13 ene. 2007

Dous enlaces e un video para comeza-lo ano

Logo da gran noticia empezamos o ano con moitas ganas. Así, para empeza-lo ano con bó pé, deixámovos dous enlaces que deberían seguir todos aqueles interesados na problemática da auga nos próximos tempos:

Foro Social de Nairobi
- 20 ó 25 de xaneiro de 2007
Logo do seminario sobre auga e gobernabilidade en Catalunya, a Federación ISF organizará dentro deste foro o taller sobre modelos público de auga potable e saneamento en zonas rurais.

Blog da Expo Zaragoza 2008
Aquí poderedes obter noticias e eventos moi interesantes relacionados coa Expo de auga.

Mais hoxe, unha nota de humor... o vídeo Unha gota musical visto no mesmo blog...