4 sept 2015

OBRADOIRO PRÁCTICO DE CONSTRUCIÓN DUN BANCO DE COB NA UDC

ORGANIZA: Asociación ESPIGA E Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

FINANCIA: Cooperación Galega da Xunta de Galicia

LUGAR: A Coruña. Campus de Elviña. As primeiras sesións serán na Escola de Camiños, para logo pasar ao lugar da construción, ao lado da parada de autobuses da rotonda de Elviña.

PRAZAS: 20

CONDICIÓNS: Darase prioridade por igual e por estricta orde de inscición a socias de ESPIGA, membros de ESF e alumnado da Universidade da Coruña. Nas prazas sobrantes, por orde de inscrición.

No obradoiro construirase un elemento de mobiliario urban real co material COB, polo cal as persoas que se apunten terán que comprometerse a asistir durante o horario e as sesións marcadas, para garantir que a construción se realice no tempo previsto.

Este obradoiro pode complementarse se se desexa asistindo ás Xornadas de Bioconstrución, polas mesmas datas.

PREZO E INSCRICIÓN: Actividade gratuita. Inscricións en info@galicia.isf.es indicando no asunto "Obradoiro COB" até o día 16 de setembro

Viernes 18 sep de 16-20h
    Introducción ao obradoiro. Teoría.

Sábado 19 sep de 10-14h y 16-20h
    Laboratorio de deseño.

Viernes 25 sep de 16-20h
   Obradoiro práctico: iniciar a construción.

Sábado 26 sep de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: construción do banco

Viernes 2 oct de 16-20h
   Obradoiro práctico: construción do banco

Sábado 3 oct de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: acabados

Viernes 9 oct de 16-20h
   Obradoiro práctico: acabados

Sábado 10 oct de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: remate acabados
   Peche obradoiro


Banco de terra realizado como obradoiro na Escola Internacional de Bangalore, India. https://www.behance.net/gallery/2025789/Mud-bench


No hay comentarios: