con cabeza..., aínda que ás veces nos digan, medio con cariño medio en serio, "si é que ás veces sodes demasiado asamblearios").
- Segundo o nivel de presencia en sede: en xeral semipresencial (buf, o correo electrónico non se pode dicir que non o usamos, jeje, pero qué carallo, non é iso Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano?)
- Segundo tempo adicado: tamén segundo a disponibilidade, vai entre voluntariado reducido, pasando polo "voluntariado Ollos do Guadiana" e o continuo, até chegar ao "supervoluntariado" (que tampouco é moi desexable...).
- De voluntariados menos habituais, en ESF pódese empregar puntualmente o voluntariado experto.
- Segundo a relación coa exclusión, en xeral non había ningunha.
- Segundo o colectivo co que se traballa: sociedade en xeral (con especial incidencia na comunidade universitaria), e nas accións no exterior con comunidades rurais desfavorecidas e axentes de desenvolvemento local.
- Segundo a actividade que se desenvolve: hai voluntariado de sensibilización, pedagóxico, intelectual e de apoio en xestión.

E para rematar, un vídeo que pode dar unha idea disto que estiven contando...


3 comentarios:

Sabela dijo...

Qué bonito el videooooo. A ver si hacemos uno así en sensi, que tenemos mucho material (=fotitos) del mes del agua.

Patricia Iglesias dijo...

Boa reflexión... ainda que faltan os traballadores voluntarios, porque tameń desenvolvedes moito traballo que excede as vosas obrigas. Gracias por creer tameń neste proxecto! e acordarse de moitos voluntarios que a pesares de non estar actualmente activos, seguen aí... GRACIAS A TODOS os tipos de voluntarios, sexa como sexa, cada un pon o seu graniño de area ao seu xeito...

Olga dijo...

Me copio de tu idea!!
clasificando mi voluntariado con las ladies