8 feb 2009

Un pouco de formación interna en sede

Agora que estamos ca implantación do Manual de Voluntariado e co deseño do Plan de Formación co fin de mellorar a nosa xestión do voluntariado, na sede compostelán, despois de varios intentos que se quedaron en boas intencións, empezamos a realizar Formación Interna, sen desbotar a formación informal (pero ese é outro tema). Fai uns meses constiuiuse por primeira vez un grupo que un dos seus eixos de acción é o deseño da formación da sede e xa empezaron a dar os seus froitos. Xa se realizaron 2 xornadas de formación a base de dinámicas que ademáis cumpren varios obxectivos:

- Formación dos voluntarios
- Espazo informal de encontro de toda a sede, dos veteranos e dos mais novos
- Crear sinerxia con outros grupos, como EpD para poñer en práctica dinámicas e avalialas para o se emprego no curso.
pero sobre todo... Aprender pasándoo ben!

De esquerda a dereita: Adela, Xacobe, María, Rios, Helena, Noelia, Cris, Chelo e Alvaro ca dinámica dos Derdianos. (Non hai fotos da dinámica dos zapatos par que vexades a Rios e Xacobe cas botas "fashion" de Chelo e Noelia respectivamente)

E todo isto a un baixo custe de recursos (realmente para ir empezando necesítase pouco tempo e pouca xente, recordamos que xa hai unha base de dinámicas de diferentes temáticas) e os resultados compensan con creces! Oxalá se convirta nunha sá costume non so para a sede de Compostela senon que para todo ESF...

No hay comentarios: