14 ago 2014

Formación sobre Viaxes de aprendizaxe multicultural

O vindeiro 9 de setembro na aula de proxectos (planta -1) da ETSE en Santiago de Compostela, levarase a cabo a formación para as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade en Honduras deste 2014, ainda que tanto cada relatorio como a totalidade da xornada, está aberta a calquera persoa interesada (creemos que as temáticas e calidade das persoas relatoras poden facer que sexa de interese para moita máis xente).

O programa sería o seguinte:

 Maña
  • 10:00 Coñecendo Honduras Contexto socioeconómico, historia, socios locais, presencia de ESF no país...

    Daniel Vila Recarey e Sandra García (PCR Auga 2013) 

  •  11:30 - 12:30 Seguridade e Saude
Consellos e recomendacións sobre seguridade e riscos de saúde tanto na preparación da viaxe como no terreno.

Sabela Pan (PCR Auga 2010 )
  •  12:30- 14:00 Comunicación e Software Libre 
    Por que debemos comunicar, onde e como? 
    Recomendacións sobre o emprego de imaxes e o código de conducta das ONGD, fotografía, uso do blogue, consellos para xestionar o correo electrónico, uso e aplicacións de Software libre.

    Adrián Castro (PCR Agro 2013)
    Alicia López Fariña (PCR Sensibilización e Agro 2011)

Tarde
  • 16:00 Interculturalidade 
Como abordar o "choque cultural" de un modo sinxelo e práctico.

  • 17:00 Enquisas etnográficas
Que é a antropoloxía aplicada, como facer enquisas e preguntas. 

José Manuel Vázquez Varela (catedrático xubilado de Prehistoria e Etnoloxía e antropólogo colaborador con ESF )

Animádevos a asistir!!

No hay comentarios: