23 may 2008

Difusión do II Encontro da diversidade: mundo mistura en Ferrol

A Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado, continuando coa longa labor desenvolvida na sensibilización da poboación de Ferrol con temas solidarios no tempo que leva en funcionamento, ten agora a oportunidade de celebrar dúas datas moi destacadas no calendario solidario.

O próximo 21 de maio é o Día Mundial da Diversidade Cultural, o Diálogo e o Desenvolvemento; o 25 de maio o Día Mundial de África.

Con este fin promovese a realización do "Mundo Mestura": II Encontro da Diversidade, acto onde poderemos disfrutar a través das cores, a música, a alimentación, a danza, os xogos, .... dunha viaxe por diferentes lugares do mundo. O programa de actividades que terán lugar durante todo o día o 24 e 25 de maio no Cantón de Molíns (Ferrol).

Animámosvos a participar neste encontro, polo que contamos coa vosa presenza.

No hay comentarios: