26 nov 2014

Obradoiros de Instalación de GNU/Linux en Vigo, Compostela e A Coruña

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro martes 2 de decembro a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) terá lugar o obradoiro de  "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos baseados no software libre que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais. 
 O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.



A CORUÑA

       Tamén o 2 de decembro, de 16 a 19, na Domus, terá lugar tamén un obradoiro de este estilo: o "Obradoiro de Instalación de GNU/Linux. Libérate". Terá lugar co apoio de Bricolabs e do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux. Levade o ordenador con copia de seguridade feita. 
      O obradoiro é de balde, pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico info@galicia.isf.es, xa que as prazas son limitadas, e se asignarán por orde de inscrición.


VIGO

       28 de novembro no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere. Máis info.

Os tres estarán cofinaciados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

---------------------------------------------------------
  Que é un sistema operativo?
Son os programas web que facilitan a nosa vida, o navegador web, o procesador de textos, a folla de cálculo, etc Estes interactúan co noso ordenador gracias ao sistema operativo. Este é un conxunto de programas que xestionan para os anteriores os recursos da máquina, é dicir, a memoria, o procesador, e os dispositivos que se empregan con eles, o teclado, a pantalla, impresoras, etc

Por que software libre?
Software libre é aquel que ten o código aberto, é dicir, que pode ser lido, copiado, difundido ou modificado por calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Non é unha cuestión de liberdade, senon de transmisión e mellora do conocemento así como dos dereitos do usuarios. Aqui neste documento tedes máis información.
Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera. 

 Por que darlle unha segunda vida ao teu ordenador?
 Os sistemas operativos privativos como windows requiren cada vez ordenadores máis potentes polo que se che esixe cambiar continuamente de PC. Se ben é certo, que hai xente que necesita ordenadores potentes, a gran maioría dos usuarios, simplemente navega, lee e escribe correos, edita textos ou fai diapositivas, polo tanto é necesario mercar un novo ordenador cada 2, 3, 4 anos?
 Os software libre adoita ser tan bo ou mellor co software privativo, e ao ser desenvoltos por múltiples usuarios particulares, permite unha mellor adaptación, así que se desenvolven distintos softwares adaptados a diferentes requerimentos dos ordenadores. Polo tanto aparatos que quedaron obsoletos para as esixencias dos novos sistemas operativos, como por exemplo windows, poden funcionar perfectamente con sistemas como Linux, Debian, etc. 
Tampouco se fan milagres, e non vas facer que o teu ordenador de 10 anos vaia como un vólido, pero permitirache realizar as tarefas máis habituais, e o máis importante estará activo e funcionando!


Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada e tecnoloxía para o desenvolvemento humano por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así ás usuarias.


No hay comentarios: