12 ago 2008

VACACIONES SOLIDARIAS, NON PCRs

Neste artigo coméntanse distintos tipos de vacacións solidarias, con algunha reflexión sobre que se están poñendo "de moda" e as posibles motivacións das persoas que se van (e só como algo colateral menciona que logo algúns participantes nestes programas seguen desenvolvendo actividades no ámbito da cooperación).
Xa sei que o temos claro, pero non está de máis dicir que ISTO NON SON PCRs (Proxectos de Coñecemento da Realidade) como os de ESF, dende o momento en que para a persoa son máis ben episodios isolados, non formando en realidade parte dun proceso de Educación para o Desenvolvemento (EpD). Entre vacacións solidarias e PCRs pódese dicir que hai, ou preténdese que haxa, a mesma diferencia que entre sensibilización e EpD.

No hay comentarios: