9 feb 2016

Ciencia ficción, crise enerxética e soberanía alimentaria e tecnolóxica


Un par de libros que leín últimamente veñen a ilustrar moi ben un escenario de distopía dada pola contracción obligada pola crise enerxética. Os dous, aínda que con estilos e contextos moi diferentes, achégannos detalles dun escenario onde calquer diferencia cunha potencial realidade podería ser pura coincidencia. Ciencia ficción da boa!

O Cervo na Torre, do galego Darío Xohán Cabana, fálanos dun “presente” tras
uns ataques nucleares que rematan coas grandes e medianas cidades do mundo, e obliga a unha restructuración de todo o que coñecemos. Neste caso a historia está centrada nunha hipotética reorganización da sociedade do que era Galicia, cunha república constituida no sur de Galicia e norte de Portugal que trata de liberarse da influencia do resto de España, pero que na zona de A Coruña (que se librou da bomba, e que segue contando coa refinería de petróleo, cobizada polos dous bandos) atopa a súa némese (cun réxime de corte fascistoide). Na zona de Lugo hai un “territorio de ninguén” onde a autoxestión avanzou moito. Pero hai moitos movementos polo baixo así como remordementos ante xeitos de actuar "por un ben maior". Ademais, encántame como retrata esa escaseza de petróleo e volta obligada (e en xeral traumática) a unha economía de subsistencia. Sería unha sorte de Mad Max galega (e, pola súa épica, mesmo a “Señor dos Aneis” galega). E non hai que esquecer o exquisito e amplísimo vocabulario que usa o autor.

Outro, tamén moi recomendable, The Windup Girl (A rapaza mecánica), de Paolo Bacigalupi, onde se tratan dilemas éticos sobre dereitos humanos de persoas creadas con enxeñería xenética, (deseñadas para funcións que ninguén quere desempeñar no seu Japón de orixe), patentes sobre sementes transxénicas, soberanía alimentaria, déficit de enerxía, alternativas enerxéticas e loitas de poder entre faccións nunha Thailandia distópica que sobrevive illada fronte ao poder das grandes corporacións agroalimentarias. Menos “poética” que a anterior, pero dunha crudeza e (para min) realismo moi inspirador. Trátase dunha das obras representativas dun xénero que se coñece como 
clima-ficción”.

Os leíches? Que che pareceron?

No hay comentarios: