4 abr 2013

Marzo na Xunta Directiva

Aquí chega o resumo divertidillo do último mes do inverno... cargadiño de novas ideas e traballo tras a renovación do grupo na última Asemblea. ;) 

TEMAS INTERNOS

Resumo da última Asemblea Xeral (9 de marzo)

Un pouquiño máis de paciencia! :) Pronto teremos a acta completa da Asemblea que coincidiu coa celebración do XX aniversario de ESF Galicia e poderemos compartir o resumo tamén no blogue! 
Operatividade no tema extractivas

Consúltasenos como xestionar a representividade de ESF nas actividades que están desenvolvendo algunhas persoas esfeiras no tema 'extractivas', xa que xorden dúbidas

Isto é o que se fixo ata o momento
No grupo Agro xa está falado que hai unha especie de comisión 'mineira' atenta ao tema da mina de Corcoesto, por outra parte no grupo de incidencia están ligando bastante esta cuestión á campaña 'Auga e minaría' e xa organizouse algunha charla, tamén axudouse na organización do I Encontro galego sobre o impacto da minaría. 

As dúbidas son: 
-Estamos axudando nas dinámicas para crear unha rede galega de colectivos sensibles a esta problemática; actuamos a nivel persoal ou como parte de ESF?
-Un artigo técnico pendente de publicar no blog da Plataforma de Corcoesto e nalgún medio; asinaríase en nome propio ou como responsable de sensibilización do grupo Agro?
-É suficiente coa conformidade do grupo, hai que facer un grupo aparte, ou ten que haber un posicionamento de ESF?

A resposta: 
As accións axústanse ás áreas de traballo xerais/misión de ESF por tanto as persoas de ESF poden organizarse da forma que consideren adecuada para levalas a cabo. Para que esta representación de ESF sexa válida, debe haber retroalimentacións á asociación do que vaia acontecendo. 

Visibilidade da asociación na rede
Debemos aparecer? Contempla todo tipo de asociaciones/movementos (incluso ONGD), polo que encaixariamos no contexto e pensamos que sería bo incluír a ESF! Quen se anima a tratar de responder ao cuestionario para darnos de alta?


Votación "secreta" para a Presidencia Honorífica de ESF 

Este correo non circulou pola lista de Xunta Directiva, xa que nela pode darse de alta quen queira e sabíamos que "a persoa de interés" é unha delas. Votouse con 8 de 8 votos a favor otorgar o cargo de Presidente Honorífico a José María Vara, figura recollida nos estatutos fundacionais da asociación. Aquí podedes escoitar o seu estreno nos medios: 

http://esfgalicia.blogspot.de/2013/03/entrevista-jose-maria-vara-rodriguez.html

Votación de representante de relacións concello Coruña - ESF



Ten que haber unha persoa elixida por Xunta Directiva para que exerza de representante na entrega da formulación do Concello de A Coruña. Vótase con 8 de 8 votos a favor á Presidente Sandra García García como representante. 


Convocatoria da Secretaría General de Cooperación Internacional para el Desarrollo de subvenciones para a celebración de congresos, seminarios y jornadas relacionadas con cooperación al desarrollo.

http://boe.es/boe/dias/2013/03/21/pdfs/BOE-A-2013-3104.pdf
 

Ao ser de ámbito estatal parece unha boa idea para financiar a cósmica. Quizais podería solicitarse como Federación. Reenviouse á lista de Xunta Federal.


NOTICIAS FEDERAIS 


Resumo da Asemblea Federal do 2 de marzo - nova Xunta Federal

Xa que a Xunta Federal íase renovar, ao inicio da Asemblea aproveitouse para facer un resumo dos últimos dous anos de actividade. Pénsase que a Federación conseguiuse dar máis a coñecer e que tamén se conseguiu visibilizar o traballo do equipo técnico. A pesares diso non todos os obxectivos alcanzáronse e a saída de ISF-ApD (actualmente ONGAWA) supuxo un golpe importante. A nova Xunta Federal tratará de ser unha xunta participativa con reparto de tareas. Por iso os emails enviaranse sempre á lista de Xunta Federal e nunca ás direccións persoais das persoas da Xunta. As novas persoas da Xunta manterán o seu compromiso ata a próxima cósmica. Despois poderanse introducir cambios. Tamén espérase que persoas de Aragón, Murcia, Baleares, País Vasco e Galicia poidan incluirse en Xunta Federal e debatirase se cada ISF debería ter unha persoa en Xunta Federal.

Tamén falouse das áreas de traballo federais (EpD, secretaría técnica, GSI, secretaría executiva, etc.) Destacaron nesta asemblea as seguintes áreas de traballo:
  • Comunicación: actualmente non hai persoa contratada en comunicación e o grupo está formado íntegramente por persoas voluntarias polo que faría falla máis xente. Estívose traballando nun plan de comunicación co que habería que continuar, axustando os aspectos necesarios á situación actual. É importante saber se as ISF consideran o plan aplicable. A nova Xunta Federal deberá plantear se se contrata a alguén ou non.
  • Internacional: fixéronse un par de reunións e se propuxo un novo intento de subvención á UE para un proxecto de EpD pero pénsase que sería convinte madurar un pouco máis a idea. As tensións en relación á rede EWB-international seguen latentes polos seus intentos de agrupar ISF sen permiso e asumindo que estas recibirían financiación de fontes pouco éticas como Boeing ou Alcoa. A “Cosmica” francesa é a finais de marzo e os temas comezan a converxer con ISF (electrónica ética, enerxías extractivas,etc.)
  • Auga: non hai actualmente proxectos relativos a campañas de agua, por iso non se poden renovar os recursos. Estase participando nunha recollida de firmas para unha iniciativa europea sobre o dereito humano á auga que obligaría en caso de éxito á comisión europea a redactar unha proposta de lexislación. Moitas ISF están participando en plataformas locais de apoio á xestión pública da auga. ESF Cataluña enviou un informe polémico ao fiscal sobre a xestión da auga en Cataluña. Outra acción polémica consistiu en simular a aparición dunha empresa de fracking nunha zona de Barcelona (Coixelona). A acción tivo repercusión en medios nacionais e as autoridades remataron interceptando a campaña polo que non se puido continuar. Sobre accións como esta é convinte avisar á Federación con antelación. por lo que no se pudo continuar. Esta acción tuvo repercusión en medios nacionales.
Outros temas importantes que se trataron foron:
  • Estratexia coa Coordinadora de ONGD de España (CONGDE): a CONGDE é a representación do sector e quen leva a voz das ONGD por iso é importante participar nela. Actualmente hai unha xunta máis cercana ideolóxicamente a ISF e moito máis crítica coa postura gubernamental. Pediuse axuda a ISF para que participe na Xunta e se involucre nos grupos de influencia en torno a empresas e dereitos humanos. Outro tema importante é o debate sobre a nova lei de bases municipales, que podería eliminar toda a cooperación descentralizada. A nova Xunta Federal deberá plantexar o debate respecto á CONGDE.
  • Protocolos de seguridade: é moi importante ter e cumplir estos protocolos de seguridade. Cada país onde hai unha ISF hai unha persoa responsable-país que é a encargada de aplicar ou solicitar a aplicación das medidas oportunas para o cumprimento dos protocolos que garantan a seguridade na execución dos proxectos. No caso de que haia máis dunha ISF nun mesmo país esta persoa tamén é encargada de coordinar o traballo das distintas ISF nese país en materia de seguridade.
  • Asuntos económicos: aprobouse o peche das contas de 2012 así como o orzamento de 2013 con cambios menores. Os fondos de Caja de Ingenieros enviaranse aos proxectos dalgunhas ISF e elas executarán estes fondos nos seus proxectos e farán unha doazón similar á Federación. Fálase de que os tempos están cambiando e de que o destino do orzamento debe replantearse, intentando apoiar iniciativas de voluntariado que teñan moito máis impacto.
No tocante á data da próxima asemblea propúxose Málaga para organizar a Asemblea Federal Extraordinaria en xuño de 2013. A Xunta Federal decidirá se haberá Asemblea Federal Extraordinaria e proporá unha data.

TRABALLO EN REDE

Laboratorio Social de Galicia

Dende a Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) se estivo a impulsar a creación dun Laboratorio Social de Galicia. Houbo dúas sesións para poñer as bases, con persoas externas con experiencia noutros lugares en iniciativas similares, pero agora chega un momento crítico: o da "autoxestión". Houbo certo consenso en que sería necesario un novo encontro, pero desta volta xa dinamizado polas propias entidades de Galicia que queran impulsar o tema. Ademais invitouse ás asociacións do Laboratorio a unha mesa redonda en Madrid para falar desta experiencia. A mesa forma parte dun curso interesantísimo:  
http://formacion.congde.org/courses/22 

É interesante que a persoa que vaia a Madrid sexa alguén que teña na cabeza seguir participando no proxecto do Laboratorio polo menos a curto prazo porque seguro que é motivador e dá moitas ideas e aí si que parece que é unha boa inversión, se hai unha devolución. Por parte de ESF Galicia viaxará a Madrid Sergio Fernández, o noso técnico de proxectos. 

No tocante ao futuro do Laboratorio de Galicia é importante que a dinamización se faga en equipo e ademais é fundamental que saia xente para dinamizar procedente de outras entidades que non sexan as da Coordinadora e haxa así unha corresponsabilidade. O seguinte obradoiro será o día 4 de abril pola tarde

Invitación Obradoiro en Pontevedra
A asociación XARELA Formación-Animación ten o encargo da Universidade de Vigo de realizar un obradoiro sobre voluntariado no campus de Pontevedra, no que como o ano pasao tratarán especialmente o tema da cooperación internacional. ESF Galicia foi invitada para tratar nunha das sesións o tema de Cooperación internacional como instrumento de desenvolvemento, ademáis de contar a nosa experiencia como organización. Acéptase a invitación pero por falta de asistentes tense que cancelar o obradoiro.

A XUNTA DIVERTIDA: UN GRUPO COMA OUTRO CALQUERA  

Apoio ás novas persoas da Xunta Directiva - orzamentos de ESF Galicia!

Estas foron as palabras de María, a nova vocal de voluntariado, tras recibir unha pequena explicación en temas contables polo motivo de firmar os protocolos de gastos da xuntanza: "Si yo supiera todo esto hace unos meses, pediría una formación presupuestaria, como pedimos una en comunicación". 

En torno a esto, fixemos unha pequena reflexión:
- As persoas saíntes de Xunta Directiva deben apoiar ás persoas que entran, axudalas e formalas - acollida progresiva
- Adrián Castro, o vicepresidente necesita formación nesta temática: tema presupuestario, contable, transparencia...
- Debemos conseguir que os grupos teñan un poco máis de idea da contabilidade de ESF, para que coñezan cando realizan actividades como presupuestar. Así os grupos saberían facer as contas e o voluntariado os protocolos e o GAT tería moito traballo adiantado.  

Tratarase de organizar a formación ABERTA A TODA A ASOCIACIÓN canto antes. 





Venres 29 de Marzo ás 20.00h reunión en Santiago de compostela

Os temas que se trataron foron: 

1.- Estado das novas vogalías. Transición
2.- Análise das tarefas pendentes
3.- Análise da memoria 2011/2012: Débeselle dar
importancia como documento que recolla non soamente descricións das actividades senón tamén as avaliacións/valoracións das actividades así como as opinións das persoas que participaron nelas? Débese recoller nela a filosofía e os procesos de ESF así como a "riqueza" das persoas que a conforman? Cal é o público obxectivo da memoria?  
4.- Aprobación do Plan de Seguridade de ESF en Honduras 
5.- Plan de Formación: no grupo de comunicación queren organizar un obradoiro para elaboración de modelos de notas de prensa cunha posible introducción sobre as radios comunitarias na revolución zapatista. Hai outra xornada proposta antes do verán sobre elaboración de orzamentos, seguemento orzamentario, funcionamiento económico de la asociación. Hai que coordinar as datas das formacións.

6.- Convocatoria de voluntariado europeo, posible financiamento de PCR



  


No hay comentarios: