31 mar 2009

Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento

Venres 27, continuación..


A continuación pasamos outra morea de comentarios por charlas dos traballos dos nosos aplicados alumnos...


Cooperación para o desenvolvemento. Perspectiva Histórica. Jose Anta


"... Es muy amable el ponente adaptándose a nuestras necesidades" ;-)

" .. que poñamos en práctica alí o que consideramos que sería idóneo aínda que sepamos que aqui nunca o vaiamos a aplicar (idea introducida ca diapositiva da cociña de Ikea..)

".. o que máis me chamou a atención é o exemplo da cociña da túa casa ca cociña solar que mostra a desigualdade entre Norte e Sur"

"As ONGD nacen porque algo non funciona"



Precedentes históricos da relación Norte-Sur. O colonialismo. Jose A. Martínez


" chamoume a atención a idea de que os países do Sur non interesaron ata que non foron colonizados polos paises do Norte (non existían nin mapas)"

"el cambio de título que hizo el ponente pasó de Historia del Colonialismo a Historia del Sometimiento"

"me aprecío asombroso los anuncios de periódicos alquilando niños negros para jugar... clasificándolos como aniimales de compañía..."

"resaltaría la comparación del Holocausto Nazi con el Colonialism, ya que en el primer mundo tendemos a ver sólo lo que nos afecta"

"A globalización é o mesmo termo que o colonialismo ou imperialismo pero soa ben" .." es puro marqueting"

"non é por falta de cultura ou falta de cultura senon por falta de interés.."




Noelia e Rios (estreando as súas entradas ó blogg baixo a batuta da Patri-teacher ;-D)


29 mar 2009

A Ra!

A Ra! xa existe.

Tralo seu acto o pasado sábado, a Ra! xa aparece constituída formalmente ante os medios. A Rede Galega Anticapitalista xurdida no seo dos contactos do FSGal aparece agora coma a continuadora da creación dese outro mundo posíbel, e Enxeñería sen Fronteiras participa activamente neste proceso.

Na web da Ra!(http://redeanticapitalista.org/blog) podemos ver un manifesto coas intencións, podemos ver:

Trátase de elaborar novas pólas políticas que antepoñan os dereitos presentes e futuros da humanidade aos intereses do capital:

* Dereito á soberanía alimentaria dos pobos
* Dereito a un traballo e a unha vida digna e contra a precariedade laboral e as novas formas de escravitude
* Remuneración correcta do traballo
* Deslexitimación das políticas económicas e sociais que reporducen as estructuras patriarcais
* Defensa e extensión dos servizos públicos
* Mantemento dos valores ambientais (especies e espazos), dos recursos naturais (auga, sementes…) na esfera do público
* Dereito ao medio ambiente fronte ás agresións ao territorio
* Sustentabilidade enerxética
* Defensa das liberdades e novas formas de participación democráticas
* Defensa dos dereitos humanos, a multiculturalidade e a paz


Os comezos son duros, moi duros. Son moitas organizacións, moi heteroxeneas e con ritmos moi diferentes. Pero o futuro está no artellamento, e a el nos temos que referir.

Agora mesmo a Ra! é unha organización feble, con trazas de crecer moi rápido, por iso temos que prestar especial atención a como se desenvolven os acontecementos para evitar danos perinatais.

Polo de agora debemos croar, de forma de que nos escoitemos uns a outros e nos arrexuntemos na mesma charca. Croemos entón.

Curso "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano". Primer relatorio




Definición de conceptos básicos da cooperación para o desenvolvemento humano. Grupo de ESF- Compostela.


Antes de presentar o curso púxose o Vídeo “La Hambruna”, feito por Iouri Langlet membro de “La Cuculmeca” que tamén se poñerá na conclusión do mesmo. Sen máis explicacións , Adela Fernández, a coordinadora do curso e actual vogal de EPD de ESF Galicia , introduciu o curso, explicando o seu funcionamento, os obxectivos do mesmo e que forma parte das actividades de EpD de ESF Galicia.


Posteriormente realizouse a dinámica de “Cooperación” para explicar este concepto e enlazar ca seguinte dinámica de “Imaxes e conceptos básicos de cooperación”. A cal consiste en que os alumnos relacionen imaxes, que se lle reparten, con conceptos básicos relacionados ca cooperación (educación, neoliberalismo, ONGD, cuarto mundo, subdesenvolvemento, tecnoloxía, entre outras) explicando o por qué desa relación e buscando así unha reflexión. Despois os membros de ESF (Noelia, Rios, Xacobe) explicáronlle a definición desa palabra.












Como parte das tarefas que teñen que desenvolver os alumnos para obter o título, realizan unha ficha por charla onde ademais de valorar o poñente, fan un comentario de cada relatorio: algunha frase, algunha idea, algo que lle suxira...


Pasamos algúns dos que xa temos sobre estas primeiras actividades...


“A verdade é que foi sorprendente..” “aprendín moitos termos que tal vez nunca me parara en pensar que podían significar cando estou canso de escoitalos”

“Me pareció inmejorable”

“... darnos cuenta de la dificultad de realizar proyectos con poco medios”

"Pareceume moi interesante a utilización do recurso dunha actividade grupal para comezas as xornadas.. aprender distintos conceptos de maneira diferente.”

“En realidade todos sabemos estos conceptos básicos e poucas veces nos paramos a reparar neles”

“... entender conceptos básicos de modo divertido, en vez de sentarnos y simplemente escuchar.”

“Me gustó mucho el vídeo de La Hambruna

“me hizo meditar las definiciones de forma individualmente antes de ofrecernos una completa...”

“Esta parte de definicións de conceptos e exercicio de colaboración encantoume”

“Creo que a la gente en general le sorprendió positivamente esta forma de empezar el curso.”

“libera de prexuízos a hora de falar en público e con xente que non conoces.. os conceptos quedan moito máis claros..”

“algúns conceptos básicos a simple vista parécenos obvios pero logo hai matices que descoñecía..”

“é unha forma divertida de empezar e axúdanos a conocernos mellor”


Agora, haber se os meus compañeiros son capaces de facer unha entrada para as seguintes charlas..


PD. E aínda queda outro fin de semana...

26 mar 2009

Programa Curso Compostela 27/28/29 Marzo -- FORMACION INTERNA

Os vindeiros 27, 28 e 29 de Marzo na ETSE do Campus Sur en Santiago de Compostela, terá lugar o primeiro fin de semana do curso de "Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano".

As charlas serán abertas, polo que animo a todo o mundo que veña e o difunda. Para os membros de ESF ou calquera ONG esta é unha actividade moi interesante de formación interna, e creo que non hai mellor argumento que o programa deste primeiro fin de semana:



  • VENRES 27


    10:00-11:00 Benvida e Presentación do curso. Grupo de ESF- Compostela.

    11:00-11:45 Definición de conceptos básicos da cooperación para o desenvolvemento humano. Grupo de ESF- Compostela.

  • 12:00-13:00 Que é a cooperación para o desenvolvemento? Perspectiva histórica. Jose Anta, coordinador de Educación para o Desenvolvemento de ESF.

    13:00-14:00 Precedentes históricos das relacións Norte-Sur. Jose Antonio Martínez Domínguez, membro de Amani Galicia.


  • -------------------------------------------------------------------------------

    16:00-17:00 Consecuencias da desigualdade norte-sur: o feito migratorio. Xabier Ron, membro do Foro de Inmigración.

    17:00-17:55 A pobreza no Norte ou o cuarto mundo. Felipe Noya, médico voluntario e vocal de inclusión da Xunta Directiva de Médicos do Mundo en Galicia.

    18:10-19:00 Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? Miguel Pardellas, coordinador de proxectos da Sociedade Galega de Educación Ambiental.

    19:00-20:00 Quen son e que fan os axentes da cooperación para o desenvolvemento. Xosé Mª Torres, presidente da Coordinadora Galega de ONGDs

  • SÁBADO 28


    10:00-11:00 O modelo actual de desenvolvemento e a pobreza. Tratados de libre comercio. Tom Kucharz, membro de Ecologistas en Acción/Verdegaia

    11:00-12:55 Novas perspectivas de desenvolvemento humano nas comunidades indíxenas de América Latina. Germán Vargas Callejas (Bolivia). Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

    12:10-13:00 O concepto de Tecnoloxías apropiada. Antonio Ríos Ucha, membro de ESF-Vigo.


    13:00-14:00 Os gobernos como axentes da cooperación: Políticas de cooperación para o desenvolvemento.

  • --------------------------------------------------------------------------------

    16:00-20:00 A acción participativa no Sur. Enxeñería sen Fronteiras.



    DOMINGO 29

    10:00-11-15 O acceso a auga como dereito universal. Marta Sara Santidrián Yebra-Pimentel, Grupo Honduras de ESF-Galicia.

    11:15-12:30 O papel da agricultura no desenvolvemento no Sur. Francisco Solano Raigon, enxeñeiro agrónomo.

    12:45-14:00 Ordenación territorial e fortalecemento institucional. Sergio Fernández Alonso, técnico de proxectos de ESF
Anímovos a todos a asistir!!!

25 mar 2009

Sensibilización va a la radio

Hola!!!

El grupo de sensibilización junto con Intermón, ha participado este martes en el programa Alegría, de la radio universitaria CUAC FM 103.4 para promocionar la Exposición del agua y otras actividades de la campaña Marzo Mes del Agua.


El programa podéis escucharlo en el siguiente link:

Alegria 24 marzo de 2009

24 mar 2009

Formación en comunicación externa (3ª parte)

O Plan de Comunicación

Para poder abordar a planificación de todas as accións de comunicación emprégase o Plan de Comunicación.

O plan de comunicación é un documento que recolle as políticas, estratexias, recursos, obxectivos e accións de comunicación tanto internas como externas que se propón realizar unha organización. É unha axuda de cara a organizar calquera tipo acción comunicativa (campaña, accións de sensibilización, incidencia, etc) dado que é unha guía do traballo para evitar a dispersión do traballo do día a día promovendo o seguimento e a avaliación en busca da mellora contínua.


Toda comunicación comprende cinco elementos básicos: fonte, mensaxe, medio, receptor e resposta. Dito doutra forma, os cinco interrogantes básicos son:
Diagrama de Comunicación. "Guia para la redacción de un plan de comunicación" . Plataforma de Voluntariado de España.

¿Qué hai que dicir?
¿Quén debe decilo?
¿A quén?
¿A través de qué medios e con qué frecuencia?
¿Qué resposta queremos provocar?

E estas preguntas levan o seguinte esquema de deseño dunha estratexia de comunicación:

Determinar qué queremos conseguir, cáles son os nosos obxectivos.
Decidir a quén vamos dirixir nosa comunicación.
Pensar cál é a idea que queremos transmitir.
Fixar o presuposto co que contamos.
Seleccionar os medios apropiados e a súa frecuencia de utilización.
Executar o plan de medios e medir o seu impacto.


Este tradúcese nunhas fases fundamentais, que son:

A. Análise

Sería recadar información básica sobre con que medios materiais e humanos contamos, onde se necesita o apoio de comunicación, qué ferramentas se empregaron, se foron útiles, etc. O que en proxectos se chamaría a liña base.

B. Obxectivos
Fixar con claridade o qué queremos conseguir.

C. Público
Definir a quén nos vamos dirixir.

D. Mensaxe
Decidir a idea a trasmitir.

E. Orzamento
Financiación que precisamos e medios humanos necesarios para levar a cabo as accións prantexadas.

F. Plan de Medios

Elección das canles de comunicación

G. Execución e Avaliación
Tanto durante a execución como despois da súa finalización da actividade deberemos saber se estamos cumprindo os obxectivos.

17 mar 2009

Formación en comunicación externa (2ª parte)

Análise das distintas estratexias de comunicación.
¿Cómo se fan e cal é a que mais convén en cada momento?

Continuando ca xornada de formación, dunha forma resumida Lucía Neira, expuxo as distintas vías de comunicación das que se dispoñen.

•Campañas publicitarias
Polémicas por destinar importantes sumas de cartos para a promoción de distintas actividades ou da propia ONGD.

•Publicity
É máis lexitimadora dado que son gratis e non se desvían fondos da asociación. Entre elas destacan:
o Notas de prensa e convocatorias
Na súa redacción algunhas claves para que se publiquen serían provocar interese e empregar unha exposición clara e concisa (para o cal teríamos que evitar unha linguaxe técnica e as siglas que tanto nos gustan). Os titulares teñen seguir unha extructura sinxela: Suxeito+verbo+complemento e chamar a atención, seguidos dun texto en pirámide invertida, é dicir, indo de máis a menos interesante. Para conseguir esto no primeiro paragrafo téñense que recoller cómo mínimo onde, cándo, cómo, quén, e por qué (teoría das 5 w). Así teríamos unha nota de prensa de máximo unha páxina que deberíamos mandala aos medios entre as 11 e 13 horas.



o Roldas de prensa
Facer unha convocatoria uns días antes e un chamado o día anterior para recordar aos medios. Recoméndase preparar un dossier de prensa con documentación básica sobre a asociación que organiza o evento e información sobre o evento propiamente dito.
o Artigos de opinión e cartas ao director
o Entrevistas
O ideal sería ter unha persoa de referencia que teña toda a información sobre o tema a abordar, e ter xa preparadas de antemán as preguntas típicas, cómo xurdiu a idea? en que consiste? etc..
o Novas tecnoloxías
Resaltouse a importancia das novas tecnoloxías, dende as webs, blogs, redes como twenty, facebook, twitter, espazos que teñen os medios, etc...

12 mar 2009

Camisetas del grupo de "El Salvador"

Es oficial. Acaban de llegar las camisetas de la camapaña del "Mes del Agua" al local de Coruña. Aquí os pongo una afotos.



Como buen abuelo cebolletas os diré que el diseño de las camisetas lo hizo una antigua compañera de Aca, la misma persona que hizo los diseños de la campaña de comercio xusto (no le meto el link porque la página de la campaña ya no existe, una pena).

Las camisetas eran inicialmente para el grupo de El Salvador (ahora trabajamos en Honduras). Por aquella época aún no vivía con Aca (llevamos más de 3 maravillosos años compartiendo casa) y por fin las tenemos aquí. Son muy chulas-guapas.

La mala noticia es que no hay tallas de chicas (hay M-L y XL unisex, como las azules del Sáhara). Creo que se van a pedir... sólo espero que lleguen en menos tiempo que estas.

Novas datas para o curso "Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano"

ESF-Galicia organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.


A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase 27,28 e 29 de Marzo e 17, 18, 19 de Abril no campus sur de Santiago de Compostela. O Campus de Lugo disporá dunha edición de curso, se ben as datas do mesmo atopánse todavía sen confirmar.




O prazo para matricularse no Campus de Santiago estará aberto ata o venres 27 de marzo do presente ano 2009. Para máis información e inscripción consultar a páxina web http://galicia.isf.es/tcpdh




Este curso é autofinanciado, axúdanos a difundilo!!!

10 mar 2009

Formación en comunicación externa (1ª parte)

A comunicación é unha ferramenta clave ó servizo da misión da organización, dado que é o mellor medio que temos para relacionarnos co exterior e explicarlle a unha diversidade de públicos o que facemos e o que queremos facer. Poderíase ter como un simple obxectivo a información pero con ela tamén se intenta exercer un determinado efecto sobre unha persoa ou grupo de persoas ás que destinamos as nosas mensaxes, e ter un efecto multiplicador sobre a colaboración da cidadanía en todas as actividades que desenvolvemos (Educación, sensibilización, proxectos). Pero todo isto non debe ser un proceso aleatorio se non que debe responder a unha planificación para saber, en función dos obxectivos perseguidos, o que queremos transmitir, o público obxectivo e a través de qué medios e con qué recursos contamos e cales necesitamos.



Froito deste interese, ESF organizou o pasado 28 de Febreiro dentro das actividades dunha das Xuntanzas de Socios e Voluntarios semestrais, unha xornada de formación sobre Comunicación Externa, a cargo de Lucía Neira, xornalista que de forma voluntaria nos dou unha pequena introdución sobre este interesante e estratéxico tema. Baseándose nun artigo de Berta García (Revista TELOS), a relatora fixo unha introdución a comunicación dentro do terceiro sector, facendo fincapé nas diferenzas con respecto á comunicación empresarial e á institucional. Aínda que ata o de agora as ONGD’s colleron como modelo o empresarial, hai que ter presente que a mensaxe é certamente diferente, tendo esta como finalidade crear opinión e mobilizar. A comunicación das ONGD’s debe contextualizarse dentro duns valores, os valores e a misión da propia entidade.

A comunicación dentro do terceiro sector enfróntase a dificultades engadidas, como son a falta de profesionalidade, a dificultade de aparecer nos medios de comunicación e o risco de perda da propia entidade, dado que ao empregar un discurso similar as empresas, prima a difusión da imaxe e non dos valores. Tamén se dubida da lexitimidade do emprego dos recursos da ONGD en publicidade e marketing.

Deste xeito, as entidades do terceiro sector están a desenvolver novos modelos de comunicación, que buscan unha maior profesionalización, incrementar o coñecemento dos medios para adaptarse ao seu ritmo, evitar a autopromoción camiñando cara a busca do cambio social e empregar outras vías de comunicación baseadas sobre todo nas novas tecnoloxías.

9 mar 2009

Aplazamento do curso de Santiago

Vímonos na obriga de aprazar o curso de Compostela, asique se alguén se anima nas novas datas que avise.

Título: Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano
Datas: 27,28 e 29 de Marzo e 17, 18, 19 de Abril
Lugar: Salón de Actos da Escola Técnica Superior, Campus Sur de Santiago de Compostela
Prezo: 30 €
Inscripción: ata o venres 27 de Marzo.

Válido por 60 horas e convalidable por 2 créditos de libre configuración
Inscipción e máis información: http://galicia.isf.es/tcpdh

6 mar 2009

4 mar 2009

IV Curso Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia)organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar ao alumnado unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.

Mostrarase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político,
social, económico e ambiental en que se empregan.


O curso englobase dentro do Programa de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia.

Solicitado recoñecemento con 2 créditos paratodas as titulacións da USC.

Duración do curso: 60 horas
Datas: 6, 7, 8 - 20, 21 e 22 de marzo.
Lugar: Salón de Actos da ETSE -Campus Sur de Santiago de Compostela
Destinatarios: comunidade universitaria e todas aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.

Mais información e incrición na páxina web do curso
Contacto: compostela@galicia.isf.es

1 mar 2009

Vocales entrantes y salientes,...

Recién llegada a casa después de un fin de semana de Xuntanza en Lugo,...una entrada de blog con fotos de los vocales entrantes y salientes de Xunta Directiva.
Patricia y Xacobe. Vocal de Voluntariado saliente y entrante respectivamente.

Santi y Gonzalo. Vocal de Estrategia entrante y saliente respectivamente.

Cristina y yo. Vocal de proyectos entrante y saliente respectivamente.

Falta la foto de Jose y Adela vocal de EpD saliente y entrante respectivamente.

El hecho de que las 4 vocalías fueran cubiertas en los días previos a la Xuntanza (y no la noche antes o durante la Asamblea), es un claro indicador de madurez de la Asociación.

¡Felicidades a los vocales entrantes!